Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IG534B
Préstamos do Igape en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas de Galicia.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
Conceptos de gasto financiables.
1. Para os efectos de cálculo do financiamento, consideraranse conceptos financiables os seguintes:
a) Activos fixos materiais: adquisición dos activos fixos materiais necesarios para acometer o proxecto, tales como terreos, obra civil, adquisición de inmobles, bens de equipamento, mobiliario. O importe máximo do investimento financiable en terreos non poderá exceder o 10 % do investimento total financiable.
b) Activos intanxibles: aplicacións informáticas e adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licenzas de fabricación e patentes, gastos de I+D e outros activos intanxibles ligados a proxectos de innovación tecnolóxica.
c) Exclúense impostos, taxas e arbitrios, agás o imposto sobre o valor engadido cando este non poida ser obxecto de recuperación ou compensación polo beneficiario.
2. Os investimentos e gastos previstos polo solicitante deberán ser especificados na solicitude. O Igape, para cada proxecto que resulte aprobado, establecerá no acordo de concesión individual correspondente os investimentos financiables ata o termo do prazo de execución do proxecto.
3. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de execución do proxecto, e deberá constar neste momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.
4. Os gastos financiables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario da axuda e o provedor final. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores salvo autorización expresa no acordo de concesión e logo de petición do solicitante.
5. O investimento terase que manter no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao termo do prazo de execución do proxecto, que se elevará aos 5 anos seguintes ao dito termo no caso de bens inscritibles nun rexistro público. O investimento financiado poderá ser substituído en caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da prestameira se manteña en Galicia durante os períodos mencionados, sen que poidan ser obxecto de financiamento os bens que substitúen os obsoletos.
6. En caso dos activos intanxibles, para seren considerados financiables deberán cumprir, ademais, todas estas condicións:
a) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda.
b) Consideraranse activos amortizables.
c) Adquiriranse a terceiros en condicións de mercado.
d) Figurarán no activo da empresa e permanecerán no establecemento beneficiario da axuda durante un período mínimo de 3 anos.
a) Ser unha peme ou microempresa segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño) da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.
b) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Desenvolver ou ter previsto realizar no centro obxecto do proxecto algunha actividade empresarial financiable que non estea entre as actividades excluídas que se sinalan no artigo 1.2.a) e no anexo II nestas bases.
d) Achegar ao proxecto de investimento unha contribución financeira do 30 % do proxecto; un 25 % deberá estar exento de calquera tipo de apoio público, ademais da totalidade dos impostos indirectos que graven a adquisición dos bens, sexa mediante recursos propios sexa mediante financiamento externo.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:
a) As sociedades cuxa actividade estea comprendida nas excluídas polo artigo 1 do Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis.
b) As sociedades que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
c) As empresas en crise. Para estes efectos, terase en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no punto 2.18 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño, xeral de exención por categorías (DOUE L 187, do 26 de xuño).
d) As sociedades en que concorra algunha das circunstancias do artigo 10.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
3. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas físicas e as sociedades civís ou comunidades de bens que cumpran os requisitos sinalados nos puntos anteriores. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe das axudas que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiaria correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541196
Fax: 981558844
Email: secretariaxeral@igape.es
Prazo de presentación: PECHADO
10/09/2016 00:00 - 10/10/2016 23:59
Comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG; e rematará no prazo dun mes, ou no momento de esgotamento do crédito orzamentario, o cal será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.
Presentación de solicitudes.
a) Para presentar unha solicitude de axuda, o interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a traves da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es
b) Co fin de prestar asistencia na formalización do formulario, o Igape pon á disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Tecnica, a traves do mencionado enderezo da internet ou do número de telefono 900 81 51 51, ou os que en cada momento se establezan para esta finalidade. Desde este servizo poderá acceder á aplicación informática e cubrir o formulario e xerar o IDE identificativo, en caso de que o solicitante non dispoña dun acceso directo á internet.
Deberanse cubrir necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, despois do cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de prestamo. Este IDE estará composto de 40 carácteres alfanumericos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractación «SHA 1 160 bits» a partir do documento electrónico xerado pola aplicación informática citada anteriormente.
c) A solicitude de axuda presentarase mediante o formulario que se obterá de modo obrigatorio da citada aplicación informática e que se achega como anexo I a estas bases a título informativo. No formulario será obrigatoria a inclusión dos 40 carácteres alfanumericos do IDE obtido no paso anterior. A solicitude que careza de IDE ou na cal este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non será tramitada e concederáselle ao solicitante un prazo de 10 días para a súa emenda, transcorrido o cal se terá por desistido da súa petición, logo de resolución de arquivamento.
d) Xunto co formulario de solicitude presentarase a seguinte documentación:
1º. DNI da persoa solicitante ou representante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
2º. NIF da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
3º. Informe da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electronicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).
4º. Contas anuais correspondentes aos dous últimos exercicios pechados.
5º. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.
6º. Documentación administrativa da empresa (escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritas no rexistro competente e as súas modificacións posteriores, e poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se for o caso, no rexistro competente).
7º. No caso de actividades situadas en zonas naturais protexidas, descrición completa das actividades afectadas.
8º. Acreditación de actividade financiable (IAE, só no caso de denegar expresamente a súa consulta ou compromiso de alta modelo 036).
9º. Garantías ofrecidas: no caso de garantías hipotecarias, taxación emitida por sociedade homologada polo Banco de España dos bens ofrecidos. Nota simple do rexistro da propiedade. No caso de garantías persoais: copia de declaración do IRPF, só no caso de denegar expresamente a súa consulta, e patrimonio dos avalistas, relación dos seus bens patrimoniais e debedas.
10º. Acreditación da capacidade de financiamento da parte do proxecto non cuberto co prestamo solicitado, que deberá recoller, ademais, a totalidade dos impostos indirectos que graven as adquisicións de bens previstas. Esta acreditación poderá consistir nunha certificación bancaria da dispoñibilidade líquida e/ou unha comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
11º. Para o caso de persoas físicas, sociedades civís ou comunidades de bens, en lugar da documentación sinalada nos números 4º, 5º e 6º anteriores, deberán achegar a copia da declaración do IRPF do último exercicio só no caso de denegar expresamente a súa consulta, e as copias das declaracións do IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.
Adicionalmente o Igape poderá requirir calquera documentación ou aclaración que considere oportuna para os efectos da correcta análise da solicitude.
De acordo co disposto no artigo 35.f) da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non será necesario presentar a documentación que xa se encontre en poder do Igape sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o cal foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirir ao solicitante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.
e) Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario de solicitude normalizada co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Alternativamente, unha vez xerada a solicitude, tamen se poderá presentar en soporte papel no Rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario de solicitude normalizada (anexo I) co IDE, xunto coas copias simples da documentación establecida no artigo 7.1.d). No formulario de solicitude inclúese unha declaración responsable da persoa que asina a solicitude de que as copias constitúen unha reprodución exacta dos orixinais, que constan na sede do solicitante á disposición do Igape.
Na presentación electrónica, de conformidade co artigo 35.2 da Lei 11/2007, os interesados deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 7.1.d), e responsabilizarase e garantirá a persoa que asina a solicitude a fidelidade dos ditos documentos co orixinal mediante o emprego da súa sinatura electrónica. O Igape poderá requirir ao interesado a exhibición do documento ou da información orixinal. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos.
Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico, o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais e obter arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. En caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.
Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:
1º. Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de modo que coa súa sinatura sexa suficiente para acreditar a vontade do solicitante.
2º. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido, tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG núm. 239, do 10 de decembro). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para os efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.
3º. A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.
4º. Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
5º. No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.
6º. Os interesados que cumpran os requisitos do punto b) anterior tamen poderán empregar a vía telemática para a recepción de notificacións do Igape e para o envío de escritos ao órgano xestor da axuda. Para a recepción de notificacións será preceptivo que o solicitante indicase no formulario a súa preferencia polo emprego da notificación telemática neste procedemento de axudas. Neste caso o solicitante deberá acceder á web do Igape na ligazón de tramitación telemática, para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recibo das notificacións (xustificante de recepción telemático). Os efectos destas notificacións serán os establecidos na Lei 11/2007, do 22 de xuño (BOE núm. 150, do 23 de xuño).
f) Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante. Dentro do prazo de presentación de solicitudes poderán modificarse os termos da solicitude inicial, utilizando para iso a aplicación informática para xerar un formulario modificado, cuxo IDE será de obrigatoria inclusión no escrito de comunicación ao Igape das ditas modificacións. Para os efectos de prioridade na resolución terase en conta a data de presentación da solicitude modificada.
g) A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común.
h) De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude ou o formulario non reúne algunha da documentación ou información exixida, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, despois da correspondente resolución. Este requirimento de emenda tamen se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 6.4 destas bases resulta que o solicitante non se encontra ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e sociais co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.
- Solicitude
- Anexo III
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolucíón do 1 de setembro de 2016 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos préstamos en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas de Galicia, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 172 do 9 de setembro de 2016).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Novacións modificativas nos préstamos concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) nos diversos programas instrumentados ao abeiro do decreto 133/2002
Aberto todo o ano
Novacións de débedas
Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00