Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN422K
Proxectos de autoconsumo e almacenamento no sector residencial, administración pública e o terceiro sector.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Economía e Industria
O desenvolvemento de enerxías renovables, concretamente o autoconsumo e o almacenamento eléctrico no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector.
1. De conformidade co disposto no artigo 11 das bases reguladoras, os destinatarios últimos das axudas, que terán a cualificación de beneficiarios ós efectos desta convocatoria, son os seguintes:
a) Persoas físicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.
b) As entidades locais e o sector público institucional de calquera Administracións Públicas á que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do Sector Público, este último sempre que non realice ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.
c) As persoas xurídicas que non realicen ningunha actividade económica, pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, incluíndo as entidades ou organizacións do terceiro sector, entendendo como entidades ou organizacións do terceiro sector as entidades ou organizacións privadas sen ánimo de lucro que non realicen ningunha actividade económica, pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.
d) As persoas físicas que realicen algunha actividade económica, pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, en cuxo caso haberán de estar dados de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retenedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
e) As comunidades de propietarios, reguladas pola Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, que terán que cumprir co previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro.
f) As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía, segundo definición da Directiva 2018/2001, do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables, e da Directiva 2019/944, do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xuño de 2019, sobre normas comúns para o mercado interior da electricidade e pola que se modifica a Directiva 2012/27/UE, respectivamente, así como do artigo 4 da Real Decreto-lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica, cando non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.
2. Non serán beneficiarios destas axudas aqueles nos que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. As entidades sen ánimo de lucro non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Dirección Inega
Xerencia do Inega
Rúa Avelino Pousa Antelo, s/n - San Lázaro
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541548
Email: info.inega@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
13/12/2021 00:00 - 31/12/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará as 9:00 horas do día 13 decembro de 2021 e rematará o 31 de decembro de 2023.
Solicitude segundo o Anexo III.
Tres ofertas de distintos provedores cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €.
Unha oferta que avale o orzamento, cando o investimento sen IVE da actuación sexa inferiora15.000 €.
Esta documentación poderá substituírse polo borrador dos pregos de licitación correspondentes, no caso de destinatarios últimos suxeitos a normativa de contratación pública
Declaración expresa motivada de non presentar as tres ofertas por non existir no mercado suficiente número de entidades que o subministren o presten polas especiais características dos gastos subvencionados.
Autorizaciónpara a representación Anexo IV, no caso de ser necesaria.
Documentación Adicional obrigatoria para entidades xurídicas públicas.
Declaración Responsable onde se acredite a súa adscrición, especificando se si refire á Administración Xeral do Estado, á comunidade autónoma de Galicia ou a unha entidade local e onde declare se desenvolve ou non actividade comercial ou mercantil.
Certificado do acordo adoptado polo órgano competente polo que se aproba solicitar a axuda regulada nesta convocatoria de axudas, se procede.
Certificación de que a entidade solicitante remitiu as contas do último exercicio orzamentario ao que legalmente está obrigado ao Consello de Contas, en el caso de administraciones locales.
Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.
Acreditación do nomeamento da persoarepresentante da entidade solicitante
Documento que acredite a súa constitución.
Documentación adicional obrigatoria para agrupación de persoas físicas e privadas sen personalidade, deberá achegarse a seguinte documentación.
Documentación que acredite a súa constitución.
Cando se trate de unha Comunidade de veciños, acordo adoptado pola maioría legalmente establecida aceptando as bases da convocatoria, comprometéndose á execución das respectivas obras e facultando ao presidente ou administrador de fincas para formular a solicitude de subvención, deberán constar os compromisos asumidos por cada membro, así como o importe da subvención que se vaia a aplicar a cada un deles.
Documento que acredite a representación con que se actúa
Documentación adicional de carácter técnico.
Achegarase unha memoria técnica descritiva da actuación que se vaia acometer segundo o modelo dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.gal) para cada tipoloxía de proxecto. Esta memoria técnica incluirá a información relacionada no anexo AII.A2. das bases reguladoras e incluirá para instalacións de máis de 100 kW a información requirida no anexo AII.A1.e):
• Opcionalmente, un plan estratéxico en que indique a orixe e o lugar de fabricación (nacional, europeo ou internacional) dos compoñentes da instalación e o seu impacto ambiental, incluídos o almacenamento, os criterios de calidade ou durabilidade utilizados para seleccionar os distintos compoñentes, a interoperabilidade da instalación ou o seu potencial para ofrecer servizos ao sistema, así como o efecto tractor sobre pemes e autónomos que se espera que teña o proxecto. Poderá incluír, ademais, estimacións do seu impacto sobre o emprego local e sobre a cadea de valor industrial local, rexional e nacional.
• A xustificación do cumprimento polo proxecto do principio de non causar dano significativo (principio Do no significant harm-DNSH) a ningún dos obxectivos medioambientais establecidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088.
O solicitante poderá presentar unha declaración responsable deste cumprimento.
• A acreditación do cumprimento de valorización do 70 % dos residuos de construción e demolición xerados pola obra civil, se procede.
Para a comprobación dos datos da instalación renovable existente, presentarase nesta memoria o xustificante de solicitude de rexistro da instalación no Rexistro de Instalacións Eléctricas de Baixa Tensión (código de procedemento IN614C) ou no Rexistro de Instalacións Eléctricas de Alta Tensión, dependendo do regulamento que lle sexa de aplicación.
Os destinatarios do programa 4 presentarán unha declaración responsable asinada polo técnico competente ou empresa instaladora que estime que o consumo anual de enerxía sexa igual ou maior ao 80 % da enerxía anual xerada pola instalación segundo o establecido no anexo AII.A2.c).
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente da solicitude e achegar unha copia dos documentos.
Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
Certificación de estar ao día do pagamento ca consellería de Facenda da Xunta de Galicia.
DNI/NIE da persoa solicitante.
Consulta dos administradores da sociedade.
DNI/NIE da persoa representante.
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 215 del 9 de novembro de 2021).
-
Extracto da Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 215 del 9 de novembro de 2021).
-
Resolución do 9 de febreiro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGeneratiónEU (DOG nº 33 do 17 de febreiro de 2022).
-
Resolución do 21 de xullo de 2022 pola que se amplía e se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 28 de outubro de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K), modificada previamente pola Resolución do 9 de febreiro de 2022 (DOG nº 145 do 1 de agosto de 2022).
-
Resolución do 12 de xuño de 2023 pola que se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 117 do 21 de xuño de 2023).
-
Resolución do 28 de decembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2023).
-
Resolución do 9 de febreiro de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 35 do 19 de febreiro de 2024).
-
Resolución do 27 de febreiro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 48 do 7 de marzo de 2024).
-
Resolución do 4 de outubro de 2024 pola que se amplía e se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K) (DOG nº 196 do 10 de outubro de 2024).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 477/2021, de 29 de xuño, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a ejecución de diversos programas de incentivos ligados ao autoconsumo e ao almacenamiento, con fontes de enerxía renovable, así como á implantación de sistemas térmicos renovables no sector residencial, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 155 de 30 de xuño de 2021).
-
Real Decreto 1178/2023, do 27 de decembro, polo que se modifica a normativa reguladora e adáptanse ao marco europeo de axudas de Estado determinados programas de axudas de rehabilitación enerxética e enerxías renovables do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 310 do 28 de decembro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).
Aberto todo o ano
Novacións de débedas
Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00
Revisión actividades artesás do Rexistro xeral de artesanía de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización do uso da marca Artesanía de Galicia.
Aberto todo o ano