Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN418B
Realización de auditoría enerxética.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
Aprobar e dar publicidade ao modelo de comunicación do seguinte procedemento IN418B: Comunicación de realización dunha auditoría enerxética (anexo I).
Provedores de servizos enerxéticos
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Dirección Inega
Departamento de Enerxía
Área de Aforro e Eficiencia Enerxética
R/ Avelino Pousa Antelo, 5 (San Lázaro)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541500
Email: inega.info@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Procedemento administrativo de prazo aberto; pódese empregar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución.
Forma de presentación da comunicación para o procedemento IN418B.
1. As comunicacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, https://appsinega.xunta.gal/RD56/web/acceso.php.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.
2. Toda a información relativa a comunicación de realización dunha auditoría enerxética estará dispoñible no enderezo: http://www.inega.gal/eficienciaenerxetica/RD56.html.
3. Unha vez asinado e presentado calquera destes anexos, xerarase unha copia en formato pdf do anexo correspondente, así como das táboas resumo xeradas por cada instalación auditada. Esta copia servirá como xustificante de que se realizou a correspondente comunicación.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación a seguinte documentación:
a) Título habilitante para ser auditor enerxético.
b) Documento que acredite a persoa asinante como representante legal da empresa.
c) Se a persoa que asina unha destas comunicacións non é o representante legal da empresa, deberá achegar un poder de representación segundo o modelo dispoñible no enderezo: http://www.inega.gal/eficienciaenerxetica/RD56.html.
d) No caso de escoller a opción do artigo 3.2.b) do Real decreto 56/2016, deberá achegar certificado dun organismo independente de que aplican un sistema de xestión enerxética ou ambiental.
e) No caso de suxeitos obrigados que teñan máis dun centro de traballo, listaxe de todas as instalacións da empresa ou grupo de empresas (centros de traballo con distinta localización) situadas no territorio nacional, onde apareza o consumo enerxético de cada unha delas e se identifique o perímetro auditado, asinada por un representante legal.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación do procedemento IN418B deberán ser realizados electronicamente accedendo á aplicación do Inega (https://appsinega.xunta.gal/RD56/web/acceso.php).
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 2 de novembro de 2020 pola que se aproba o modelo de comunicación da realización dunha auditoría enerxética (DOG nº 233 do 18 de novembro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano
Novacións de débedas
Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00