Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN412A
Adhesión ao Plan Renove de Fiestras.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Entidades colaboradoras.
1. As entidades colaboradoras actuarán de enlace entre os solicitantes das axudas e a DXEM. Serán as encargadas da venda, da promoción, da substitución e da instalación dos equipamentos indicados no artigo 3 desta orde.
Na súa relación coa DXEM, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:
a) Comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes da axuda.
b) Realización ante a DXEM dos trámites para solicitar a axuda.
c) Desenvolvemento das accións vinculadas ao plan.
d) Xustificación da axuda e a súa certificación ante a DXEM.
2. Para os efectos desta orde, poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen no artígo 6 desta orde.
Para lograr a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e a DXEM. As características técnicas exixibles poderanse consultar na páxina web da DXEM (www.xunta.gal).
3. Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos neste artigo e que o soliciten nos prazos que se indican no artigo 7.
4. Non poderán obter a condición de entidade colaboradora aquelas das sinaladas no punto 2 do artigo 6 desta orde nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.
5. As entidades colaboradoras seleccionaranse de acordo co procedemento que se establece no artigo 7 destas bases, con suxeición á normativa que resulte de aplicación.
De conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras deberán formalizar o convenio de colaboración entre elas e a CEEI, en que se regularán as condicións e obrigas asumidas por aquelas, que figuran no anexo III desta orde. O dito convenio posuirá o contido mínimo previsto no artigo 13 da Lei de subvencións.
6. Son obrigas das entidades colaboradoras, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.
b) Someterse ás actuacións de inspección e control que a CEEI poida efectuar respecto á xestión destas axudas e que permitan a xustificación financeira perante a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e o Tribunal de Contas, así como as comprobacións previstas na lexislación do Consello de Contas, de acordo co establecido na letra d) do artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Dar a adecuada publicidade do carácter público do cofinanciamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En concreto, deberán facer constar, na súa publicidade ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o cofinanciamento pola Xunta de Galicia a través da CEEI.
d) Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda outorgada durante un período de cinco anos desde a súa concesión, e deberán restituír as cantidades percibidas nos casos en que concorra causa de reintegro.
e) Dispor dos medios técnicos adecuados para a tramitación da dita orde.
7. As entidades colaboradoras adheridas asumirán os seguintes compromisos:
a) Cubrir convenientemente os formularios de solicitude de axuda a través da aplicación informática que se habilite para o efecto. Vender no marco da iniciativa só os produtos que cumpran coas condicións establecidas nas bases.
b) Instalar as fiestras nos casos en que corresponda e dentro do prazo de 150 días hábiles desde o día seguinte ao da solicitude de reserva de fondos, e nunca máis alá do 29 de setembro de 2017.
c) Aplicar os descontos correspondentes á subvención conforme o establecido nas bases.
d) Facilitar canta información e documentación precise para verificar a correcta aplicación das subvencións.
e) Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento do plan.
8. As entidades colaboradoras adheridas xestionarán estas axudas cumprindo cos principios dispostos no artigo 5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Subdirección Xeral de Enerxía e Planificación de Recursos
Servizo de Planificación, Ordenación e Eficiencia Enerxética
Edificio Advo. San Caetano, s/n - bloque 5 - 4ª planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545573/ 981545464
Fax: 981545515
Email: cei.dxem.axudasenerxía@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
01/02/2017 00:00 - 07/02/2017 23:59
O prazo de presentación de solicitudes de adhesión de entidades colaboradoras será de 5 días hábiles a partir do día 1 de febreiro de 2017 incluído.
- As beneficiarias obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola DXEM no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.
Solicitude segundo o Anexo II desta orde, acompañada da seguinte documentación:
Copia do documento acreditativo de poder bastante do representante legal da entidade.
Convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade colaboradora para a xestión de axudas relativas ao Plan Renove de fiestras (ANEXO III)
As solicitudes, deberán presentalas as entidades colaboradoras exclusivamente por vía electrónica, a traves do formulario normalizado accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben dende as páxinas web: https://entidadescolaboradoras.xunta.gal, https://planrenovefiestras.xunta.gal, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 39/2016, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Prazo de resolución: 25 días hábiles, contados desde o 1 de febreiro de 2017
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan Renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2017(DOG nº 21 do 31 de xaneiro de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano