Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN845A
Axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Galega de Innovación dirixidas aos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia para financiar gastos estruturais e de funcionamento coa finalidade de incentivar a transferencia de resultados da investigación, do coñecemento e das capacidades tecnolóxicas dos centros ao mercado.
Centros de innovación e tecnoloxía da comunidade autónoma.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Rúa Airas Nunes, s/n (Conxo)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981543986
Email: xestion.gain@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
14/07/2023 00:00 - 14/08/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o derradeiro día do mes.
Poderán ser beneficiarios das axudas os centros de innovación e tecnoloxía da comunidade autónoma que teñan a consideración de consolidados.
Teñen a consideración de centros tecnolóxicos consolidados aqueles que figuran inscritos (ou teñen resolución de recoñecemento como centro tecnolóxico ou centro de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal) no rexistro regulado no Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunhas das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá entregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave364).
Documentación complementaria.
1. As persoas beneficiarias deberán achegar a seguinte documentación:
a) Anexo I. Solicitude. No anexo I inclúense as seguintes declaracións responsables:
1) Declaración responsable de todas as solicitudes de axudas efectuadas e ou concedidas para a mesma finalidade por outras administracións ou entes públicos ou privados.
2) Declaración de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se presentan son certos.
3) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
4) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas prevista nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5) Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
6) Declaración de que son veraces os datos que se consignan na solicitude relativos á conta bancaria en que se efectuará o pagamento das axudas, así como que a entidade solicitante é o seu titular, de conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia.
b) Anexo II. O cadro de indicadores da perspectiva financeira, de resultados e excelencia, e de persoal, a partir dos cales se efectúe a valoración dos resultados acadados polos centros tecnolóxicos.
c) Copia do poder bastante co que actúa o representante legal do centro (ver artigo 5.2).
d) Copia da escritura de constitución do centro debidamente inscrita, se é o caso, no Rexistro Mercantil ou Industrial (ver artigo 5.2).
e) Copia das contas anuais auditadas dos anos 2021 e 2022. Non obstante, aqueles centros que non estean obrigados a auditalas, deberán presentar as contas anuais aprobadas polo padroado, conforme os artigos 37 e 38 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego. No caso de non estar obrigados a auditar as súas contas pero estas se auditen igualmente, deberán achegar o informe de auditoría correspondente.
f) Acreditación sobre o cumprimento dos prazos de pagamento a provedores de conformidade co previsto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións:
1. Para sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, declaración responsable do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
2. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
g) Documento resumo onde se relacionen os importes que determinan o resultado dos indicadores coa información que aparecen nas contas anuais.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideron obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emenda a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial, dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. Os anexos I e II estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e a título informativo na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) NIF da entidade representante.
c) Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
e) Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
No caso de que a entidade solicitante se opoña á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar á entidade solicitante a presentación dos documentos correspondentes.
Se a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable e o centro solicitante deba presentar estes certificados en fase de emenda, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor.
Non obstante, as entidades comprendidas no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que desenvolve a Lei de subvencións de Galicia, poderán presentar unha declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 29 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 133 do 13 de xullo de 2023).
-
Extracto da Resolución do 29 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 133 do 13 de xullo de 2023).
-
Resolución do 25 de outubro de 2023 pola que se adxudican as axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia convocadas pola Resolución do 29 de xuño de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 133, do 13 de xullo) (DOG nº 209 do 3 de novembro de 2023).
-
Resolución do 10 de setembro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 25 de outubro de 2023 pola que se conceden as axudas do ano 2024 para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia (DOG nº 180 do 18 de setembro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Programa Ignicia proba de concepto.
Prazo aberto: 29/04/2025 00:00 - 28/05/2025 23:59
Programas sanitarios excepcionais e de investigación ou experimentación en apicultura.
Aberto todo o ano
Autorización de entidades que imparten cursos de capacitación de persoal que traballa con animais para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia.
Aberto todo o ano
Inscrición de laboratorios que realicen ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.
Aberto todo o ano