Guía de procedementos e servizos

IN414D

Axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 21/01/2021 00:00 - 02/11/2021 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Esta orde da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación establece as bases reguladoras, que se xuntan no anexo I, para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IN414D).

2. Así mesmo, por medio desta orde, convócanse as ditas axudas para o ano 2021.

1. Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social.

2. Terán esta consideración aquelas persoas que reúnan os requisitos para ser consumidor vulnerable severo establecidos no artigo 3 do Real decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regulan a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica, cos límites de renda establecidos no punto 4 do citado artigo e, ademais, estean en risco de exclusión social. Esta situación deberá estar acreditada mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais correspondentes.

Obrigas dos beneficiarios.

A concesión da axuda comporta as seguintes obrigas:

a) Seguir as directrices que marca a orde de convocatoria.

b) Cooperar coa Administración en cantas actividades de inspección e verificación se leven a cabo para asegurar o correcto destino da axuda.

c) As establecidas para os beneficiarios no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas

Edificios Administrativos San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957024/ 981545574

Email: cei.dxiem.axudasenerxia@xunta.gal

http://ceei.xunta.gal

Teléfono dende o resto do Estado: 90212001

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Industria da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184995/ 981184948/ 981184934

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294938/ 982294670

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Curros Enríquez, 1º - 4º

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386710

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Fernández Ladreda, 43-5º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805213/ 986805222

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Coordinación Industrial de Vigo

Praza da Estrela, s/n

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817561/ 986817822/ 986817764

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas

Prazo de presentación: PECHADO

21/01/2021 00:00 - 02/11/2021 23:59

1. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2021.

2. Con todo, no suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgote o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da consellería.

3. A presentación fóra de prazo da solicitude implicará a súa inadmisión.

Os requisitos que deben cumprir os beneficiarios da axuda son:

a) Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ser titulares do contrato de subministración eléctrica.

c) Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40 %), para o que deberán cumprir os límites de renda establecidos.

d) Estar en risco de exclusión social, o que será acreditado mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais.

e) Non estar incursos nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 do xuño, de subvencións.

Solicitudes.

1. Para poder ser persoa beneficiaria das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo de formulario normalizado que se inclúe como anexo II desta orde, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 5 das bases reguladoras.

2. As solicitudes de axuda cubriranse a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde o enlace https://axudascortes-subministracion.xunta.gal

3. Unha vez validada a solicitude e sempre e cando existan fondos dispoñibles, a aplicación informática reflectirá o estado de «Reservada». O estado de «Reservada» significa que na aplicación se reservou a contía da axuda correspondente para esa solicitude, a expensas da comprobación do cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria.

4. As solicitudes en estado de «Reservada» disporán dun prazo máximo de cinco días hábiles para a súa presentación. De non presentarse no referido prazo, procederase á súa cancelación na aplicación informática e anularase a reserva de fondos.

5. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Para a presentación das solicitudes por esta vía poderán empregarse o documento nacional de identidade electrónico ou os certificados dixitais emitidos polas autoridades de certificación Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) e certificados camerais (Camerfirma).

6. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

7. O/a interesado/a, ou o seu representante, poderá autorizar expresamente aos empregados para a presentación electrónica da solicitude e da demais documentación que se debe achegar con ela, así como para a presentación da demais documentación necesaria derivada deste procedemento en canto a emendar ou xuntar os documentos preceptivos e demais documentación complementaria que se considere para o efecto.

Neste suposto deberá acreditarse a representación expresa para a presentación da solicitude por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, ou mediante declaración en comparecencia persoal do/da interesado/a perante un/unha funcionario/a da Administración en cuxo rexistro se presente a solicitude, segundo o modelo do anexo III a esta orde.

8. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

9. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

10. A aplicación informática de xestión destas axudas permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo ao seu expediente desde https://axudascortes-subministracion.xunta.gal. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) De ser o caso, autorización aos empregados públicos correspondentes para a presentación electrónica da solicitude e da documentación relativa a esta orde de axudas (anexo III). Neste caso deberá presentarse tamén o anexo II asinado polo solicitante.

b) Certificado ou informe social emitido polos servizos sociais de que o solicitante está en risco de exclusión social (anexo IV), salvo que sexa beneficiario da Risga e non se opoña á consulta.

c) Documento acreditativo de ser beneficiario do bono social para consumidor vulnerable severo. Poderá acreditarse mediante copia dunha factura en que figure aplicado o desconto do 40 % do bono social para consumidores vulnerables severos.

d) De ser o caso, título de familia numerosa (só no caso de que o dito título non fose expedido pola Xunta de Galicia).

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) Certificado de residencia con data da última variación no padrón da persoa solicitante.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Título de familia numerosa (no caso de que fose expedido pola Xunta de Galicia).

b) Beneficiario da Risga.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. De acordo co disposto no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao tratase de subvencións que non superan os 3.000 €, a acreditación do cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da comunidade autónoma poderá facerse mediante unha declaración responsable do solicitante, que se presentará coa solicitude. Esta declaración será válida para os efectos da concesión e pagamento da subvención.

Prazo de resolución:

Un mes

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 12 do 20 de xaneiro de 2021).

    • Extracto da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 12 del 20 de xaneiro de 2021).

    • Orde do 8 de xuño de 2021 pola que se publica a ampliación do crédito da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 114 do 17 de xuño de 2021).

    • Orde do 9 de agosto de 2021 pola que se publica a ampliación do crédito da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021(DOG nº 162 do 24 de agosto de 2021).

Outros procedementos relacionados

BS105A

Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS105B

Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS307A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano