Guía de procedementos e servizos

IN421U

Subvencións plan de transición a unha mobilidade eficiente.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 21/02/2020 00:00 - 30/09/2020 23:59

Consellería de Economía e Industria

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a adquisición no ano 2020 de vehículos de transición a unha mobilidade eficiente por parte de persoas físicas e empresas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución .

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os suxeitos que se enumeran a continuación:

a) As persoas físicas con residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

Rúa Avelino Pousa Antelo,5, San Lázaro

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541500

Email: inega.info@xunta.gal

Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

Prazo de presentación: PECHADO

21/02/2020 00:00 - 30/09/2020 23:59

Continúa o prazo de presentación de solicitudes, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 6 de maio de 2020.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 21 de febreiro de 2020 as 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2020 ou cando se esgoten os fondos.

Non serán persoas beneficiarias destas axudas:

a. Non poderán ser destinatarios últimos das axudas os concesionarios ou puntos de venta cuxo epígrafe da sección primeira das tarifas do Imposto sobre Actividades Económicas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1175/1990, de 28 de setembro, sexa o 615.1 ou 654.1.

b. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c. As empresas en crises están excluídas, excepto cando se trate de rexímenes de axudas destinados a reparar os prexuízos causados por determinados desastres naturais.

d. Non poderán ter a condición de persoa beneficiaria as empresas en que concorra algunha das causas de exclusión previstas no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, de 18 de decembro de 2013, relativo a aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea as axudas de minimis, no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión , de 18 de decembro de 2013, relativo a aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea as axudas de minimis no sector agrícola e no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 717/2014 da comisión de 27 de xullo de 2014 relativo a aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea as axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura.

Os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria deberanse cumprir, a máis tardar, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

1. As solicitudes subscribiranse directamente polas entidades colaboradoras.

Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas a esta convocatoria de axudas.

2. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade ao establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso a aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas entidades colaboradoras.

A aplicación solicitará a inclusión da documentación necesaria, e xerará a solicitude do beneficiario.

3. A solicitude (Anexo IV) imprímese obrigatoriamente desde a aplicación informática.

A entidade colaboradora presentará telemáticamente desde a aplicación a solicitude de axuda unha vez asinada polo representante, mediante o formulario normalizado accesible desde a citada aplicación informática e que se xunta como anexo IV.

A aplicación informática non permitirá a presentación de solicitudes senón se anexa a documentación complementaria indicada no artigo 11.

4. Os fondos solicitados e os vixentes poderán visualizarse en todo momento a través da aplicación informática. Unha vez presentada unha solicitude, a aplicación informática descontará a contía de axuda correspondente ao expediente dos fondos dispoñibles. Polo tanto, a axuda máxima a conceder ao expediente estará limitada pola axuda indicada na solicitude inicial.

De chegarse a esgotar os fondos dispoñibles as seguintes solicitudes presentadas incluiranse nunha listaxe de espera; no momento da presentación, a aplicación informática, informará da posición que ocupa a solicitude na listaxe de espera.

As inadmisións, desistimentos, denegacións, renuncias e minoracións de solicitudes con fondos asignados liberarán fondos que poderán ser reasignados aos expedientes que se atopen en listaxe de espera segundo a orde de prelación que lle corresponda.

5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

Documentación necesaria para a tramitación do procedemento

1. Co envío da solicitude (Anexo IV) deberase incluír dixitalmente e en formato PDF, con tamaño máximo por arquivo individual de 5MB, a seguinte documentación complementaria:

a) Autorización para a representación segundo o anexo V.

b) Presentación da oferta do vehículo que se pretende adquirir.

A oferta deberá conter, como mínimo, os datos identificativos do emisor e do destinatario (razón social, enderezo, e número ou código de identificación fiscal), a data de emisión do documento, o importe por concepto (especificando se inclúe ou non IVE), a marca, modelo e versión do vehículo utilizando preferentemente a nomenclatura da base de datos de vehículos do IDAE.

c) Captura da Base de Datos de Vehículos dispoñible de páxina web do IDAE na que se poida verificar para vehículos N1 e M1 as emisións de CO2 por quilometro do modelo seleccionado (NEDC) e adicionalmente no caso de vehículos N1 a MTMA. No caso de información contraditoria ou non estar dispoñible na páxina web do IDAE deberase achegar documentación acreditativa do fabricante.

d) As empresas cando non se atopen obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán a documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente. (Non é necesario no caso de que o solicitante sexa unha empresa pública).

1º. Documento que acredite a existencia dun centro de traballo en Galicia ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da comunidade autónoma de Galicia.

2º. No caso de empresas públicas ademais deberá achegarse certificado do representante legal ou de persoa habilitada onde se acredite a súa condición de empresa publica.

e) Copia do anverso e reverso da Ficha Técnica (tarxeta ITV) do vehículo a achatarrar.

f) Permiso de circulación do vehículo onde conste a data de primeira matriculación, data de matriculación en España e data de expedición. En ausencia de calquera de estes documentos ou do indicado na letra e) anterior, achegarase o Informe da Dirección Xeral de Tráfico co historial do vehículo.

g) Xustificante de estar ao día no pagamento do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

h) No caso de que o solicitante non coincida co titular do vehículo a achatarrar deberá achegarse autorización do titular do vehículo a achatarrar segundo o Anexo VII. En concreto, deberá autorizar a consulta ou no caso de que se opoña presentar a documentación que acredite o seu DNI , os datos de titularidade do vehículo, e o parentesco co solicitante.

O titular que non coincida co beneficiario da axuda ten que autorizar que se realice a solicitude da axuda e ser cónxuxe ou familiar de primeiro grado de consanguinidade ou afinidade do solicitante.

i) Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente para a correcta avaliación do proxecto.

2. A documentación complementaria deberase presentar electrónicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se a entidade interesada presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose presentada a emenda.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude deberá indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se van a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos 5 MB, por arquivo individual, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos.

3. Todos os trámites administrativos que as entidades colaboradoras deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electrónicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento poderán consultarse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Certificado de alta no Imposto de Actividades Económicas.

b) Certificacións de estar ao día nas obrigas coa AEAT, Seguridade Social e Facenda Autonómica.

c) DNI ou NIE, da persoa solicitante cando sexa unha persoa física, e da persoa titular do vehículo a achatarrar cando non coincida coa persoa solicitante da axuda.

d) NIF do solicitante, cando se trate dunha persoa xurídica.

e) Consulta dos administradores da sociedade, cando se trate dunha persoa xurídica.

f) DNI/NIE da persoa representante.

g) NIF da entidade representante.

h) Certificado de nacemento co Ministerio de Xustiza da persoa titular do vehículo a achatarrar coincida esta ou non coa persoa solicitante da axuda.

i) Certificado de matrimonio co Ministerio de Xustiza da persoa titular do vehículo a achatarrar coincida esta ou non coa persoa solicitante da axuda.

j) Consulta de datos de vehículos coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT) da persoa solicitante e da persoa titular do vehículo a achatarrar cando non coincida coa persoa solicitante da axuda.

k) Consulta de datos de propietarios de vehículos coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e da persoa titular do vehículo a achatarrar coincida esta ou non coa persoa solicitante da axuda.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esa consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no formulario normalizado IV solicitude e no modelo normalizado VII comprobación de datos do vehículo a achatarrar cando o solicitante non sexa o titular do vehículo e achegar os documentos correspondentes.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

    • Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2020 (códigos de procedemento IN421T e IN421U) (DOG nº 21 do 31 de xaneiro de 2020).

    • Extracto da Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2020 (códigos de procedemento IN421T e IN421U) (DOG nº 21 do 31 de xaneiro de 2020).

    • Corrección de erros. Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).

    • Resolución do 5 de xuño de 2020 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente para o ano 2020 (DOG nº 119 do 18 de xuño de 2020).

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano