Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN422L
Adhesión para a xestión de subvencións do programa de incentivos 6 vencellados a instalación de renovables térmicas no sector residencial.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
As entidades colaboradoras actuarán en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión de esta e sen que isto implique a entrega e distribución dos fondos Públicos as persoas beneficiarias, que recibirán o importe da axuda directamente do INEGA.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Dirección Inega
Xerencia do Inega
Rúa Avelino Pousa Antelo, s/n - San Lazaro
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541508
Email: xerencia.inega@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
10/11/2021 00:00 - 31/12/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará o día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará o 31 de decembro de 2023.
Para solicitar a súa adhesión terán que cubrir e presentar o formulario de adhesión (anexo I).
a.- Poderán ser entidades colaboradoras:
1. Poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ámbolos dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica que se establecen no artigo 6 desta Resolución.
2. Será necesario que as entidades colaboradoras, sexan persoas físicas ou xurídicas que teñan presentado unha declaración responsable como empresa de instalacións térmicas en edificios e que figure inscrita no Rexistro Integrado Industrial do Ministerio competente en materia de enerxía.
b.- As entidades colaboradoras actuarán en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión de esta e sen que isto implique a entrega e distribución dos fondos Públicos as persoas beneficiarias, que recibirán o importe da axuda directamente do Inega.
c.- Na súa relación co Inega, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:
1º Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.
2º Desenvolvemento das accións vinculadas á convocatoria.
3º Xustificación da axuda ante o Inega.
d- Para lograr a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así coma, a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e o Inega. As características técnicas esixibles poderán consultarse na paxina web do Inega (www.inega.gal).
e.-Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos no artigo 6 desta Resolución e que o soliciten no prazo que se indica no número 3 do artigo 6 desta Resolución.
f.-De conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras deberán formalizar o convenio de colaboración entre elas e o Inega, no que se regularán as condicións e obrigas asumidas por aquelas, cuxo modelo figura no Anexo II desta convocatoria. O dito convenio posuirá o contido mínimo previsto no artigo 13 da Lei de subvencións.
g.- Non poderán obter a condición de entidade colaboradora aquelas, nas que concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.
Solicitude segundo o Anexo I.
Convenio de colaboración debidamente asinado pola entidade colaboradora (ANEXO II).
Documento acreditativo de poder suficiente da persoa representante legal da entidade.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente da solicitude e achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
Certificado de estar ao día no pagamento coa Facenda Autonómica.
Prazo de resolución:
20 días hábiles desde a presentación da solicitude
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 215 do 9 de novembro de 2021).
-
Extracto da Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 215 do 9 de novembro de 2021).
-
Resolución do 9 de febreiro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGeneratiónEU (DOG nº 33 do 17 de febreiro de 2022).
-
Resolución do 21 de xullo de 2022 pola que se amplía e se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 28 de outubro de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondente ao programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M), modificada previamente pola Resolución do 9 de febreiro de 2022 (DOG nº 145 do 1 de agosto de 2022).
-
Resolución do 28 de decembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2023).
-
Resolución do 9 de febreiro de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 37 do 21 de febreiro de 2024).
-
Resolución do 27 de febreiro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 48 do 7 de marzo de 2024).
-
Resolución do 4 de outubro de 2024 pola que se amplía e se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M) (DOG nº 196 do 10 de outubro de 2024).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 477/2021, de 29 de xuño, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a ejecución de diversos programas de incentivos ligados ao autoconsumo e ao almacenamiento, con fontes de enerxía renovable, así como á implantación de sistemas térmicos renovables no sector residencial, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 155 de 30 de xuño de 2021).
-
Real Decreto 1178/2023, do 27 de decembro, polo que se modifica a normativa reguladora e adáptanse ao marco europeo de axudas de Estado determinados programas de axudas de rehabilitación enerxética e enerxías renovables do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 310 do 28 de decembro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano
Novacións de débedas
Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00