Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN607C
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i-Redes.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axudas a grupos de investigación para apoiar o desenvolvemento dun plan de actuacións en rede que permita conformar novas capacidades científicas e abordar con maior efectividade novos obxectivos en investigación.
Poderán ser beneficiarias das axudas das modalidades A, B, C e D as entidades sinaladas a continuación e destinaranas aos seus grupos de investigación, recoñecidos como tales polas distintas entidades, ás redes que se conformen e ao persoal investigador que proceda, que cumpran na data de publicación desta convocatoria os requisitos establecidos nos anexos I, II, III e IV (segundo cada caso).
a) As universidades do SUG.
b) Os organismos públicos de investigación de Galicia.
c) As fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación para a investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur). No caso dos Institutos de Investigación Sanitaria IDIS e INIBIC e dos centros do ámbito do SERGAS que xestionen as súas actividades de investigación mediante as citadas fundacións, poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través destas entidades.
d) Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e do IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Área de Xestión
Praza de Europa nº 10A-6º
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541096
Fax: 981957380
Email: xestion.gain@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
20/06/2017 00:00 - 19/07/2017 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
O beneficiario único será unha das entidades enumeradas no artigo 2 desta orde que presente como candidato o grupo de investigación coordinador da rede, que serán responsables do cumprimento de todas as obrigas establecidas nesta convocatoria e na demais normativa aplicable.
A rede ten que estar formada polo grupo coordinador e contar coa adhesión de polo menos outros tres grupos e ter como obxectivo o desenvolvemento dun plan de actividades conxuntas e complementarias no marco da rede. Estes outros tres grupos poderán pertencer a entidades diferentes das que presenta a solicitude, sempre que estean comprendidas dentro das enumeradas no artigo 2 desta convocatoria.
No caso das universidades do SUG o grupo coordinador deberá de ter acadado unha axuda coa mesma condición na convocatoria do ano 2015 na modalidade de REDES e non ter acadado unha axuda nesa modalidade ao abeiro da convocatoria do ano 2016.
Un mesmo grupo non poderá participar en mais de dúas redes con independencia da súa institución de procedencia e do ano de convocatoria.
Solicitude segundo o Anexo IX (bis), acompañado da seguinte documentación:
Certificado emitido pola entidade á que pertence o grupo coordinador da rede, que acredite o cumprimento dos requisitos establecidos no anexo III da orde de convocatoria.
Certificado da composición da rede emitido pola entidade solicitante, indicando o código e/ou denominación de cada grupo que a compón.
Memoria descritiva da temática e estratexia de investigación, estruturación e consolidación que pretende seguir a rede, e que xustifica a necesidade desta axuda.
Certificado asinado pola persoa representante legal da entidade solicitante de que se conta con toda a documentación esixida na lexislación para a investigación con animais, de ser o caso.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa representante.
b) Estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria
c) Estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.
d) Estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 8 de xuño de 2017, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2017 (DOG nº 115 do 19 de xuño de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Rexistro de instalacións con equipos de presión.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación no Rexistro de ascensores.
Aberto todo o ano
Excepcionalidade para refuxios ou espazos libres en ascensores.
Aberto todo o ano
Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.
Aberto todo o ano