Guía de procedementos e servizos

MR242A

Acreditación da formalización do préstamo do adianto da PAC.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 09/06/2022 00:00 - 29/09/2022 23:59

Consellería do Medio Rural

1. Esta orde ten por obxecto convocar e establecer as bases para a concesión de axudas de minimis para o pagamento da comisión inicial de apertura pola concesión dos préstamos para o adianto das axudas directas da PAC da campaña 2022, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control ou das axudas que se van percibir na convocatoria de axudas complementarias destinadas aos sectores máis afectados, que serán financiadas con fondos Feader do PDR Galicia 2014-2020, ou ambas, destinadas a favor das persoas beneficiarias dos préstamos.

2. Esta orde aplicarase no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e regula a forma de concesión e pagamento das axudas citadas no punto 1 do artigo 1 desta orde.

3. Nesta orde regúlase o procedemento MR242A, relativo á comunicación da declaración responsable sobre a formalización do préstamo do adianto da PAC 2022, que deberá achegarse coa documentación complementaria que recolle o anexo I desta orde.

Entidades colaboradoras, funcións e obrigas.

1. Para os efectos desta orde, consideraranse entidades colaboradoras as entidades financeiras asinantes do convenio para o anticipo das axudas correspondentes á PAC relativas á Orde do 21 de xaneiro de 2022 coa Consellería do Medio Rural.

2. As entidades colaboradoras deberán comunicar, antes do 15 de setembro de 2022, a acreditación da formalización do préstamo do adianto da PAC 2022, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde, xunto coa documentación complementaria indicada no artigo 6 desta orde.

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Secretaría do Fogga

Servizo de Xestión Económica, Tesouraría e Contratación

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15705  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546234

Email: mediorural.fogga@xunta.gal

http://mediorural.xunta.es/fogga/principal/index.php

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Prazo de presentación: PECHADO

09/06/2022 00:00 - 29/09/2022 23:59

As entidades colaboradoras presentarán, a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, a declaración responsable obrigatoriamente por medios electrónicos e responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para verificar o contido da declaración responsable.

As entidades colaboradoras deberán comunicar, antes do 30 de setembro de 2022, a acreditación da formalización do préstamo do adianto da PAC 2022, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde, xunto coa documentación complementaria indicada no artigo 6 desta orde.

a) As persoas agricultoras e gandeiras solicitantes das axudas correspondentes á política agrícola común (PAC), que presenten ou presentasen a súa solicitude consonte o previsto na Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control

ou

b) as persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica que presenten ou presentasen a declaración responsable establecida no anexo II do Real decreto 428/2022, do 7 de xuño, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión directa dunha axuda excepcional de adaptación para compensar as dificultades económicas derivadas do conflito bélico en Ucraína en determinados sectores agrarios ao abeiro do seu artigo 8 e que sexan financiadas con fondos Feader do PDR Galicia 2014-2020

ou

c) as persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica que presentasen a declaración responsable establecida no anexo II do Real decreto 428/2022, de acordo co artigo 9 da Resolución do 15 de xullo de 2022, para a concesión directa, mediante resolución, das axudas excepcionais a determinadas explotacións gandeiras para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína (DOG núm. 140, do 22 de xullo), e que sexan financiadas con fondos Feader do PDR Galicia 2014-2020

ou

d) as persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica que presentasen a solicitude das epígrafes a) e/ou a declaración responsable das epígrafes b) ou c).

e) Que subscriban ou teñan subscrito un préstamo persoal do anticipo da PAC 2022 con algunha das entidades financeiras que se relacionan no anexo IV, asinantes do convenio entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia a través da Consellería do Medio Rural e diversas entidades financeiras para a formalización de préstamos preferentes para o anticipo das axudas directas, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control correspondentes PAC, relativas á Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control ou das axudas que se van percibir na convocatoria de axudas complementarias destinadas aos sectores máis afectados, e que sexan financiadas con fondos Feader do PDR Galicia 2014-2020, ou ambas».

Solicitude das axudas e presentación de documentación xustificativa.

1. A solicitude da axuda entenderase realizada:

a) pola presentación, no ano 2022, da solicitude única regulada na Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos a agricultura e a gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control

ou

b) pola presentación da declaración responsable establecida no anexo II do Real decreto 428/2022, do 7 de xuño, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión directa dunha axuda excepcional de adaptación para compensar as dificultades económicas derivadas do conflito bélico en Ucraína en determinados sectores agrarios ao abeiro do seu artigo 8 e que sexan financiadas con fondos Feader do PDR Galicia 2014-2020

ou

c) pola presentación da declaración responsable de acordo co artigo 9 da Resolución do 15 de xullo de 2022 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas excepcionais a determinadas explotacións gandeiras para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína (DOG núm. 140, do 22 de xullo) e que sexan financiadas con fondos Feader do PDR Galicia 2014-2020

ou

d) pola presentación da solicitude das epígrafes a) e/ou a declaración responsable das epígrafes b) ou c).

e) As persoas solicitantes deberán ter subscrito un préstamo para a campaña da PAC 2022 coas entidades financeiras asinantes do convenio, xa fosen subscritos os préstamos antes da sinatura do convenio como con posterioridade á súa entrada en vigor, e que se considere o préstamo para o adianto da axuda da PAC da campaña 2022.

2. Corresponde ás entidades colaboradoras que se regulan no artigo 5.1 desta orde presentar ao Fogga a xustificación da sinatura dos préstamos previstos no número 1 deste artigo. Esta xustificación consistirá nunha comunicación asinada pola entidade financeira segundo o modelo que figura no anexo I desta orde.

As entidades colaboradoras presentarán, a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, a declaración responsable obrigatoriamente por medios electrónicos e responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para verificar o contido da declaración responsable.

3. As persoas solicitantes deberán asinar unha declaración responsable sobre se teñen concedidas axudas en réxime de minimis (Regulamento (UE) núm. 1408/2013) neste ano e nos dous anteriores, segundo o modelo que figura no anexo II desta orde. Neste anexo a persoa solicitante autorizará, así mesmo, a entidade colaboradora para a súa presentación ao Fogga.

4. As persoas solicitantes deberán estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social, así como de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Documentación complementaria.

1. As entidades financeiras deberán achegar coa comunicación do anexo I a seguinte documentación:

a) A declaración responsable da persoa asinante do préstamo sobre se teñen concedidas axudas en réxime de minimis (Regulamento (UE) nº 1408/2013) neste ano e nos dous anteriores, prevista no anexo II desta orde.

b) O ficheiro en formato folla de cálculo cos datos relativos aos préstamos previstos no anexo III desta orde.

2. Se algunha das entidades presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da comunicación aquela en que fose realizada a emenda.

As entidades responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola entidade, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da comunicación deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Forma e lugar de presentación.

A comunicación recollida no artigo 5 desta orde efectuarana as entidades colaboradoras exclusivamente a través de medios electrónicos. Para a comunicación empregarase o formulario normalizado cuxo modelo se inclúe como anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, accedendo ao procedemento MR242A.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades presenta a súa comunicación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da comunicación aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Comprobación de datos.

1. A tramitación do procedemento regulado nesta orde require a incorporación de datos en poder das administracións públicas ou entidades de asesoramento. De conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderanse consultar automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa declarante ou NIF da entidade declarante.

b) DNI/NIE da persoa representante ou NIF da entidade representante.

c) Información sobre o réxime de minimis das subvencións ou axudas da persoa solicitante da axuda. En concreto, se a persoa solicitante ten concedidas en réxime de minimis (Regulamento (UE) núm. 1408/2013), neste ano e nos dous anteriores, outras axudas para este mesmo fin, mediante consulta realizada aos datos que contén a Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

2. No caso de que as persoas solicitantes se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario que figura como anexo II desta orde e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

3. En caso de oposición á consulta de concesións pola regra de minimis, as persoas solicitantes deberán presentar ao Fogga unha declaración responsable sobre se recibiron por calquera concepto outras axudas de minimis de acordo co Regulamento (UE) núm. 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, en calquera período dentro deste exercicio fiscal e nos dous anteriores, a contía percibida por esas axudas, o organismo concedente e a súa disposición reguladora, e o compromiso de comunicar inmediatamente cantas axudas solicite e/ou obteña en réxime de minimis doutras administracións públicas ou doutros entes públicos, nacionais ou internacionais, a partir da data desa declaración.

4. De acordo co establecido no artigo 14, punto 1.k), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios e as entidades colaboradoras teñen a obrigación de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

Trámites administrativos posteriores á presentación da comunicación.

Todos os trámites administrativos que as entidades financeiras deban realizar tras a presentación da comunicación deberán ser efectuados electronicamente accedendo á carpeta cidadá, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 25 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para o pagamento da comisión de apertura destinadas ás persoas beneficiarias dos préstamos para o adianto das axudas directas da política agrícola común, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control da campaña 2022 (DOG nº 109 do 8 de xuño de 2022).

    • Extracto da Orde do 25 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para o pagamento da comisión de apertura destinadas ás persoas beneficiarias dos préstamos para o adianto das axudas directas da política agrícola común, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control da campaña 2022 (DOG nº 109 do 8 de xuño de 2022).

    • Orde do 28 de xullo de 2022 pola que se modifica a Orde do 25 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para o pagamento da comisión de apertura destinadas ás persoas beneficiarias dos préstamos para o adianto das axudas directas da política agrícola común, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control da campaña 2022 (DOG nº 144 do 29 de xullo de 2022).

    • Extracto da Orde do 28 de xullo de 2022 pola que se modifica a Orde do 25 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para o pagamento da comisión de apertura destinadas ás persoas beneficiarias dos préstamos para o adianto das axudas directas da política agrícola común, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control da campaña 2022 (DOG nº 144 do 29 de xullo de 2022).

    • Corrección de erros. Orde do 28 de xullo de 2022 pola que se modifica a Orde do 25 de maio de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para o pagamento da comisión de apertura destinadas ás persoas beneficiarias dos préstamos para o adianto das axudas directas da política agrícola común, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control da campaña 2022 (DOG nº 156 do 18 de agosto de 2022).

    • Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas para o pagamento da comisión de apertura destinadas ás persoas beneficiarias dos préstamos para o adianto das axudas directas da política agrícola común, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control da campaña 2022 (DOG nº 231 do 5 de decembro de 2022).

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano