Guía de procedementos e servizos

MR237B

Programas de planificación zoosanitaria.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 16/01/2024 00:00 - 15/02/2024 23:59

Consellería do Medio Rural

Establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras ( ADSG) para o desenvolvemento dos programas sanitarios establecidos no anexo VII da presente orde. 

Agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Gandaría

Servizo de Sanidade Animal

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15771  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544782

Fax: 981545735

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Gandaría da Coruña

Rúa de Vicente Ferrer, nº 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184565

Fax: 981184653

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Gandaría de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294534

Fax: 982294425

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Gandaría de Ourense

Rúa de Florentino López Cuevillas, nº 4-6

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386525

Fax: 988386524

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Gandaría de Pontevedra

Rúa Fernández Ladreda, nº 43-6º andar

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206569

Fax: 886206590

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Prazo de presentación: PECHADO

16/01/2024 00:00 - 15/02/2024 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades asociativas agrarias que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar oficialmente recoñecidas como ADSG e, polo tanto, inscritas no Rexistro de ADSG de Galicia antes da finalización do prazo de solicitude establecido nesta orde, e que manteñan as condicións do recoñecemento ao longo de todo o período de execución da axuda.

Quedan excluídas da condición de beneficiarias as ADSG formadas exclusivamente por cebadeiros de gando vacún.

b) Comprometerse na execución dun programa sanitario común que incluirá como mínimo o programa sanitario marco obrigatorio establecido no anexo VII desta orde, así como na execución de todas as medidas adicionais en materia sanitaria que dispoña para o efecto a Consellería do Medio Rural, segundo as condicións sanitarias da zona e as características particulares de cada agrupación.

c) Estar integradas por explotacións de produtores gandeiros en actividade, e que tanto as ditas explotacións como a ADSG de pertenza teñan a condición de pemes (pequenas e medianas empresas) de acordo co establecido no anexo I do Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

As explotacións que integren as agrupacións deberán estar inscritas no rexistro especificado no artigo 3 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.

d) Estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como cumprir o resto dos requisitos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Non estar suxeitas as entidades a unha orde de recuperación pendente tras a decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

f) Non ter a consideración de empresa en crise, tal e como se definen no artigo 2 do Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, e nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise, de acordo coas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación 2014/C 249/01 da Comisión, do 31 de xullo de 2014).

As explotacións integradas nas ADSG serán as beneficiarias indirectas como destinatarias finais dos programas sanitarios comúns desenvolvidos no anexo VII desta orde polo persoal veterinario das ADSG.

Presentación de solicitudes.

1. As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado anexo I, MR237B, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presentara a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Os anexos desta orde publícanse no Diario Oficial de Galicia exclusivamente para efectos informativos e será necesario realizar o trámite a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para cubrilos, validalos e presentalos telematicamente.

3. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa da desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 e 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. As solicitudes (anexo I) deberán ser asinadas mediante sinatura electrónica da persoa representante legal da entidade solicitante, que poderá imprimir ou gardar un xustificante de presentación acreditativo dela ante a Administración ou ante terceiros.

5. Coa solicitude da axuda (anexo I), as ADSG deberán solicitar o anticipo do 47,36184 % do total da subvención aprobada, suxeito ás dispoñibilidades orzamentarias vixentes. O importe total correspondente aos anticipos non poderá superar o crédito orzamentario previsto para a anualidade 2024.

Para poder ser autorizado o dito anticipo, as entidades beneficiarias non poderán ter abertos expedientes de reintegro de axudas de anos anteriores.

En virtude do artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as beneficiarias deste anticipo quedan exoneradas da constitución das garantías establecidas no artigo 65 do mesmo decreto.

Documentación complementaria.

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Acreditación da representatividade da entidade solicitante mediante certificación da persoa secretaria da ADSG, en que consten os seguintes datos:

1º. Nome e apelidos da persoa representante.

2º. Documento nacional de identidade (en diante, DNI, número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE).

3º. Enderezo postal.

4º. Teléfono móbil.

5º. Enderezo de correo electrónico.

A representatividade deberá recaer sempre nun membro da xunta directiva da ADSG.

b) Copia da acta ou certificación da persoa secretaria da ADSG, conforme se acordou en asemblea xeral a solicitude da axuda.

c) Compromiso de execución do programa sanitario marco que aproba a Consellería do Medio Rural, así como de todas as medidas adicionais en materia sanitaria que dispoña para o efecto a dita consellería, segundo as condicións sanitarias da zona e as características particulares de cada agrupación.

d) Orzamento sen o IVE, detallando as distintas partidas que constitúen as actuacións do programa sanitario, diferenciando os conceptos de gasto segundo as liñas sinaladas:

1) Por remuneración do persoal veterinario ou pola contratación de servizos técnicos veterinarios para a realización do programa sanitario da ADSG (artigo 17.1).

Se a ADSG conta con máis dunha persoa veterinaria para a realización do programa sanitario, deberá especificarse o orzamento solicitado para cada unha delas.

2) Pola adquisición de material funxible para o desenvolvemento do programa sanitario (artigo 17.2).

O orzamento deberá presentarse mediante o modelo do anexo II, asinado electronicamente polo presidente da entidade coa sinatura dixital do DNI electrónico ou calquera outro medio de sinatura electrónica avanzada.

e) Contrato do persoal veterinario responsable da execución do programa sanitario.

f) Documento que indique para cada persoa veterinaria que participe no programa o nome e apelidos, DNI/NIE, número de colexiado, enderezo postal, teléfono móbil e correo electrónico.

g) Facturas pro forma. No suposto de que exista contrato de prestación de servizos veterinarios a través dunha empresa e en calquera suposto no caso de solicitar axuda para a adquisición de material funxible.

h) Anexo IV: comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, debidamente cuberto.

i) No caso de solicitarse axudas por un importe superior a 30.000 euros, e co obxecto de verificar o cumprimento do artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, xeral de subvencións:

– Declaración responsable, segundo o modelo do anexo V, de ser unha entidade sen animo de lucro, non suxeita polo tanto á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

– De non ser unha entidade sen ánimo de lucro, e se a agrupación pode presentar conta de perdas e ganancias abreviada segundo a normativa contable, declaración responsable, segundo o modelo do anexo VI, nos termos previsto no artigo 26 do Regulamento xeral de subvencións, do cumprimento do artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

– De ser o caso, certificación emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que acredite o seu cumprimento pola entidade solicitante, con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora. Para ese efecto, se do informe de auditoría das últimas contas anuais se deduce un cumprimento do 100 % dos prazos de pagamento a provedores por parte da entidade solicitante, bastará un certificado emitido polo auditor que indique que no seu traballo de auditoría realizou procedementos para obter evidencia da corrección do contido da memoria das contas anuais como certificación de cumprimento do requisito do artigo 13.3.bis. No caso de que non sexa posible emitir tal certificado (por non existiren contas anuais auditadas ou porque estas reflictan unha porcentaxe de cumprimento de prazos de pagamento a provedores inferior ao 100 %), presentarase certificación, baseada nun informe de procedementos acordados, que acredite que a entidade solicitante no momento de presentación de solicitude de axuda non ten ningunha factura pendente de pagamento en que se superaron os prazos legais de pagamento. Esta certificación non poderá ter, en ningún caso unha antigüidade superior a un mes anterior á data de presentación da solicitude.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente a súa achega á persoa interesada.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Se algunha das entidades solicitantes presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola entidade interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código de procedemento (MR237B) e o órgano responsable deste (Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias), número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia (tamaños máximos e formatos admitidos poden consultarse en https://sede.xunta.gal), permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

f) Título universitario do persoal veterinario responsable do programa sanitario.

g) A información correspondente ás explotacións integradas na ADSG, segundo o Rexistro de Explotacións Gandeiras de Galicia, incluíndo os códigos Rega, o nome e apelidos das persoas titulares, as localizacións e os censos ou capacidades, segundo as diferentes categorías de animais.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente (MR237B) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para 2024-2025 (DOG nº 10 do 15 de xaneiro de 2024).

    • Extracto da Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para 2024-2025 (DOG nº 10 do 15 de xaneiro de 2024).

    • Corrección de erros. Extracto da Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para 2024-2025 (DOG nº 78 do 19 de abril de 2024).

    • Resolución do 18 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG) de Galicia e se convocan para 2024-2025 (DOG nº 124 do 27 de xuño de 2024).

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano