Guía de procedementos e servizos

IN655E

Verificación de instrumentos de medida: opacímetros.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
Si vostede é propietario dun aparato de medida: opacímetros, pode realizar a verificación periódica ou despois dunha reparación ou modificación realizala verificación correspondente, enviando o aparato ao Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, xunto coa documentación que se menciona mais adiante.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Parque Tecnolóxico de Galicia - 32901 San Cibrao das Viñas - Ourense

Teléfono: 988368124

Fax: 988368125

Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Anexo II, boletín de identificación (un por cada instrumento e só a primeira vez que se verifica un instrumento).

  • Xustificante de liquidación de taxas por cada instrumento que se vai verificar.

  • Parte de traballo (só nos casos de verificación tras a reparación ou modificación).

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    • Resolución do 2 de abril de 2009, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se aproban os procedementos para a verificación periódica e posterior á reparación ou modificación de distintos instrumentos sometidos a control metrolóxico (DOG nº 72 do 16 de abril de 2009).

    • Corrección de erros.-Resolución do 2 de abril de 2009, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se aproban os procedementos para a verificación periódica e posterior á reparación ou modificación de distintos instrumentos sometidos a control metrolóxico (DOG nº 80 do 27 de abril de 2009).

    • Corrección de erros.-Resolución do 2 de abril de 2009, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se aproban os procedementos para a verificación periódica e posterior á reparación ou modificación de distintos instrumentos sometidos a control metrolóxico (DOG nº 97 do 20 de maio de 2009).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 889/2006, de 21 de xullo, polo que se regula o control metrológico do Estado sobre instrumentos de medida (BOE nº 183, de 2 de agosto de 2006).

    • Corrección de erros do Real Decreto 889/2006, de 21 de xullo, polo que se regula o control metrológico do Estado sobre instrumentos de medida (BOE nº 267, de 8 de novembro de 2006).

    • Real Decreto 339/2010, de 19 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 889/2006, de 21 de xullo, polo que se regula o control metrológico do Estado sobre instrumentos de medida, para adecualo á Lei 25/2009, de 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio (BOE nº 84, de 7 de abril de 2010).

    • Real Decreto 1284/2010, de 15 de outubro, polo que se modifica o Real Decreto 889/2006, de 21 de xullo, polo que se regula o control metrológico do Estado sobre instrumentos de medida (BOE nº 261, de 28 de outubro de 2010).

    • Orde ITC/3749/2006, do 22 de novembro, pola que se regula o control metrolóxico do Estado sobre os instrumentos destinados a medir a opacidade e determinar o coeficiente de absorción luminosa dos gases de escape dos vehículos equipados con motores de arranque por compresión (diesel) (opacímetros) (BOE nº 294 do 9 de decembro de 2006).

Outros procedementos relacionados

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG500A

Novacións modificativas nos préstamos concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) nos diversos programas instrumentados ao abeiro do decreto 133/2002

IN201B

Obtención/renovación do obradoiro artesán

Tramitar en liña

Aberto todo o ano