Guía de procedementos e servizos

IN612A

Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Que é e para que serve

Esta orde ten por obxecto regular os procedementos que afecten as entidades recoñecidas que imparten cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial, establecendo as condicións e requisitos que se deben observar para a súa actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Antes de comezar a súa actividade como entidade de formación, o titular desta ou o seu representante legal deberá presentar telematicamente ante a dirección xeral competente en materia de industria unha comunicación de acordo co modelo do anexo I.

Conforme o establecido no artigo 7º da Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, a realización dunha comunicación permitirá acceder á actividade de servizos e exercela por tempo indefinido desde o momento da súa presentación ante a administración competente, sen que poidan impoñerse requisitos ou condicións adicionais, suxeita soamente ao cumprimento continuo dos requisitos regulamentarios e a que se facilite a información necesaria á autoridade competente para o control da actividade.

Calquera feito que supoña modificación dalgún dos datos incluídos na comunicación de inicio de actividade orixinaria, así como o cesamento da actividade formativa, deberá ser comunicado telematicamente polo titular á dirección xeral competente en materia de industria no prazo dun mes.

As comunicacións sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

Para mais información e consultas públicas acudir a:

http://oficinavirtualindustria.xunta.es/

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Como se tramita

Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica. 

Tramitar en liña

A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña: 

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón. 

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Antes de comezar a súa actividade como entidade de formación, o titular desta ou o seu representante legal deberá presentar ante a dirección xeral competente en materia de industria unha comunicación telemática mediante o modelo normalizado que figura no anexo I da presente orde.

  • A presentación das solicitudes dos procedementos que se indican no anexo I da Resolución do 22 de xullo de 2014, realizarase unicamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, e na oficina virtual de Industria, http://oficinavirtualindustria.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade (DNI) electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A oficina virtual de Industria, http://oficinavirtualindustria.xunta.es permite a consulta en liña da información relacionada cos procedementos vinculados ao órgano competente en materia de industria, ademais do acceso a unha serie de servizos electrónicos para realizar xestións e consultas.

    De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación de solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, planta 4ª, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a lopd.industria@xunta.es

    Co obxectivo de manter adaptados á normativa vixente os formularios vinculados a normas reguladoras de procedementos administrativos de prazo aberto, estes poderán ser actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, sen necesidade de publicalos novamente no Diario Oficial de Galicia (DOG), sempre que a modificación ou actualización non supoña unha modificación substancial deste. Por conseguinte, para a presentación das solicitudes será necesario utilizar os formularios normalizados, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente actualizados e accesibles para as persoas interesadas.

Taxas asociadas

  • Rexistro de entidades habilitadas para impartiren cursos sobre regulamentos de seguridade industrial ( 32.07.07)
  • Modificación ou cese no rexistro de entidades habilitadas para impartiren cursos sobre regulamentos de seguridade industrial. Sobre a tarifa consignada no subalínea 07 devengarase o 50 % dela. ( 32.07.14)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Que vai pasar despois de que o presente

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

Servizo de Administración Industrial - Segapi

Complejo administrativo de San Lázaro, s/n,

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957188/ 981545572

Fax: 981957192

Órgano responsable

Servizo de Administración Industrial - Segapi
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Resolución do 15 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se informa sobre a tramitación telemática de diversos procedementos (DOG nº 225 do 26 de novembro de 2012). Ligazón á normativa

    • Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen os requisitos mínimos exixibles ás entidades de formación recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 61 do 28 de marzo de 2011). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros.-Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen os requisitos mínimos exixibles ás entidades de formación recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 65 do 1 de abril de 2011). Ligazón á normativa

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020). Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal
    • Real decreto 836/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba unha nova instrución técnica complementaria MIE-AEM2 do Regulamento de aparellos de elevación e manunteción, referente a guindastres torre para obras ou outras aplicacións (BOE nº 170 do 17 de xullo de 2003). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros do Real Decreto 836/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba unha nova Instrución técnica complementaria "MIE-AEM 2" do Regulamento de aparatos de elevación e manutención, referente a grúas torre para obras ou outras aplicacións (BOE nº 20 do 23 de xaneiro de 2004). Ligazón á normativa

    • Real decreto 837/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba o novo texto modificado e refundido de Instrucción técnica complementaria MIE-AEM-4 do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, referente o guindastres móbiles autopropulsados (BOE nº 170 do 17 de xullo de 2003). Ligazón á normativa

    • Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o regulamento de instalacións térmicas nos edificios (BOE nº 207 29 de agosto de 2007). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros do Real Decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios (BOE nº 51 do 28 de febreiro de 2008). Ligazón á normativa

    • Real Decreto 1826/2009, do 27 de novembro, polo que se modifica o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios, aprobado por Real Decreto 1027/2007, do 20 de xullo (BOE nº 298 do 11 de decembro de 2009). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros do Real Decreto 1826/2009, do 27 de novembro, polo que se modifica o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios, aprobado por Real Decreto 1027/2007, do 20 de xullo (BOE nº 127 do 25 de maio de 2010). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros do Real Decreto 1826/2009, do 27 de novembro, polo que se modifica o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios, aprobado por Real Decreto 1027/2007, do 20 de xullo (BOE nº 38 do 12 de decembro de 2010). Ligazón á normativa

    Ámbito Europeo
    • Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior (DOUE nº 376 de 27 de decembro de 2006) Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG534D

Novacións de débedas co Igape

Prazo aberto: 26/01/2026 09:00 - 30/12/2026 14:00