Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN606D
Axudas doutoramento industrial
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Establecer as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para o desenvolvemento de proxectos de doutoramento industrial, Programa Doutoramento Industrial, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación e da Consellería Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas:
a) As empresas e os centros de innovación e tecnoloxía que estean validamente constituídas no momento da presentación da solicitude de axuda con domicilio social ou centro de traballo en Galicia que desexen contratar investigadores ou investigadoras predoutorais para realizar un proxecto de investigación industrial en colaboración cunha universidade do SUG que lles sirva como traballo de tese de doutoramento e sexa do seu interese.
b) As universidades do SUG que desexen participar na execución dun proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental que se desenvolva en colaboración cunha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía con domicilio social ou centro de traballo en Galicia e asumir a dirección dunha tese de doutoramento asociada.
2. Non poderán acceder á condición de beneficiarios/as as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Rúa Airas Nunes, s/n
15706 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957000
Email: centros.gain@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
18/08/2023 00:00 - 18/09/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que contará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
1. As empresas e centros de innovación e tecnoloxía beneficiarios deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Propoñer un proxecto de doutoramento industrial para desenvolver.
b) Propoñer unha persoa candidata para desenvolver a tese asociada ao proxecto de doutoramento industrial.
c) Designar un responsable da supervisión da tese no marco da empresa e da realización do proxecto de doutoramento industrial correspondente. Por acordo entre as partes, este responsable poderá actuar como persoa directora adicional da tese no caso de cumprir os requirimentos establecidos pola normativa de doutoramento correspondente da universidade colaboradora e acordo expreso entre as partes.
d) Proporcionar á persoa doutoranda contratada o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipos que resulten necesarios para o normal desenvolvemento da súa actividade.
e) Apoiar e facilitar a formación da persoa doutoranda contratada, garantindo o cumprimento de todas as actividades formativas exixidas polo programa Doutoramentos industriais.
f) Facilitar a información e a formación necesarias en materia de prevención de riscos laborais para garantir a seguridade no traballo desenvolvido dentro das instalacións da empresa.
g) Facilitar as accións de mobilidade (asistencia a congresos, seminarios, estadía nunha sede internacional da empresa ou grupo de investigación internacional) que a persoa doutoranda realice ao longo do seu proxecto e que sexan preceptivos segundo a convocatoria do programa Doutoramentos industriais en vigor.
h) Visar e validar a memoria xustificativa do proxecto que realice a persoa doutoranda.
2. As universidades do SUG beneficiarias deberán asumir os seguintes requisitos e obrigas:
a) Designar a persoa directora académica da tese no marco do programa Doutoramentos industriais correspondente, que deberá ser asignado pola comisión académica do programa Doutoramentos industriais cando o alumno ou a alumna se matricule, no caso de non estar matriculado.
b) Validar a proposta de proxecto de doutoramento industrial.
c) Proporcionarlle á persoa doutoranda o apoio necesario e facilitarlle os medios ou equipos que sexan necesarios para o desempeño normal da súa actividade.
d) Supervisar con regularidade o desenvolvemento do proxecto de investigación e de tese doutoral, velando polo cumprimento das obrigacións recollidas no compromiso documental de supervisión, e pola calidade da tese de doutoramento.
e) Facilitarlle á persoa doutoranda a realización da formación adicional e a participación na formación que organice a propia entidade.
3. A persoa directora e o responsable empresarial propostos para a dirección da tese e do proxecto deberán ter vinculación laboral coa súa institución durante todo o tempo que dure o doutoramento industrial.
Os requisitos correspondentes ás condicións de persoa directora académica e, de ser o caso, de persoa directora adicional, acreditaranse segundo o anexo VI.
4. As persoas candidatas aos contratos de doutoramento industrial deben reunir os seguintes requisitos:
a) Ter nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Non obstante, as persoas non comunitarias poderán ser candidatas á axuda, aínda que para formalizar o contrato deberán contar cos permisos necesarios de permanencia no país. O número máximo de axudas que se poden conceder a cidadáns non comunitarios é dunha (1).
b) Estar matriculadas, admitidas ou en disposición de cumprir os requisitos para matricularse nun programa oficial de doutoramento dunha universidade do SUG, de acordo coa ordenación académica aplicable no curso 2022/23 ou 2023/24. As persoas non matriculadas deberán inscribirse nun programa oficial de doutoramento no curso académico inmediato á aprobación do programa Doutoramentos industriais e sempre dentro da primeira anualidade da axuda.
c) Que a data de finalización dos estudos de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica, enxeñaría técnica, diplomatura ou equivalente en sistemas universitarios estranxeiros non adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) tivese lugar nos últimos 5 anos. Enténdese como data de finalización destes estudos a de superación da última materia para completalos. Esta data poderá ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2016 nos seguintes casos:
1º. As persoas que na data de peche do prazo de presentación de solicitudes estean en posesión do título oficial dalgunha das especialidades recollidas no Real decreto 183/2008, do 8 de febreiro, polo que se determinan e clasifican as especialidades en Ciencias da Saúde e se desenvolven determinados aspectos do sistema de formación sanitaria especializada.
2º. As persoas candidatas que acrediten fidedignamente que se atopaban de baixa maternal ou que tiñan a cargo menores de 6 anos entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2018.
3º. As persoas candidatas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.
4º. As persoas que acrediten fidedignamente que interromperon os estudos por causa dunha enfermidade grave ou que se dedicaron á atención de persoas maiores da familia en primeira liña parental.
d) Contar no expediente académico cunha nota media igual ou superior a 7, ou a 6 para as titulacións da rama de Enxeñaría e Arquitectura, calculada segundo o indicado no artigo 9.5.c).
No caso de persoas candidatas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, a nota media mínima do expediente académico será de 6.
5. Non se admitirán como candidatas a ser destinatarias destes contratos persoas que estean en posesión do título de doutor.
6. A persoa candidata seleccionada non pode ter unha participación no capital da entidade que solicita a axuda ou doutra entidade relacionada accionarial ou socialmente con aquela, que represente unha capacidade de control efectivo, directo ou indirecto, da entidade. Tampouco pode estar incluída como candidata en máis dunha solicitude.
Solicitudes
A empresa ou o centro de innovación e tecnoloxía presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta. gal/chave365).
Documentación complementaria
Para seren admitidas na convocatoria as entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
1. Memoria relativa ao proxecto de investigación, á entidade solicitante, á universidade e á adecuación do proxecto de investigación ás liñas estratéxicas da RIS3 Galicia 2021-2027 no modelo que se xunta como anexo III.
2. Convenio de colaboración, coas especificacións mínimas que se establecen no artigo 19 ou declaración de compromiso asinado entre a entidade solicitante e a universidade de achegar o devandito convenio de colaboración segundo o modelo que se xunta como anexo IV.
3. Documento acreditativo do poder de representación con validez xurídica, do representante da entidade solicitante, de ser o caso.
4. Conta do resultado económico-patrimonial do exercicio 2022.
5. Documentación relativa á persoa candidata doutoranda:
a) Anexo V. Declaración asinada pola persoa candidata doutoranda industrial a ser destinataria da axuda.
b) Declaración da persoa designada para dirixir ou codirixir a tese, segundo o anexo VI.
c) Certificación da universidade asinada pola persoa titular do vicerreitorado competente en materia de investigación ou persoa en quen delegue, conforme o modelo normalizado do anexo VII, en que se fagan constar os seguintes aspectos:
1º. Programa de doutoramento no cal está matriculada ou admitida a persoa candidata no curso 2022/23, ou que a persoa candidata cumpre cos requisitos de titulación e nota media necesarios para poder acceder a un programa de doutoramento no curso 2023/24.
2º. Título de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica, enxeñaría técnica, diplomatura ou equivalente en sistemas universitarios estranxeiros non adaptados ao EEES empregado ou que se vai empregar para formalizar a matrícula no programa de doutoramento, universidade e campus onde se cursou, data de finalización e número de créditos superados.
3º. Nota media coa que se concorre a esta convocatoria, calculada de acordo cos seguintes criterios:
– No caso de ensinanzas dirixidas á obtención do título universitario oficial español de licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou graduado/a nun grao de polo menos 300 créditos, valoraranse a totalidade dos créditos ou materias superadas.
– No caso de ensinanzas dirixidas á obtención do título de graduado/a de menos de 300 créditos, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a, arquitecto/a técnico/a e mestre/a, a nota media realizarase tendo en conta estes estudos máis a totalidade dos créditos superados no mestrado ou equivalente. Débense completar polo menos 300 créditos no conxunto dos estudos universitarios de grao ou primeiro ciclo e de mestrado ou equivalente. O cálculo realizarase de acordo coa seguinte fórmula:
(X*C1+M*C2) / (C1+C2)
Onde:
X: nota media obtida no grao ou no primeiro ciclo.
M: nota media obtida no mestrado ou equivalente.
C1: créditos superados no grao ou no primeiro ciclo.
C2: créditos superados no mestrado ou equivalente.
– A nota media do expediente académico para títulos obtidos en sistemas universitarios estranxeiros debe calcularse de acordo co disposto na Resolución do 18 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral de Universidades do Ministerio de Universidades, pola que se actualiza a relación de escalas de cualificación dos estudos ou títulos universitarios estranxeiros e as equivalencias ao sistema de cualificación das universidades españolas, publicadas polas resolucións de 21 de marzo de 2016 e de 20 de xuño de 2016. A información pode consultarse na seguinte ligazón:
https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-ao-cidadán/catalogo/xeneral/20/203615/ficha/203615
A persoa candidata terá que tramitar a declaración de equivalencia da nota media de acordo con este procedemento e achegarlla á universidade en que está matriculada no programa de doutoramento para o cálculo da nota coa que se concorre á convocatoria. A verificación da declaración de equivalencia corresponde á universidade, que deberá revisar que os datos consignados nela coinciden cos do certificado presentado para darlle validez a esta, polo que soamente será válida se está acompañada do certificado académico oficial orixinal, ou fotocopia compulsada e, se é o caso, da tradución correspondente.
En todos os casos, a nota coa que se concorre á convocatoria ten que estar adecuada ao Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional e tendo en conta os criterios sinalados no Protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos.
d) Acreditación da aprobación do plan de investigación pola comisión académica do programa Doutoramentos industriais correspondente ou declaración responsable da persoa candidata de que a documentación presentada se corresponde co plan de investigación que se vai someter á aprobación da comisión académica no caso de ser seleccionada como destinataria desta axuda.
e) Documentación que acredite os supostos de excepcionalidade previstos no artigo 5 sobre as datas de finalización dos estudos, de ser o caso.
f) Certificado acreditativo do grao de discapacidade da persoa candidata no caso de que non fose expedido pola Administración autonómica.
6. Ademais, poderanse acreditar os méritos que se aleguen dos recollidos no artigo 13.1.g) e h) relativos á persoa candidata valorables e non excluíntes polo que se regulan os criterios de valoración das solicitudes, e haberá que achegar a seguinte documentación, segundo o caso:
a) Certificado da persoa candidata de gozar dunha bolsa ou prácticas en empresas ou centros de innovación e tecnoloxía.
b) Certificado do nivel de coñecemento dunha lingua estranxeira, en que figure expresamente o nivel alcanzado de acordo co Marco común europeo de referencia para as linguas.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
7. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
8. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
9. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) DNI/NIE da persoa candidata á axuda.
d) NIF da entidade solicitante.
e) NIF da entidade representante.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
h) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
i) Vida laboral da persoa candidata dos últimos 5 anos.
j) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
k) Concesións pola regra de minimis.
l) Concesións de subvencións e axudas.
Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Certificado de discapacidade da persoa candidata expedido pola Administración autonómica.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
- Declaración da persoa candidata a ser destinataria da axuda (Anexo V)
- Certificación da persoa titular da vicerreitoría competente en materia de investigación (Anexo VII)
- Declaración de compromiso de aportar o convenio de colaboración (Anexo IV)
- Memoria relativa ó proxecto (Anexo III)
- Certificado da persoa designada para dirixir ou codirixir a tese (Anexo VI)
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 30 de xuño de 2023, conxunta da Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023 (DOG nº 155 do 17 de agosto de 2023).
-
Extracto da Orde do 30 de xuño de 2023, conxunta da Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023 (DOG nº 155 do 17 de agosto de 2023).
-
Resolución do 7 de decembro de 2023, conxunta da Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se adxudican as axudas da Orde do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio de 2023 (DOG nº 239 do 19 de decembro de 2023).
-
Resolución do 28 de novembro de 2024 pola que se modifica a distribución por anualidades das axudas concedidas na Resolución do 7 de decembro de 2023 pola que se adxudican as axudas da Orde do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, Programa de doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023 (DOG nº 235 do 5 de decembro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00
Rexistro de instalacións con equipos de presión.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación no Rexistro de ascensores.
Aberto todo o ano
Excepcionalidade para refuxios ou espazos libres en ascensores.
Aberto todo o ano