Guía de procedementos e servizos

IN216A

Subvencións para fomentar a remuda comercial.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2015 - Prazo pechado: 31/12/2015 00:00 - 31/08/2016 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para fomentar a remuda comercial.

Por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2016.

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto facilitar a remuda comercial dos pequenos comerciantes individuais autónomos que transmitan o seu negocio a un terceiro, asegurando a súa continuidade e fomentando a rexeneración do tecido comercial.

As contías da subvención serán as seguintes:

a) Os transmisores que teñan a idade ordinaria para causar a pensión de xubilación percibirán un pagamento único, con independencia do número de establecementos comerciais que se posúan e a variedade de actividades comerciais que se viñesen desenvolvendo, que se fixa na cantidade de oitocentos euros (800,00€).

b) Os transmisores que non teñan acadada a idade ordinaria de xubilación percibirán un pagamento único, con independencia do número de establecementos comerciais que se posúan e a variedade de actividades comerciais que se viñesen desenvolvendo, a razón de oitocentos euros (800,00 €) mensuais ata o último mes en que cumpran a idade ordinaria de xubilación legalmente establecida, contados desde o mes seguinte á resolución de concesión.

c) Os adquirentes do negocio comercial percibirán un pagamento único de dos mil euros (2.000 €), con independencia do número de establecementos que adquiran.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, que no seu artigo 19.2º establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4º desta lei.

Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os/as comerciantes retallistas que teñan capacidade legal para exercer o comercio e se dediquen a el de xeito habitual, de acordo coa definición establecida no artigo 1 desta Orde do Código de comercio.

Tamén se considerarán beneficiarios/as as persoas designadas polo solicitante para a remuda comercial, con capacidade legal para exercer o comercio, e quedan vinculadas ambas as dúas persoas para a concesión da subvención.

En ningún caso pode un cónxuxe ser adquirente do outro cónxuxe que transmite a actividade comercial.

Non poderán acadar a condición de beneficiarios aqueles solicitantes en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Son obrigas das persoas beneficiarias:

1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención. Ademais, deberá acreditar a formación dada pola persoa transmisora ao adquirente.

3. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poida realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4. Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, especificando aquelas axudas de minimis obtidas, para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo a que fai referencia o artigo 1.2 destas bases. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

5. Acreditar, con anterioridade a se ditar a proposta de resolución de concesión, que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, na forma que se determine regulamentariamente, e sen prexuízo do establecido na disposición adicional décimo oitava da Lei 30/1992.

6. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Subdirección Xeral de Innovación e Ordenación Comercial

Servizo de Normativa, Innovación e Ordenación Comercial

Edificio Administrativo San Caetano

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545915

Fax: 981545541

Email: cei.dxc.axudas@xunta.es

http://economiaeindustria.xunta.es

Servizo de Normativa, Innovación e Ordenación Comercial

Prazo de presentación: PECHADO

31/12/2015 00:00 - 31/08/2016 23:59

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de agosto de 2016.

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.

b) Ter unha idade mínima de 64 anos feitos na data en que se presenta a solicitude.

c) Exercer, como titular do comercio, unha ou varias das actividades comerciais relacionadas no anexo II, de forma ininterrompida durante os últimos dez anos.

Non obstante, considerarase cumprido este requisito polo comerciante que sucedese ou substituíse no exercicio da actividade comercial que viña desenvolvendo o seu cónxuxe, tras o falecemento deste ou tras o abandono del de toda actividade comercial, antes da entrada en vigor desta orde, sempre que entre ambos os dous sumen os dez anos exixidos.

No caso de que a persoa solicitante estea dada de alta en dúas ou máis epígrafes do IAE, será considerada beneficiaria sempre que a actividade principal estea incluída dentro das agrupacións citadas. Considerarase actividade principal aquela que resulte de conxugar os elementos de facturación e superficie de venda destinada á actividade, que deberá acreditarse, se é o caso, coa presentación da declaración da renda do último exercicio.

d) Estar dado de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social nos dez últimos anos de forma ininterrompida e ter cotizado á Seguridade Social un período previo tal que lle permita completar o período de carencia exixido para causar dereito á pensión de xubilación, polo menos ao chegar á idade ordinaria de xubilación.

e) Designar a persoa física continuadora da actividade, con capacidade legal para exercer o comercio.

  • Xunto coa solicitude (anexo III) deberase presentar a seguinte documentación:

  • Persoa solicitante:

    • a) Só no caso de non autorizar a súa verificación, documento nacional de identidade ou número de identificación de estranxeiro.

    • b) Só no caso de non autorizar o órgano xestor a súa petición, certificación expedida pola Axencia Tributaria en que consten as epígrafes do imposto de actividades económicas en que figura de alta a persoa solicitante durante 10 anos ininterrompidos. De ser o caso, deberá acreditarse a circunstancia prevista no segundo parágrafo do artigo 3.1.c).

    • c) Informe de vida laboral que acredite estar dado de alta no rexime de traballadores autónomos da Seguridade Social durante os últimos dez anos continuados, así como dos períodos realmente cotizados aos distintos reximes da Seguridade Social.

    • d) Copia da declaración da renda do último exercicio en caso de estar dado de alta en varias actividades cando unha delas non e subvencionable, no caso de que a persoa interesada denegue expresamente a súa consulta.

    • e) Certificacións expedidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda, no caso de que a persoa solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para que solicite de oficio estas certificacións. Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa Administración pública correspondente, poderá presentarse o dito documento sen compulsar.

  • Persoa designada para a remuda comercial:

    • a) Só no caso de non autorizar a súa verificación, documento nacional de identidade ou número de identificación de estranxeiro.

    • b) Breve memoria descritiva da actividade.

  • A documentación complementaria presentarase en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • As solicitudes deberán presentarse en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para fomentar a remuda comercial e se procede a súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015).

    • Corrección de erros. Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para fomentar a remuda comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 11 del 19 de xaneiro de 2016).

Outros procedementos relacionados

FA901A

Alegacións no Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504C

Actividade comercial portuaria de consignación de buques.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504D

Actividade comercial portuaria de posta a disposición de medios mecánicos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG408A

Axudas a proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 12/02/2025 09:00 - 30/09/2025 14:00