Guía de procedementos e servizos

IN201E

Autorización do uso da marca Artesanía de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Esta orde ten por obxecto regular a marca que coa denominación de Artesanía de Galicia é propiedade da Xunta de Galicia, e o procedemento para a súa concesión, uso e control do distintivo da marca.

2. A marca Artesanía de Galicia identifica os produtores e produtoras artesáns da Comunidade Autónoma de Galicia e acredita que o produto que porte o distintivo da marca se elaborou nun obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

O distintivo da marca Artesanía de Galicia ten como finalidade:

a) Dotar a artesanía galega dunha imaxe que a distinga e identifique a súa procedencia.

b) Promover a difusión da artesanía de Galicia e fomentar a súa comercialización.

c) Protexer e manter o prestixio dos artesáns de Galicia e das súas obras.

d) Informar as persoas consumidoras sobre a produción artesanal.

e) Apoiar os puntos de venda ofrecendo a información necesaria que a diferencie no mercado.

Serán beneficiarios do uso do distintivo da marca Artesanía de Galicia:

• Os obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

• Os establecementos de venda de artesanía, calquera que sexa a súa canle de comercialización, que así o soliciten, logo de autorización da dirección xeral competente en materia de artesanía, que cumpran os seguintes requisitos:

1º. Contar como provedores no ano inmediatamente anterior á data da solicitude dun mínimo de cinco obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía.

2º. Estar dado de alta na correspondente epígrafe do imposto de actividades económicas.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial

Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía

Edificios Administrativos San Caetano, 3ª planta

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545599/ 881999178

Fax: 981545541

Email: cei.dxcomercio@xunta.es

http://ceei.xunta.gal

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

1. Os obradoiros de artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia deberán usar na comercialización dos seus produtos, o distintivo da marca Artesanía de Galicia segundo as aplicacións previstas no artigo 4.1 desta orde.

Poderán propoñer unha forma alternativa de cumprimento da obriga anterior:

a) Os obradoiros en relación con produtos cuxas características sexan incompatibles cos modelos preexistentes no manual de uso.

b) Os obradoiros que dispoñan dunha embalaxe e empaquetado propios.

Para estes efectos, poderán utilizar material personalizado ou alternativo coa marca Artesanía de Galicia, logo da autorización da dirección xeral competente en materia de artesanía. Con anterioridade á súa edición, deberán achegar a proba de preimpresión dixital.

2. Os establecementos comerciais autorizados poderán utilizar as aplicacións da marca de Artesanía de Galicia previstas nas letras c) e d) do artigo 4.1 para identificar os produtos artesanais procedentes dun obradoiro de artesanía inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, de acordo coas seguintes condicións:

a) Os elementos de embalaxe utilizaranse exclusivamente para a comercialización de produtos elaborados e etiquetados por un obradoiro inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

b) Os distintos elementos de aplicación do uso da marca e os distintos produtos artesanais deberán estar dispostos de tal forma que non induzan a erro sobre a identificación dos produtos.

c) So poderá utilizarse a sinalización exterior da marca Artesanía de Galicia naqueles establecementos en que máis do trinta por cento dos produtos postos á venda sexan de obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía.

Excepcionalmente, logo da autorización da dirección xeral competente en materia de artesanía poderá utilizarse sinalización exterior personalizada coa marca Artesanía de Galicia. Con anterioridade á súa edición, deberán achegar a proba de preimpresión dixital.

Por outra banda, a dirección xeral competente en materia de artesanía poderá, en supostos debidamente xustificados por razóns das condicións singulares do establecemento, consensuar co comerciante unha sinaléctica específica para este.

  • Os establecementos de venda de artesanía interesados no uso do distintivo da marca Artesanía de Galicia deberán presentar solicitude segundo o modelo normalizado do anexo I, dirixida á dirección xeral competente en materia de artesanía.

  • A solicitude conterá a declaración responsable de dispoñer de facturas de compra e xustificantes de pagamento dun mínimo de cinco obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía comprendidos no ano inmediatamente anterior á data da presentación da solicitude.

  • As solicitudes (anexo I) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

  • A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional e as persoas representantes dunha das anteriores.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude de forma presencial, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

  • Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI/NIE da persoa solicitante.

  • b) DNI/NIE da persoa representante.

  • c) NIF da entidade solicitante.

  • d) Certificación expedida pola Axencia Tributaria na cal se indiquen as epígrafes do imposto de actividades económicas en que figura dada de alta a persoa solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    • Orde do 26 de outubro de 2018 pola que se regula a concesión, uso e control da marca de Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta de Galicia (DOG nº 213 do 8 de novembro de 2018).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA300A

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300B

Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300C

Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano