Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN421V - Subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en PEME e grande empresa do sector industrial (Programa de actuacións de eficiencia enerxética en industria).
1. A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2019-2020 para a concesión de axudas do Programa estatal para actuacións de eficiencia enerxética en peme e grande empresa do sector industrial.
2. Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:
Medida 1: mellora da tecnoloxía en equipos e procesos industriais.
Medida 2: implantación de sistemas de xestión enerxética.
Proxectos que se subvencionan e investimento subvencionable
1. Poderán obter dereito a subvención aquelas actuacións que cumpran o establecido no anexo IV do Real decreto 263/2019, do 12 de abril, e se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. O prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará no prazo previsto no artigo 21 desta convocatoria non podendo a execución das actuacións en ningún caso exceder o 31 de decembro de 2023.
Enténdese por inicio dos traballos, conforme a definición recollida no artigo 2 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, ou ben o inicio dos traballos de construción ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido de equipos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible, se esta data é anterior. A merca de terreos e os traballos preparatorios como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade non se consideran inicio dos traballos.
3. O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 100.000 euros por actuación para a medida 1, Mellora da tecnoloxía en equipos e procesos industriais, e de 50.000 euros por actuación no caso da medida 2, Implantación de sistemas de xestión enerxética. En ambos os casos IVE non incluído.
4. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes. Cada solicitude recollerá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou de varias actuacións homoxéneas executadas nun mesmo emprazamento e que se valorarán de xeito conxunto.
Considéranse actuacións homoxéneas que deben recollerse nunha única solicitude: todas as actuacións de iluminación que se realicen no centro de traballo e a renovación de varios equipos para o mesmo fin. Por exemplo, a instalación de dúas caldeiras para proceso aínda que estas non sexan iguais (ademais debe incluírse no mesmo proxecto calquera actuación relacionada que se efectúe na sala de caldeiras como pode ser a instalación dun economizador ou tanque de revaporizado).
Consideranse actuacións non homoxéneas e que polo tanto deben cursarse en solicitudes independentes a combinación de proxectos independentes, por exemplo, a mellora dos equipamentos de iluminación, a renovación das caldeiras, a instalación de variadores de frecuencia en motores, etc.
5. Serán elixibles os custos de ivestimento adicionais necesarios para acadar un nivel máis elevado de eficiencia enerxética.
a) O investimento elixible determinarase conforme a definición indicada no anexo IV do Real decreto 263/2019, do 12 de abril. Neste sentido, seguindo indicacións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), organismo competente para realizar a coordinación e seguimento do Programa conforme o establecido no artigo 9.1 do Real decreto 263/2019, o cálculo do investimento elixible farase en dous pasos, no primeiro considerará todo o investimento relacionado directamente co aforro e eficiencia enerxética e utilizarase como base para o cálculo do custo elixible, e no segundo paso, se procede, limitarase o investimento elixible calculado inicialmente tendo en conta o custo elixible máximo asociado á obra civil.
b) O custo subvencionable determinarase conforme a definición recollida no artigo 38 do Regulamento 651/2014, do seguinte xeito:
-
1º. Cando os custos do investimento en eficiencia enerxética poidan identificarse nos custos totais do investimento como investimento separado, estes custos relacionados coa eficiencia enerxética serán subvencionables.
-
2º. En todos os demais casos, os custos do investimento en eficiencia enerxética determinaranse por referencia a un investimento similar, que implique menor eficiencia enerxética, que se podería realizar de xeito crible sen a axuda. A diferenza entre o custo de ambos os investimentos determinará o custo relacionado coa eficiencia enerxética e será o custo subvencionable.
Os custos dos proxectos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de eficiencia enerxética non serán subvencionables.
1. Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 2.2 das bases reguladoras que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia. En concreto os seguintes:
a) Empresas que teñan a consideración de peme ou grande empresa do sector industrial, cuxo CNAE 2009 comece pola división da 07 a 39, excluídas as que comecen pola división 12 e 34, sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As empresas de servizos enerxéticos entendendo como tal a definición máis ampla posible das organizacións que acheguen este tipo de servizos. Para poder ser destinatarias últimas das axudas, estas empresas deberán actuar en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha das empresas que se indican na letra a), repercutindo, en todo caso, a axuda prevista neste programa á empresa onde se execute o proxecto.
2. Non serán beneficiarios destas axudas:
a) Empresas en crise segundo a definición do Regulamento (UE) núm. 651/2014.
b) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que tivese declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Obrigas dos beneficiarios
1. Son obrigas dos beneficiarios as establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en particular, as seguintes:
a) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.
b) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.
c) Xustificar ante o Inega que cumpre cos requisitos ou condicións que determinan a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.
d) Presentar ante o Inega tres ofertas que necesariamente teñen que acompañar a solicitude de axuda cando a actuación concreta que se subvenciona supoña un gasto sen IVE para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €.
As ofertas presentadas teñen que ser sempre con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben. As ofertas presentadas para cada gasto non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.
e) Acreditar ante o Inega con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Realizar o pagamento das facturas antes da data en que deban presentarse ante o Inega. Este pagamento debe estar debidamente documentado mediante xustificante bancario, tal e como se establece no artigo 23 desta convocatoria.
g) Cando non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención. A renuncia tramitarase directamente polo beneficiario mediante a presentación do anexo III que se xunta a título informativo. Este anexo estará dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal).
h) Os bens subvencionados quedarán afectos á actividade subvencionada un mínimo de tres (3) anos desde a resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso no que se aplicarán estes.
Nos contratos de servizos enerxéticos que teñan unha duración inferior a 3 anos terase que achegar un documento asinado polo propietario da instalación en que asume o compromiso de manter o investimento hasta que se cumpra este período.
i) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta axuda e conservar a documentación xustificativa relativa aos gastos financiados durante un prazo de tres anos no caso de operacións cun gasto subvencionable inferior a 1.000.000 € a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas cales estean incluídos os gastos da operación. O Inega informará os beneficiarios da data a partir da cal se realizará o cómputo anterior.
No caso das operacións non recollidas no parágrafo primeiro, todos os documentos xustificativos estarán dispoñibles durante un prazo de dous anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída.
j) Comunicarlle ao Inega, calquera modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos.
k) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
l) Cumprir as obrigas de publicidade establecidas no artigo 16 do Real decreto 263/2019 en virtude das cales o beneficiario deberá:
-
1º. En toda referencia en calquera medio de difusión cumprir cos requisitos que figuran no manual de imaxe do programa que estará dispoñible na web do IDAE.
-
2º. A aceptación da axuda implicará a aceptación do disposto no artigo 115 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do 17 de decembro de 2013, sobre as actividades de información e de publicidade que deben levar a cabo os Estados membros en relación cos fondos europeos.
-
3º. Deberá instalar e manter un cartel de carácter permanente, nun lugar visible para o público xeral na localización do proxecto, de tamaño suficiente para que sexa perfectamente visible e lexible en que conste claramente o título do proxecto, a denominación e imaxe do programa e que mencione a axuda económica outorgada polo Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética e, de ser o caso, da Unión europea incluíndo o logo da UE e o lema «Unha maneira de facer Europa» e o apoio do Inega e da Xunta de Galicia incluíndo a imaxe institucional do Inega e a Xunta de Galicia.
– Inega facilitará modelos aos beneficiarios a través da súa páxina web.
O destinatario último das axudas informará o público do apoio obtido dos fondos Feder, facendo unha breve descrición da operación no seu sitio da internet, no caso de que dispoña dun, de maneira proporcionada ao apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión.
m) A aceptación da axuda cofinanciada con fondos Feder implica a aceptación da inclusión dos beneficiarios na lista de operacións á que fai referencia o artigo 115, número 2, e co contido previsto no anexo XII, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda: http://www.dgfc.sepg.minhafp.gob.es/sitios/dgfc/es-Es/loFeder1420/porFeder/Paginas/inicio.aspx.
Estas axudas estarán sometidas aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, e nas demais disposicións da Unión Europea que resulten de aplicación.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Rúa Avelino Pousa Antelo nº 5, San Lazaro
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541528
Email: inega.info@xunta.gal
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e grande empresa do sector industrial (Programa de actuacións de eficiencia enerxética en industria) (DOG nº 158 do 22 de agosto de 2019).
Extracto da Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e grande empresa do sector industrial (Programa de actuacións de eficiencia enerxética en industria) (DOG nº 158 do 22 de agosto de 2019).
Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
Corrección de erros. Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).
Resolución do 28 de decembro de 2020 sobre a ampliación dos prazos establecidos nos artigos 7 e 21 da Resolución do 8 de agosto de 2019, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e gran empresa do sector industrial (Programa de actuacións de eficiencia enerxética en industria) (Diario Oficial de Galicia número 158, do 22 de agosto) (DOG nº 261 do 30 de decembro de 2020).
Resolución do 18 de outubro de 2021 pola que se modifica a Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e gran empresa do sector industrial (Programa actuacións de eficiencia enerxética en industria), anualidade 2019-2020 (Diario Oficial de Galicia número 158, do 22 de agosto), modificada previamente pola Resolución do 28 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 261, do 30 de decembro) (DOG nº 206 do 26 de outubro de 2021).
Resolución do 14 de novembro de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e grande empresa do sector industrial (Programa de actuacións de eficiencia enerxética en industria) (DOG nº 222 do 22 de novembro de 2022).
Real Decreto 263/2019, de 12 de abril, por el que se regula el Programa de ayudas para actuaciones de eficiencia energética en PYME y gran empresa del sector industrial (BOE nº 89, de 13 de abril de 2019).
Real Decreto 440/2021, de 22 de xuño, polo que se modifica o Real Decreto 263/2019, de 12 de abril, polo que se regula o Programa de axudas para actuacións de eficiencia energética en PYME e gran empresa do sector industrial (BOE nº 149 de 23 de xuño de 2021).
Real decreto 406/2023, do 29 de maio, polo que se modifican o Real decreto 266/2021, do 13 de abril, polo que se aproba a concesión directa de axudas ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla para a execución de programas de incentivos ligados á mobilidade eléctrica (MOVES III) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Europeo; o Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a execución dos programas de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia; e o Real decreto 263/2019, do 12 de abril, polo que se regula o Programa de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en PEME e gran empresa do sector industrial (BOE nº 129 do 31 de marzo de 2023)
Prazo de presentación: PECHADO
12/09/2019 00:00 - 01/07/2024 23:59
En virtude da modificación do apartado 1 do artigo 12 do Real decreto 263/2019, polo que se amplía a vixencia do Programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en PEME e gran empresa do sector industrial (código de procedemento IN421V) ata o 30 de xuño de 2024 e amplíase o prazo de presentación das solicitudes ata a conclusión da súa vixencia prevista ata o 30 de xuño de 2024, o cal sucederá cando se produza algunha das seguintes circunstancias:
a) Que, conforme ás solicitudes recibidas, esgótese o orzamento dispoñible.
b) Que se chegue ao 30 de juño de 2024 sen corsarse solicitudes suficientes para esgotar o orzamento dispoñible.
1. As solicitudes presentaranse directamente polos interesados ou persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito. Unha vez presentada unha solicitude non se poderá modificar o proxecto ata que recaia resolución de concesión.
2. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.
Se algunha persoa interesada presenta a súa solicitude presencialmente, requeriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Os autónomos presentarán as súas solicitudes por medios electrónicos, dado que por razón da súa capacidade económica, técnica e dedicación profesional teñen acceso á dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios.
A aplicación solicitará a inclusión da documentación necesaria e xerará a solicitude do beneficiario.
3. A solicitude (anexo I) imprímese obrigatoriamente desde a aplicación informática.
O solicitante presentará telematicamente desde a aplicación a solicitude de axuda unha vez asinada polo beneficiario ou representante, mediante o formulario normalizado accesible desde a citada aplicación informática e que se xunta como anexo I.
4. Para que unha solicitude sexa válida debe ter o seguinte contido mínimo:
a) Solicitude de axuda-anexo I.
b) Autorización para a representación-anexo II, salvo persoas físicas ou xurídicas que presenten directamente co seu certificado dixital.
c) Tres ofertas de distintos provedores conforme o establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia ou, polo menos, unha memoria xustificativa de que non existen no mercado máis provedores que produzan o equipo ou presten o servizo.
5. Os fondos solicitados e os validados poderán visualizarse en todo momento a través da aplicación informática. Unha vez presentada unha solicitude, a aplicación informática descontará a contía de axuda correspondente ao expediente dos fondos dispoñibles. Polo tanto, a axuda máxima que se vai conceder ao expediente estará limitada pola axuda indicada na solicitude inicial.
De chegarse a esgotar os fondos dispoñibles as seguintes solicitudes presentadas incluiranse nunha listaxe de espera; no momento da presentación, a aplicación informática, informará da posición que ocupa a solicitude na listaxe de espera.
As inadmisións, desistimentos, denegacións, renuncias e minoracións de solicitudes con fondos asignados liberarán fondos que poderán ser reasignados aos expedientes que se atopen en listaxe de espera segundo a orde de prelación que lle corresponda.
6. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
7. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizadas electrónicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).
Documentación necesaria para a tramitación do procedemento
1. Co envío da solicitude (anexo I) deberase incluír dixitalmente e en formato PDF, con tamaño máximo por arquivo individual de 5MB, a seguinte documentación complementaria:
a) Documentación administrativa:
-
1º. Autorización para a representación segundo o anexo II.
-
2º. Documento oficial en que conste o código CNAE correspondente á actividade da empresa.
-
3º. Presentación das ofertas do proxecto que se pretende levar a cabo.
Cando o investimento sen IVE da actuación concreta que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 € o solicitante ou persoa que o represente presentará, xunto co resto da documentación complementaria, as tres ofertas da instalación que se pretende levar a cabo.
A elección dunha das ofertas fundamentarase sempre en criterios de aforro. Ademais, será necesario achegar como xustificación unha memoria cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, que terá que incluír unha comparación das especificacións técnicas dos elementos ofertados e o motivo da elección.
Non será necesario presentar as 3 ofertas se polas especiais características dos gastos que se subvencionan non existe no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, debendo o beneficiario neste suposto prestar declaración expresa motivada en tal sentido.
As ofertas deberán conter, como mínimo, os datos identificativos do emisor e do destinatario (razón social, enderezo e número ou código de identificación fiscal), a data de emisión do documento, o importe por concepto (especificando se inclúe ou non IVE) e a descrición técnica dos elementos ofertados.
-
4º. As empresas cando non se atopen obrigadas por lei a inscribirse no rexistro mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán a documentación acreditativa da súa constitución e da representación correspondente (non é necesario no caso de que o solicitante sexa unha empresa pública).
-
5º. Documento que acredite a existencia dun centro de traballo en Galicia ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da comunidade autónoma de Galicia.
-
No caso das empresas de servizos enerxéticos tamén debe estar situado no territorio da comunidade autónoma de Galicia o centro de consumo.
-
6º. No caso de empresas públicas ademais deberá achegarse certificado do representante legal ou de persoa habilitada onde se acredite a súa condición de empresa pública.
-
7º. No caso de agrupación de empresas solicitantes a que se refire o artigo 2.3 do Real decreto 263/2019, deberán achegar ademais:
i. Documento de colaboración ou instrumento análogo formalizado polo seu representante debidamente facultado que especifique a aceptación e a designación expresa do representante único de todas elas, que formule a solicitude e reciba o importe total da axuda outorgada (non obstante, a achega de copia do documento acreditativo das súas facultades de representación).
ii. Aceptación expresa de participación de todas elas no Programa de axudas establecido por esta convocatoria, asumindo a totalidade de compromisos e obrigacións derivados del, con detalle dos compromisos de execución correspondentes a cada membro da agrupación así como importe da axuda para aplicar a cada un deles.
-
8º. No caso de que o solicitante sexa unha empresa de servizos enerxéticos deberá achegar ademais:
i. Unha copia do contrato de servizos enerxéticos formalizado coa empresa ou empresas propietarias das dependencias industriais onde se vaia realizar a actuación, no que se acredite a actuación como empresa de servizos enerxéticos e a responsabilidade a cargo do solicitante da realización do investimento correspondente.
ii. Escrito da autorización e coñecemento por parte do titular ou titulares da instalación de que se solicita a subvención.
-
9º. Para a acreditación da condición de pequena ou mediana empresa deberase achegar ademais:
i. Contas anuais da empresa solicitante e das empresas asociadas ou vinculadas, correspondentes ao último exercicio contable pechado, co xustificante de ser depositadas no rexistro correspondente.
ii. Declaración responsable emitida polo representante da empresa en que se reflicta o número de empregados da empresa, así como os das empresas asociadas ou vinculadas.
iii. Declaración responsable emitida polo representante da empresa na que se indique a cualificación como empresa autónoma, ou ben se indique as empresas asociadas ou vinculadas, incluíndo os datos de participación respectivos.
b) Documentación técnica:
-
1º. Memoria técnica do proxecto segundo modelo «Memoria técnica PAEl» dispoñible na web do Inega (www.inega.gal) ou modelo «Memoria técnica PAEI_ILU» para proxectos de mellora de iluminación.
-
2º. Documento denominado «Ficha de consumos PAEI» segundo modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal) en que se relacione o número de factura e o consumo enerxético de todas as facturas (electricidade, gas, fuel óleo, gasóleo…) do período anual tomado como referencia (2018 ou últimos doce meses), así como os datos enerxéticos do proxecto. Non será preciso a presentación desta ficha no caso de proxectos de iluminación.
-
3º. Fotografías da instalación actual, incluíndo, cando proceda, a placa de características técnicas dos equipos sobre os que se actúa.
-
4º. Plano de situación das instalacións no establecemento coa distribución dos equipos, en instalacións simples bastará cun plano en planta de localización do centro de traballo.
-
5º. Características técnicas dos equipos para os que se solicita a axuda subministradas polo fabricante (catálogo, certificado ou ficha técnica do fabricante) onde se inclúan datos da produtividade do equipo e do seu consumo enerxético.
-
6º. No caso de investimentos en eficiencia enerxética non separables, achegar oferta técnica dun provedor que avale o orzamento dun investimento similar que implique menor eficiencia enerxética e que podería realizarse de forma crible sen subvención (investimento de referencia).
-
7º. No caso de actuacións de iluminación, deberase presentar unha declaración responsable asinada por un técnico cualificado (especificar no documento o nome completo, DNI e cualificación do técnico asinante) en que se relacionen as estancias reformadas (coa mesma estrutura utilizada no documento «Memoria técnica PAEI_ILU»), o seu uso e se declare que, tras os estudos lumínicos realizados, se constata o cumprimento da norma UNE-EN 12464 (Iluminación. Iluminación nos lugares de traballo) e na guía técnica para a avaliación e prevención de riscos relativos a utilización de lugares de traballo, se é o caso. Nas estancias nas que o fluxo luminoso total despois da mellora sexa inferior ao fluxo luminoso inicial deberá achegarse estudo lumínico en que se xustifique o nivel de iluminancia mantida (Em) é adecuado á actividade prevista.
-
8º. Ademais, nas instalacións de iluminación que estean incluídas total ou parcialmente no ámbito de aplicación do documento HE3 do código técnico da edificación, xustificación asinada por un técnico competente de que cumpren coas exixencias establecidas nel. Nos casos en que a instalación non estea incluída total ou parcialmente no ámbito de aplicación, xuntar escrito xustificativo dos motivos.
c) Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente achegar para a correcta avaliación do proxecto.
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electrónicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requeriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE do solicitante, cando se trate dunha persoa física.
b) NIF da entidade solicitante, cando se trate dunha persoa xurídica.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) NIF da entidade representante.
e) Certificado de alta no imposto de actividades económicas.
f) Certificacións de estar ao día no pagamento coa AEAT, Seguridade Social e Facenda Autonómica.
g) Consulta dos administradores da empresa ou empresas solicitantes.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esa consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Proxectos de enerxías renovables térmicas.
Adhesión ao programa de axudas para proxectos de enerxías renovables de uso térmico, no sector residencial.