Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN418E
Subvencións para planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Entidades locais
Consellería de Economía e Industria
Regular a concesión de subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas dentro do territorio da comunidade autónoma de Galicia, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos nelas.
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as seguintes persoas en función do tipo de actuación:
a) Planificación enerxética de entidades locais: as entidades que integran a Administración local conforme o artigo 3 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, ou as agrupacións das entidades anteriores con base nun acordo marco en que se especifique en que porcentaxe participa cada unha e se estableza unha persoa única para os efectos de notificación.
b) Planificación enerxética de comunidades enerxéticas: comunidades enerxéticas xa constituídas e con residencia ou establecemento en Galicia. Sen prexuízo de que poidan presentar solicitudes de axuda previas á constitución da comunidade enerxética segundo o procedemento descrito nos artigos desta Resolución.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Dirección Inega
Xerencia do Inega
Rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5 - San Lázaro
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541511
Email: inega.info@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
18/01/2024 09:00 - 15/05/2024 23:59
O prazo de presentación das solicitudes comeza o 18 de xaneiro de 2024 ás 9.00 horas e rematará o 15 de maio de 2024.
1. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarios as empresas en que concorra algunha das causas de exclusión previstas no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola e no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xullo de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura.
3. Non poderán obter a condición de beneficiarias as empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que tivera declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Presentación das solicitudes
1. As solicitudes (anexo I) subscribiranse directamente polos interesados ou por persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
No caso de comunidades enerxéticas sen constituír, a solicitude presentarase polo representante da agrupación de persoas físicas ou xurídicas, publicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, que aínda carecendo de personalidade xurídica, poida levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos ou se atope na situación que motiva a concesión da subvención, sobre a base dun acordo marco de colaboración entre os seus integrantes.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
A publicación dos formularios da solicitude no Diario Oficial de Galicia faise unicamente para efectos informativos.
3. Para formular a solicitude e que esta sexa válida, ademais de encher o correspondente formulario cos datos de identificación do solicitante e xerais da actuación (anexo I), deberase achegar a través da aplicación, a seguinte documentación mínima:
– Documento que acredite a representación con que se actúa.
– No caso de entidades locais supramunicipais, certificado do acordo adoptado polo órgano competente polo que se aproba solicitar a axuda regulada nestas bases.
– No caso de solicitudes de comunidades de enerxía documento que acredite a súa constitución.
– Cando se trate dunha agrupación, acordo adoptado pola maioría legalmente establecida aceptando as bases da convocatoria e facultando a unha persoa para formular a solicitude de subvención. Deberán constar as persoas integrantes da agrupación e os compromisos de execución asumidos por cada unha delas.
– Memoria técnica do proxecto segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal) en que se describa a tipoloxía de subministracións enerxéticas sobre as cales se actuará, e unha estimación do número de subministracións e volume de enerxía previsto.
4. As solicitudes que non conten co contido mínimo indicado anteriormente serán inadmitidas a trámite.
5. Os fondos solicitados e os validados polo Inega poderán visualizarse en todo momento a través da aplicación informática. Unha vez presentada unha solicitude, a aplicación informática descontará dos fondos dispoñibles a contía de axuda correspondente ao expediente.
De chegarse a esgotar os fondos dispoñibles, as seguintes solicitudes presentadas incluiranse nunha lista de espera; no momento da presentación, a aplicación informática informará da posición que ocupa a solicitude na lista de espera.
As inadmisións, desistencias, denegacións, renuncias e minoracións de solicitudes con fondos asignados liberarán fondos que poderán ser reasignados aos expedientes que se atopen en lista de espera segundo a orde de prelación que lles corresponda.
6. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
Documentación complementaria.
1. A documentación complementaria da solicitude deberá incluír unha parte administrativa e unha parte técnica. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación obrigatoria:
a) Documentación administrativa:
i. Cando o investimento sen IVE da actuación sexa inferior a 15.000 €, o beneficiario deberá achegar unha oferta que avale o orzamento do proxecto e, no caso de que o investimento sen IVE sexa superior ou igual a 15.000 €, deberá presentar as tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, debe ter solicitado o solicitante.
Neste último caso, o beneficiario deberá solicitar e achegar ao Inega como mínimo o contido de 3 ofertas de distintos provedores; non se aceptará como válido o certificado, informe ou documento similar en que se indique que se cumpriu co dito trámite de solicitar as 3 ofertas, pois o que debe achegarse é copia do contido de cada unha das ofertas.
A elección dunha das ofertas fundamentarase sempre en criterios de aforro. Ademais, será necesario achegar como xustificación unha memoria cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, que terá que incluír unha comparación das especificacións técnicas dos elementos ofertados e o motivo da elección.
Non será necesario presentar as 3 ofertas se polas especiais características dos gastos que se subvencionan non existe no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, e neste suposto o beneficiario deberá prestar declaración expresa motivada en tal sentido.
As ofertas deberán conter, como mínimo, os datos identificativos do emisor e do destinatario (razón social, enderezo, e número ou código de identificación fiscal), a data de emisión do documento, o importe por concepto (especificando se inclúe ou non IVE) e a descrición técnica dos elementos ofertados.
No caso de licitacións públicas, poderase presentar un certificado do interventor en que figure o importe de licitación, e que a presentación das ofertas se traslada á fase de xustificación da actuación.
No caso de comunidades enerxéticas en fase de constitución, as ofertas deberán presentarse pola agrupación en fase de constitución.
ii. As entidades locais, ademais da documentación sinalada no punto anterior, deberán achegar:
1º. Documento que acredite a representación con que se actúa.
2º. No caso de entidades locais supramunicipais, certificado do acordo adoptado polo órgano competente polo que se aproba solicitar a axuda regulada nestas bases.
3º. Os concellos deben achegar certificación de que se remitiron as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigado ao Consello de Contas. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.
iii. As comunidades de enerxías, xunto coa solicitude presentarán a documentación prevista na alínea i) deste artigo e ademais deberán achegar:
1º. Documento que acredite a representación con que se actúa.
2º. Documento que acredite a súa constitución.
iv. Cando se trate dunha agrupación xunto coa solicitude deberán achegar:
1º. Documento que acredite a representación con que se actúa.
2º. Documento que acredite a súa constitución (acordo marco, estatutos, etc).
b) Documentación técnica:
i. Memoria técnica do proxecto segundo modelo Memoria técnica planificación enerxética dispoñible na web do Inega (www.inega.gal).
ii. Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente achegar para a correcta avaliación da actuación.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos (10MB) na aplicación informática do Inega, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Certificacións de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
b) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
c) Certificado de estar ao día no pagamento ca Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia.
d) NIF da entidade solicitante.
e) NIF da entidade representante.
f) DNI/NIE da persoa representante.
g) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.
h) Concesión de subvencións e axudas.
i) Concesións pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar, tras a presentación da solicitude, deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 14 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas, anualidade 2024 (DOG nº 244 do 27 de decembro de 2023).
-
Extracto da Resolución do 14 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas, anualidade 2024 (DOG nº 244 do 27 de decembro de 2023).
-
Resolución do 5 de xuño de 2024 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 14 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas, anualidade 2024 (DOG nº 113 do 12 de xuño de 2024).
-
Resolución do 3 de setembro de 2024 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación dos investimentos establecido na Resolución do 14 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas, anualidade 2024 (DOG nº 174 do 10 de setembro de 2024).
-
Resolución do 26 de febreiro de 2025 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución de 14 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas, anualidade 2024 (DOG nº 43 do 4 de marzo de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Obtención/renovación do selo de mercado excelente.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas.
Prazo aberto: 17/01/2025 09:00 - 15/09/2025 23:59