Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN421T
Adhesión para a xestión de subvencións do plan de transición a unha mobilidade eficiente.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a adquisición no ano 2019 de vehículos de transición a unha mobilidade eficiente por parte de persoas físicas e empresas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.
a) Poderán ser entidades colaboradoras os concesionarios ou puntos de venda cuxa epígrafe da sección primeira das tarifas do imposto sobre actividades económicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, sexa 615.1 comercio ao por maior de vehículos, motocicletas, bicicletas e os seus accesorios, ou 654.1 comercio polo miúdo de vehículos terrestres.
As entidades colaboradoras teñen que ter o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As entidades colaboradoras actuarán en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión de esta.
c) Na súa relación co Inega, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:
1º. Comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes da axuda, e do conxunto da actuación.
2º. Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.
3º. Desenvolvemento das accións vinculadas á convocatoria.
4º. Xustificación da axuda ante o Inega.
5º. Desconto directo da axuda na factura de merca do vehículo de xeito que o beneficiario non chegue a realizar o desembolso.
d) Para lograr a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como, a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e o Inega. As características técnicas exixibles poderán consultarse na paxina web do Inega (www.inega.gal).
e) Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos neste artigo e que o soliciten no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria.
f) De conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras deberán formalizar o convenio de colaboración entre elas e o Inega, no cal se regularán as condicións e obrigas asumidas por aquelas, cuxo modelo figura no anexo III destas bases. O dito convenio posuirá o contido mínimo previsto no artigo 13 da Lei de subvencións.
g) Non poderán obter a condición de entidade colaboradora aquelas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Rúa Avelino Pousa Antelo,5, San Lázaro
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 541500
Email: inega.info@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
29/08/2019 00:00 - 06/11/2019 23:59
Abrir un novo prazo de adhesión de entidades colaboradoras que comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución e rematará na data límite de vixencia do plan. Para solicitar a súa adhesión a entidade colaboradora terá que seguir o procedemento establecido no artigo 6 das bases reguladoras.
Solicitude segundo o Anexo II.
Documento acreditativo de poder suficiente do representante legal da entidade.
Convenio de colaboración debidamente asinado pola entidade colaboradora (anexo III).
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
NIF da entidade solicitante.
DNI/NIE da persoa solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
Certificado de estar ao día no pagamento coa AEAT.
Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
Certificado de estar ao día no pagamento coa Facenda Autonómica.
Certificado de alta no Imposto de Actividades Económicas, so cando se trate dunha empresa.
Prazo de resolución: 20 días hábiles desde a presentación da solicitude.
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2019 (DOG nº 128 do 8 de xullo de 2019).
-
Extracto da Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2019 (DOG nº 128 do 8 de xullo de 2019).
-
Corrección de erros. Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2019 (código de procedemento IN421T e IN421U) (DOG nº 132 do 12 de xullo de 2019).
-
Resolución do 20 de agosto de 2019 sobre modificación dos prazos de vixencia e adhesión establecidos nos artigos 3 e 4 da Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2019 (código de procedemento IN421T e IN421U), (Diario Oficial de Galicia número 128, do 8 de xullo) (DOG nº 162 do 28 de agosto de 2019).
-
Resolución do 23 de outubro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2019 (DOG nº 206 do 29 de outubro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano