Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IG525B
Liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións leiteiras.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
Estas bases regulan o contido e procedemento de tramitación de dúas liñas de financiamento bonificado dirixido ás explotacións leiteiras galegas, co obxecto de adecuar e reforzar a súa estrutura financeira:
Liña 1. Refinanciamento de pasivos
Liña 2. Apoio ao circulante
1. Poderán acceder ás liñas de financiamento previstas nestas bases as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño) da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.
Tamén poderán acceder á condición de beneficiarias as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou estean na situación que motiva a concesión da axuda. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
No caso de sociedades civís e comunidades de bens e outras entidades sen personalidade xurídica, o préstamo deberá estar formalizado a nome da entidade e deberá ser asinado por cada un dos seus membros. No caso das cooperativas, o préstamo poderá estar asinado por un representante da entidade, logo de autorización dela, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación.
En calquera caso, deberán desenvolver a actividade de explotación de gando bovino para a produción de leite e ter radicado o centro da súa actividade económica en Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Fax: 981558844
Email: informa@igape.es
Prazo de presentación: PECHADO
02/01/2017 00:00 - 31/10/2017 23:59
Iniciarase o 2de xaneiro de 2017 e finalizará o 31 de outubro de 2017. o caso de esgotamento do crédito, o Igape publicará a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es
En aplicación do artigo 51.b) da Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, os solicitantes poderán acreditar o cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou ser debedor por resolución de procedencia de reintegro mediante unha declaración responsable que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude.
Ademáis, deberán cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario establecida no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións, e non ser considerados empresas en crise, de acordo coa definición de empresa en crise establecida no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE.
Coa dita solicitude deberá presentar a seguinte documentación:
a) Para calquera das liñas:
Póliza ou escritura de prestamo.
b) Para o programa de refinanciamento de pasivos:
1º. Pólizas correspondentes ás operacións canceladas.
2º. Certificación bancaria da cancelación total ou parcial destas e, de ser o caso, da amortización anticipada do importe correspondente á diferenza entre o prestamo formalizado e o importe das cancelacións, como consecuencia do desfase temporal entre a solicitude e a formalización ou respecto do saldo vivo das pólizas de credito.
No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase o beneficiario para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da axuda, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.
c) Para o programa de apoio ao circulante, o sistema de xustificación será a conta xustificativa simplificada establecida no artigo 51 do Decreto 11/2009, que regulamenta a Lei de subvencións de Galicia (por tratarse de axudas por importe inferior a 30.000,00 ). No formulario de liquidación solicitaranse os datos e información necesarios para a súa composición, establecidos no citado artigo, que son:
1º. Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, así como acreditar, de ser o caso, o disposto no artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia.
2º. Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento. No caso de que a subvención se outorgue de acordo cun orzamento estimado, indicaranse as desviacións producidas.
3º. Un detalle doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e a súa procedencia.
4º. Se e o caso, carta de pagamento de reintegro no suposto de remanentes non aplicados, así como dos xuros derivados destes.
O Igape poderá requirirlle ao beneficiario a remisión dos xustificantes das finalidades do prestamo bonificado seleccionados con base en tecnicas de mostraxe, e o Igape comprobará para estes efectos un mínimo do 10 % dos expedientes con subvención bruta equivalente aprobados por importe ata 6.000 , e un mínimo do 20 % dos expedientes con axudas aprobadas por importe superior a 6.000 e ata 15.000 .
Poren, cando das comprobacións realizadas non se acade a evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da axuda, o Igape requiriralles aos beneficiarios a totalidade dos documentos xustificativos.
6. O Igape revisará a documentación xustificativa, e poderalle solicitar ao beneficiario, á entidade de credito ou, se e o caso, á SGR calquera documentación e información adicional que considere oportuna para os efectos dunha correcta análise da xustificación da realización do proxecto.
7. Unha vez verificada a documentación achegada, o Igape procederá ao pagamento da axuda financeira á conta designada polo beneficiario no formulario de solicitude.
En calquera caso, o rexime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
8. Cando o beneficiario da axuda poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da axuda, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o artigo 17 destas bases, despois de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da axuda poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros.
A aceptación das alteracións por parte do Igape no acto de comprobación non exime o beneficiario das sancións que lle poidan corresponder conforme á Lei de subvencións de Galicia.
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións leiteiras, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva. (DOG nº 249 do 30 de decembro de 2016).
-
Corrección de erros. Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións leiteiras, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 9 do 13 de xaneiro de 2017).
-
Resolución do 21 de outubro de 2019 pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas durante o primeiro e segundo trimestre de 2019 (DOG nº 212 do 7 de novembro de 2019).
-
Resolución do 19 de outubro de 2021 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o terceiro e cuarto trimestres de 2020 (DOG nº 210 do 2 de novembro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano