Guía de procedementos e servizos

IN620C

Rexistro de instalacións de protección activa contra incendios en establecementos non industriais.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Regular o procedemento de rexistro de instalacións de protección activa contra incendios en establecementos non industriais, conforme o indicado no Real decreto 513/2017, do 22 de maio, e na súa Guía técnica de aplicación, e que terá asignado o código de procedemento IN620C.

1. Estarán suxeitas ás disposicións deste regulamento tanto as empresas instaladoras como as empresas mantedoras de instalacións de protección contra incendios.

2. Así mesmo, as exixencias técnicas deste regulamento aplicaranse aos fabricantes, importadores, distribuidores ou organismos que interveñan na certificación ou avaliación técnica dos produtos e a todos aqueles que puideren verse afectados por esta regulación.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Industria da Coruña

Rúa Vicente Ferrer 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184906

Email: cei.xtcoruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294815/ 982294659

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Industria de Ourense

R/ Curros Enríquez, 1-4º

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386755

Email: xefaturaindustria.cei.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Industria de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43-5

36071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 986805255

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación de comunicacións comezará o día 20 de decembro de 2018.

Requisitos dos produtos de protección contra incendios.

Os equipamentos, sistemas e compoñentes que conforman as instalacións de protección activa contra incendios deberán cumprir as condicións e os requisitos que se establecen nas normas da Unión Europea, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e nas súas normas de desenvolvemento, así como neste regulamento e nos seus anexos.

Requisitos das empresas instaladoras.

1. Para poder exercer as funcións de empresa instaladora, a empresa deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Dispor da documentación que identifique a empresa instaladora, que, no caso de ser persoa xurídica, deberá estar constituída legalmente.

b) Dispor de persoal contratado, adecuado ao seu nivel de actividade, conforme o establecido no anexo III.

c) Dispor dos medios técnicos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade en condicións de seguridade.

d) Subscribir un seguro de responsabilidade civil, avais ou outras garantías financeiras outorgadas por unha entidade debidamente autorizada, que cubran os riscos da súa responsabilidade, respecto a danos materiais e persoais a terceiros, por unha contía mínima de 800.000 euros, sen que a dita contía limite esta responsabilidade.

e) Dispor dun certificado de calidade do sistema de xestión da calidade implantado, emitido por unha entidade de certificación acreditada, segundo os procedementos establecidos no Regulamento da infraestrutura para a calidade e seguridade industrial, aprobado mediante o Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro. O alcance do correspondente certificado deberá incluír, explicitamente, o deseño, se procede, e a instalación de todos e cada un dos equipamentos ou sistemas para os cales se solicita a habilitación.

No inicio de actividade, e por un período máximo dun ano, considerarase cumprido este requisito coa acreditación de ter contratado o desenvolvemento e a implantación do dito sistema de xestión da calidade, nos termos indicados no parágrafo anterior.

f) Para a instalación de sistemas de extinción mediante axentes gasosos fluorados, deberase estar en posesión dos certificados de cualificación previstos no Regulamento (CE) n.º 517/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de abril de 2014, e no Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro, polo que se regulan a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles, así como a certificación dos profesionais que os utilizan e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolvan actividades que emitan gases fluorados.

g) No caso dos sistemas de iluminación de emerxencia, as empresas instaladoras deberán cumprir unicamente o establecido no Regulamento electrotécnico de baixa tensión, aprobado mediante o Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, e na instrución técnica complementaria correspondente.

2. A empresa instaladora habilitada non poderá facilitar, ceder ou allear certificados de instalación non realizados por ela mesma.

3. O incumprimento dos requisitos exixidos, verificado pola autoridade competente e declarado mediante resolución motivada, comportará o cesamento da actividade, salvo que se poida incoar un expediente de emenda de erros, sen prexuízo das sancións que puideren derivar da gravidade das actuacións realizadas.

Requisitos das empresas mantedoras.

1. Para poder exercer as funcións de empresa mantedora, a empresa deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Dispor da documentación que identifique a empresa mantedora, que, no caso de persoa xurídica, deberá estar constituída legalmente.

b) Dispor de persoal contratado, adecuado ao seu nivel de actividade, conforme o establecido no anexo III.

c) Para o mantemento de sistemas de extinción mediante axentes gasosos fluorados, deberá estar en posesión dos certificados de cualificación previstos no Regulamento (UE) n.º 517/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de abril de 2014, e no Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro.

d) Dispor dos medios materiais técnicos para o desenvolvemento da súa actividade, incluíndo, en todo caso, as ferramentas e os recambios suficientes e idóneos para a execución eficaz das operacións de mantemento en condicións de seguridade.

e) Subscribir un seguro de responsabilidade civil, avais ou outras garantías financeiras outorgadas por unha entidade debidamente autorizada, que cubran os riscos da súa responsabilidade, respecto a danos materiais e persoais a terceiros, por unha contía mínima de 800.000 euros, sen que a dita contía limite a dita responsabilidade.

f) Dispor dun certificado de calidade do sistema de xestión da calidade implantado, emitido por unha entidade de certificación acreditada, segundo os procedementos establecidos no Regulamento da infraestrutura para a calidade e seguridade industrial, aprobado mediante o Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro. O alcance do correspondente certificado deberá incluír explicitamente o mantemento de todos e cada un dos equipamentos ou sistemas para os cales se solicita a habilitación.

No caso de extintores portátiles, a entidade de certificación acreditada deberá ter en conta os requisitos adicionais recollidos na norma UNE 23120 sobre «Mantemento de extintores portátiles contra incendios».

No inicio de actividade, e por un período máximo dun ano, considerarase cumprido este requisito coa acreditación de ter contratados o desenvolvemento e a implantación do dito sistema de xestión da calidade nos termos indicados no parágrafo anterior.

g) No caso dos sistemas de iluminación de emerxencia, as empresas mantedoras deberán cumprir unicamente o establecido no Regulamento electrotécnico de baixa tensión, aprobado mediante o Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, e na instrución técnica complementaria correspondente.

2. A empresa mantedora habilitada non poderá facilitar, ceder ou allear certificados de actuacións non realizadas por ela mesma.

3. O incumprimento dos requisitos exixidos, verificado pola autoridade competente e declarado mediante resolución motivada, comportará o cesamento da actividade, salvo que se poida incoar un expediente de emenda de erros, sen prexuízo das sancións que puideren derivar da gravidade das actuacións realizadas.

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)
  • Inscrición no rexistro de instalacións de protección contra incendios ( 32.19.11)
  • Modificación no rexistro de instalacións de protección contra incendios ( 32.19.34)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • As comunicacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado recollido no anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa comunicación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da comunicación aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das comunicacións poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación a seguinte documentación:

    • 1. Certificado da empresa instaladora, emitido por un técnico titulado competente designado por ela, no cal se fará constar que a instalación se realizou de conformidade co establecido no Regulamento de instalacións de protección contra incendios e de acordo co proxecto ou documentación técnica.

    • 2. Contrato de mantemento cunha empresa mantedora debidamente habilitada, que cubra, polo menos, os mantementos dos equipamentos e sistemas suxeitos ao Regulamento de instalacións de protección contra incendios.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

  • Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

    • DNI ou NIE da persoa comunicante.

    • DNI ou NIE da persoa representante.

    • NIF da persoa xurídica comunicante.

  • As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude.

Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 5 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se regula o procedemento de rexistro de instalacións de protección activa contra incendios en establecementos non industriais (DOG nº 241 do 19 de decembro de 2018).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 513/2017, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios (BOE nº 139 de 12 de xuño de 2017).

    • Corrección de erros do Real Decreto 513/2017, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios (BOE nº 230 de 23 de setembro de 2017).

Outros procedementos relacionados

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG534D

Novacións de débedas

Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00