Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR302A
Axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e efectuar a convocatoria para o ano 2018 das axudas que, en réxime de concorrencia competitiva, vai conceder a Consellería do Medio Rural para actuacións de información e promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.
Definicións
1. Para os efectos desta orde, consideraranse agrupacións de produtores os consellos reguladores e as entidades asociativas sen ánimo de lucro en que participan produtores –entendidos como tales os titulares de explotacións agrarias ou de instalacións de transformación– implicados nalgún réxime de calidade diferenciada dos alimentos. No caso das ditas entidades asociativas, os seus asociados terán que ser maioritariamente produtores vinculados ao programa de calidade de que se trate e o obxecto social da entidade terá que incluír a realización de actividades relacionadas directamente coa información aos consumidores ou a promoción do produto de calidade a que se refira o programa.
2. Para os efectos desta orde, considerarase programa ou réxime de calidade diferenciada dos alimentos aquel que encontre nalgún dos seguintes casos:
a) Programas comunitarios de calidade de produtos galegos establecidos en virtude dos seguintes regulamentos e disposicións:
1º. Produción agrícola ecolóxica, regulada polo Regulamento (CE) núm. 834/2007 do Consello, do 28 de xuño, sobre produción e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos.
2º. Denominacións de orixe protexidas (DOP), indicacións xeográficas protexidas (IXP) e especialidades tradicionais garantidas (ETG) reguladas polo Regulamento (UE) núm. 1151/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de novembro, sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios.
3º. Viños de calidade con denominación de orixe protexida ou indicación xeográfica protexida, regulados polo Regulamento (UE) núm. 1308/2013 do Parlamento europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) núm. 922/72, (CEE) núm. 234/79, (CE) núm. 1037/2001 e (CE) núm. 1234/2007.
4º. As bebidas espirituosas con indicación xeográfica de acordo co Regulamento (CE) núm. 110/2008 do Parlamento europeo e do Consello, do 15 de xaneiro, relativo á definición, designación, presentación, etiquetaxe e protección da indicación xeográfica de bebidas espirituosas e polo que se derroga o Regulamento (CEE) núm. 1576/89 do Consello, e a Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega.
b) Programas de calidade correspondentes ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas que aínda non están definitivamente inscritas no correspondente rexistro comunitario, pero que teñen xa enviada á Comisión Europea a documentación para a inscrición e contan xa coa protección nacional transitoria.
Gastos subvencionables
1. Considéranse subvencionables os gastos realizados nas seguintes actividades:
a) Promoción.
Serán subvencionables os gastos relativos á realización e execución de campañas publicitarias nos distintos medios de comunicación e outras accións de promoción, como misións comerciais, misións comerciais inversas, catas comentadas, degustacións, presentacións públicas ou accións publicitarias nos puntos de venda.
Cando as actividades teñan por obxecto a promoción dos produtos procedentes da agricultura ecolóxica ou de produtos amparados conforme ao R (UE) núm. 1151/2012 por unha denominación de orixe protexida (DOP), indicación xeográfica protexida (IXP) ou especialidade tradicional garantida (ETG), aparecerá en todo o material informativo, promocional ou publicitario o logotipo comunitario identificador destes.
Nas actuacións realizadas, os produtos alimenticios elaborados polos integrantes da agrupación empregados nas campañas de promoción poderán ser considerados como parte da achega ao gasto correspondente ao solicitante, valorándose a prezos de orixe, cos límites máximos que se establecen no anexo III. En todo caso, nestes produtos non se empregarán marcas comerciais.
b) Feiras e exposicións.
1º. Poderá subvencionarse a participación en feiras e exposicións do sector agrario e agroalimentario.
Cando un beneficiario pretenda solicitar axuda para asistir a distintos eventos poderá acumulalos todos nun único expediente, pero deberá presentar, xunto coa solicitude, unha memoria explicativa e un orzamento pormenorizado relativo a cada unha das feiras ou exposicións a que se refire o expediente. Terán a consideración de gastos subvencionables os correspondentes a gastos de instalación do posto (alugamento de espazo e mobiliario, decoración, seguros, etc.), traslado de produtos, actividades e material de promoción complementarios e gastos de contratación dun máximo de dous empregados para a atención do posto ou, de ser o caso, os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención dun máximo de dúas persoas por entidade solicitante. No caso de accións desenvolvidas no estranxeiro poderá admitirse adicionalmente o gasto relativo a unha persoa de atención ao público que poida actuar de intérprete.
2º. Organización.
Será tamén subvencionable a organización de feiras e exposicións relativas a produtos incluídos nalgún programa de calidade diferenciada dos alimentos.
c) Estudos e outras accións de divulgación.
Serán subvencionables os estudos de mercado relacionados directamente con campañas de promoción e os de avaliación do impacto destas sobre os consumidores e sobre a comercialización dos produtos incluídos en programas de calidade diferenciada dos alimentos.
Poderase subvencionar tamén a organización de xornadas técnicas, seminarios e congresos que teñan por obxectivo a divulgación de coñecementos científicos e técnicos sobre eses produtos co fin de chamar a atención das persoas consumidoras sobre as súas características ou vantaxes específicas para inducir a estas a adquirilos.
2. Para os efectos da moderación de custos, no anexo III recóllense importes máximos de gasto subvencionable para determinadas actuacións relacionadas coas actividades que poden beneficiarse das axudas reguladas nesta orde. Así mesmo, e con ese mesmo obxectivo, en concepto de prestación de servizos de coordinación e organización, para cada acción non se admitirán gastos por riba do 10 % do seu custo total.
3. Poderán ter a consideración de subvencionables aqueles gastos anteriores á solicitude que se fixesen en concepto de adianto ou reserva para a participación nunha determinada feira ou exposición, sempre que a efectiva participación sexa obxecto de axuda e se produza con posterioridade á solicitude desta.
4. Segundo o disposto no artigo 69.3 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello, o imposto sobre o valor engadido, excepto cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre o IVE, non será subvencionable.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións que, baixo calquera fórmula xurídica, reúnan a produtores (entendidos como tales os titulares de explotacións agrarias ou de instalacións de transformación) que participen nun réxime de calidade susceptible de apoio pola submedida 3.10, para accións de promoción no mercado interior relacionadas con produtos cubertos por algún deses réximes.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)
Área de Calidade Alimentaria
Departamento de Promoción da Calidade Agroalimentaria
Avenida do Camiño Francés, 10
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540062
Fax: 981540018
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria da Coruña
Vicente Ferrer, nº 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184530
Fax: 981184651
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294517
Fax: 982294452
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Ourense
R/ Florentino López Cuevillas, 4 - 6
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386547
Fax: 988386566
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Pontevedra
Avenida Fernández Ladreda, nº 43 - 2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805460
Fax: 986805485
Prazo de presentación: PECHADO
30/12/2017 00:00 - 29/01/2018 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Quedan excluídas da axuda as seguintes actuacións:
a) A promoción de marcas comerciais.
b) A promoción e publicidade fóra do mercado interior.
c) Aquelas actividades que induzan o consumidor a comprar un produto pola súa orixe particular, excepto nos casos dos produtos regulados polo réxime de calidade establecido polo título II do Regulamento (UE) núm. 1151/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de novembro, sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios; os regulados na parte II, título II, capítulo I, sección 2 do Regulamento (UE) núm. 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) núm. 922/72, (CEE) núm. 234/79, (CE) núm. 1037/2001 e (CE) núm. 1234/2007; e os regulados polo capítulo III do Regulamento (CE) núm. 110/2008 do Parlamento europeo e do Consello. Non obstante, poderá indicarse a orixe dun produto sempre que tal indicación quede subordinada á mensaxe principal.
d) As actividades de información e promoción subvencionadas ao abeiro do Regulamento (CE) núm. 2826/2000 do Consello, do 19 de decembro, sobre accións de información e de promoción dos produtos agrícolas no mercado interior.
Como requisito previo á realización das actividades que se pretende que sexan subvencionadas, o material piloto informativo, promocional e publicitario que se utilice, tanto nas accións promocionais recollidas na letra a) do artigo 5.1 como o que eventualmente se utilice nas restantes actividades que se recollen no dito artigo 5.1, deberá ser remitido á Consellería do Medio Rural para verificar a súa adecuación á normativa comunitaria.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Memoria explicativa do obxecto do investimento que recolle os seguintes aspectos:
1º. Descrición detallada das actuacións que se van desenvolver: descrición de cada unha das actividades previstas que vai realizar o solicitante. Detallaranse e describiranse ao máximo todas e cada unha das actividades.
2º. Avaliación económica das súas vantaxes.
3º. Relación de efectivos humanos e medios materiais de que se dispón.
4º. Plan cronolóxico dos traballos.
b) Orzamento pormenorizado dos gastos previstos, no cal se detallará especificamente o ámbito territorial (Galicia, España, Unión Europea) a que corresponde o gasto de cada partida, de non corresponder todas a un mesmo ámbito xeográfico.
Débese respectar a moderación de custos tal como establece o artigo 48.2.e) do Regulamento de execución (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo. Para iso, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda, con excepción dos relativos a aloxamento, manutención e desprazamento con vehículo propio, deberanse solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.
As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta.
b) Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.
c) Deberán incluír como mínimo o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados.
Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.
A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.
Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.
Non se considerarán subvencionables os gastos nos que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados nesta alínea.
c) No caso de entidades para as cales o imposto do valor engadido non é recuperable, documentación acreditativa desta circunstancia.
d) No caso de entidades asociativas, copia dos estatutos e documentación acreditativa de non ter ánimo de lucro.
e) No caso das entidades asociativas, listaxe de inscritos e certificado emitido polo secretario no cal se indique que estes participan nalgún dos programas de calidade diferenciada dos alimentos enumerados no artigo 2 desta orde.
f) No caso das entidades asociativas, certificación do/a secretario/a do consello regulador correspondente relativo ao volume de produción certificado dentro do programa de calidade no ano anterior ao da solicitude.
g) No caso das entidades asociativas, documentación acreditativa da condición de representante da persoa que asina a solicitude.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
2. A documentación complementaria deberá presentarase electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa representante.
b) NIF da persoa xurídica solicitante.
c) Obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Obrigas coa Seguridade Social.
e) Obrigas coa facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Solicitudes e prazo de presentación
1. As solicitudes presentaranse en formulario dirixido á Consellería do Medio Rural, de acordo co modelo que figura no anexo I que vai con esta orde, acompañado da documentación complementaria que se indica no artigo 9. Deberase presentar un formulario de solicitude por cada actuación que se pretenda acoller a este réxime de axudas, coa excepción prevista no artigo 5.1, alínea b) 1º desta orde, relativa á participación en feiras e exposicións.
No caso de solicitudes presentadas por asociacións sen ánimo de lucro, quen asine a petición deberá acreditar a súa condición de representante de forma fidedigna por calquera medio válido en dereito.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través de formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. O prazo de presentación de solicitudes será o que se estableza na convocatoria anual correspondente.
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Modelo de declaración para o pagamento das axudas (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 19 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2018 (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2017).
-
Resolución do 8 de maio de 2019 pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 246, do 29 de decembro), pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 ( DOG nº 98 do 24 de maio de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Obtención/renovación do selo de mercado excelente.
Aberto todo o ano
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano