Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN421H
Adhesión ao programa de axudas para proxectos de enerxías renovables.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia ou a solar.
Entidades colaboradoras.
1. As entidades colaboradoras actuarán en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión desta e sen que isto implique a entrega e distribución dos fondos públicos aos beneficiarios, que recibirán o importe da axuda directamente do Inega. Así, serán as encargadas da venda, promoción e instalación dos equipamentos indicados no artigo 3.
2. Na súa relación co Inega, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:
a) Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.
b) Desenvolvemento das accións vinculadas á convocatoria.
c) Xustificación da axuda ante o Inega.
3. Para os efectos destas axudas, poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.
4. Para lograr a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como, a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e o Inega. As características técnicas exixibles poderán consultarse na páxina web do Inega (www.inega.gal).
5. Será necesario que as entidades colaboradoras estean dadas de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria como empresas de instalacións térmicas en edificios para os casos de aerotermia, xeotermia, biomasa e solar térmica e como empresa instaladora de baixa tensión para enerxía solar fotovoltaica.
6. Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos neste artigo e que o soliciten no prazo que se indica no artigo 4 da resolución de convocatoria, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
7. Non poderán obter a condición de entidade colaboradora aquelas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.
8. As entidades colaboradoras seleccionaranse de acordo co procedemento que se establece no artigo 9 destas bases, con suxeición á normativa que resulte de aplicación.
De conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras deberán formalizar o convenio de colaboración entre elas e o Inega, no que se regularán as condicións e obrigas asumidas por aquelas, cuxo modelo figura no anexo X destas bases. O dito convenio posuirá o contido mínimo previsto no artigo 13 da Lei de subvencións.
Obrigas e compromisos das entidades colaboradoras.
1. Son obrigas das entidades colaboradoras, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.
b) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.
c) Cumprir cos criterios establecidos no convenio subscrito co Inega.
d) Actuar en nome e por conta do Inega para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión das subvencións sen que se produza a previa entrega e distribución dos fondos recibidos.
e) Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda durante un período de cinco anos desde a súa concesión.
f) Remitir copia dixitalizada da dita documentación ao Inega.
g) Deixar clara constancia nos seus rexistros contables e, así, facilitar a axeitada xustificación da subvención e a comprobación do cumprimento das condicións establecidas, de acordo co disposto no artigo 13.2.j) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
h) Transcorrido o prazo máximo sen ditarse resolución expresa, as entidades colaboradoras poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.
2. As entidades colaboradoras adheridas asumirán os seguintes compromisos:
a) Cubrir convenientemente os formularios de solicitude de axuda (anexo III) a través da aplicación informática que se habilite para o efecto.
b) Vender no marco da iniciativa só os equipamentos que cumpran coas condicións establecidas nas bases.
c) Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento do convocatoria, en concreto, a autorización ou inscrición da instalación no rexistro correspondente da consellería competente en materia de industria.
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 3 se realice en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupación de persoas físicas, privadas sen personalidade, non podendo estas disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541500
Fax: 981541515
Email: inega.info@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
31/01/2018 00:00 - 20/02/2018 23:59
As entidades colaboradoras contarán cun prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para solicitar a súa adhesión, cubrindo e confirmando o formulario de adhesión (anexo II).
Son obrigas dos beneficiarios as establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en particular, as seguintes:
a) As descritas no artigo 8.1, letras a), b) deberes comúns ás entidades colaboradoras.
b) Proporcionarlle á entidade colaboradora todos os documentos necesarios para poder tramitar as axudas establecidas nestas bases, así como acreditar os requisitos ou condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.
O solicitante ten que facilitarlle á entidade colaboradora seleccionada as outras dúas ofertas que necesariamente teñen que acompañar a solicitude de axuda.
As ofertas presentadas teñen que ser sempre con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben.
As ofertas deberan respectar a moderación de custos, tal como establece o artigo 48.2.e) do Regulamento de execución (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014. Para iso, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda, deberá solicitarse, como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación, e presentar coa solicitude de axuda. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir cos seguintes requisitos:
i. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións.
ii. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.
iii. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada, deberá incluír no caso de obra civil e instalacións a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos a súa marca, modelo, así como características técnicas, e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.
Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado no que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.
Non se considerarán subvencionables os gastos nos que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados.
c) Acreditar ante a entidade colaboradora, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma.
d) Realizar o pagamento das facturas emitidas pola entidade colaboradora antes da data en que se deban presentar ante o Inega. Este pagamento debe estar debidamente documentado mediante xustificante bancario, tal e como se establece no artigo 25 destas bases.
e) Cando non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención. A renuncia tramitarase pola entidade colaboradora, mediante a presentación do anexo VI que se xunta a título informativo. Este anexo estará dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal).
f) O beneficiario está obrigado a respectar o destino do investimento, polo menos, os cinco (5) anos posteriores á data da resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso no que se aplicarán estes.
g) Os bens subvencionados quedarán afectos á actividade subvencionada un mínimo de cinco (5) anos desde a resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso no que se aplicarán estes.
h) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, que poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
i) Comunicarlle ao Inega, a través da entidade colaboradora, a obtención de outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos.
j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
k) En cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, no caso de promoción ou difusión pública que as persoas beneficiarias realicen da actuación subvencionada por calquera soporte, deberá constar o cofinanciamento con fondos da Xunta de Galicia a través do Instituto Enerxético de Galicia, que se efectuará incorporando de forma visible o símbolo e logotipo da Xunta de Galicia e do Inega.
l) Cando se trate de proxectos de biomasa do grupo B2 e B3 en zonas que non sexa densamente poboadas, debe cumprir as medidas en materia de información e comunicación, sobre o apoio procedente dos fondos Feader, recollidas no punto 2 da parte 1 do anexo III do Regulamento de execución (UE) 808/2014, da Comisión do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo a axuda ao desenvolvemento rural a través de Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
En todas as actividades de información, publicidade e comunicación que leve a cabo o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader a operación financiada mostrando o emblema da Unión e unha referencia a axuda do Feader.
m) No marco das medidas de desenvolvemento rural comprometerase a proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que dita autoridade delegase a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades (artigo 71 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013).
Solicitude segundo o Anexo II.
Adhesión simplificada.
Esta forma de adhesión está unicamente dirixida ás entidades colaboradoras adheridas ao Convenio de xestión das axudas de biomasa particulares 2017, regulado na Resolución do 9 de febreiro de 2017 (DOG núm. 43, do 2 de marzo) e que desexen adherirse ao procedemento de xestión das axudas para proxectos de enerxías renovables para particulares 2018.
A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal), para cubrir a solicitude de adhesión (anexo II) e o convenio de colaboración (anexo X), xerarase un documento en formato pdf con estes dous anexos.
Por defecto, a aplicación informática cubrirá os anexos cos datos dispoñibles da convocatoria da anualidade 2017. A entidade colaboradora poderá actualizar os datos, se é o caso. No caso de modificación de datos, a entidade colaboradora deberá xuntar a documentación necesaria para xustificar estes cambios, de igual xeito que se realiza na adhesión común, regulada no punto dous deste artigo.
Para acceder á aplicación informática e solicitar a adhesión simplificada, utilizará o usuario e o contrasinal outorgados polo Inega na convocatoria 2017. No caso de que algunha entidade colaboradora non recorde estes datos, poderá solicitalos a través do correo electrónico habilitado para tal efecto, indicando os seus datos para identificación.
Unha vez xerada a solicitude normalizada (anexo II) e o convenio de colaboración (anexo X), deberá presentalos por vía electrónica de conformidade co establecido.
Adhesión común (altas novas entidades colaboradoras).
a) A primeira vez que a entidade colaboradora acceda á aplicación asignarase un usuario e un contrasinal. Este usuario e contrasinal serán os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para cubrir as solicitudes de axuda e para ver o seu estado.
b) A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) para cubrir a solicitude de adhesión (anexo II) e o convenio de colaboración (anexo X), xerarase un documento en formato pdf con estes dous anexos -o segundo por duplicado-.
Unha vez xerada a solicitude normalizada (anexo II), deberá presentala por vía electrónica de conformidade co establecido. As copias dos documentos dixitalizados gozarán da mesma validez e eficacia que os orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
Se a entidade interesada presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
A publicación dos formularios de solicitude no DOG farase unicamente para os efectos informativos.
c) As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
i. Documento acreditativo de poder suficiente do representante legal da entidade.
ii. Recibo do imposto de actividades económicas (IAE) ou, se é o caso, declaración responsable de exención de pagamento segundo figura no anexo II.
iii. Convenio de colaboración (anexo X) debidamente asinados pola entidade colaboradora.
iv. Unha vez asinado polo Inega, a entidade colaboradora poderá acceder ao citado convenio no taboleiro.
d) Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
I. Certificacións de estar ao día no pagamento coa AEAT, Seguridade Social e Facenda Autonómica.
II. DNI ou NIE, cando a entidade colaboradora sexa unha persoa física (autónomo).
III. NIF, cando a entidade colaboradora sexa unha persoa xurídica.
IV. Certificación de alta no Imposto de actividades económicas cando a entidade colaboradora sexa unha empresa.
No caso de que as persoas interesada se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
e) A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se a entidade interesada presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose presentada a emenda.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude, deberá indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos 5 MB, por arquivo individual, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos.
Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automáticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas.
a) Certificacións de estar ao día no pagamento coa AEAT, Seguridade Social e Facenda Autonómica.
b) DNI ou NIE, cando a persoa solicitante sexa unha persoa física.
A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se a entidade interesada presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose presentada a emenda.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude, deberá indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos 5 MB, por arquivo individual, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos.
Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle a persoa interesada, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Todos os trámites administrativos que as entidades colaboradoras deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).
Prazo de resolución: 25 días hábiles desde a publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 26 de decembro de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables destinadas a particulares e cofinanciadas parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2018 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (DOG nº 21 do 30 de xaneiro de 2018).
-
Resolución do 23 de xullo de 2018 pola que se redistribúen e se minoran os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 26 de decembro de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables destinadas a particulares e cofinanciadas parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2018 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (DOG nº 144 do 30 de xullo de 2018).
-
Resolución do 27 de xullo de 2018 pola que se dá publicidade á resolución pola que se conceden as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables destinadas a particulares, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 sobre a base da convocatoria de subvencións realizada mediante a Resolución do 26 de decembro de 2017 deste mesmo órgano (Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro de 2018) (DOG nº 148 do 3 de agosto de 2018),
-
Resolución do 30 de agosto de 2018 sobre ampliación dos prazos establecidos no artigo 23 da Resolución do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables destinadas a particulares para o ano 2018, cofinanciadas parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro de 2018) (DOG nº 173 do 11 de setembro de 2018)
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición nas probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais.
Prazo aberto: 16/06/2025 00:00 - 30/06/2025 23:59
Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano