Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

IG510H - Axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos autónomos e as microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros (Liña Microcréditos).

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica
Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.


Datos da solicitude

Prazo de presentación: 28/07/2017 - 31/10/2017.

O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado no Igape iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2017, concedéndose as axudas de conformidade co artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. No caso de esgotamento do crédito, o Igape publicará a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape (www.igape.es), co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 31.4 da citada Lei de subvencións de Galicia.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación: póliza da operación financeira formalizada.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas. De conformidade co artigo 28 da Lei 39/2015, deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo interesado, para o que poderá requirirse a exhibición do documento orixinal.

Para achegar os documentos en formato electrónico, o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais e obter arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.

As persoas físicas, opcionalmente, poderán presentar copia simple da documentación presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, en copia simple. No formulario de solicitude inclúese unha declaración responsable da persoa que asina a solicitude de que as copias constitúen unha reprodución exacta dos orixinais, os cales lle poderán ser requiridos polo Igape.

  • Dentro dos dez días seguintes á presentación das solicitudes no Rexistro, o Igape comunicaralles aos solicitantes a data en que as solicitudes foron presentadas, o número de expediente asignado, o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do procedemento (3 meses desde a data da presentación da solicitude no Igape) e os efectos do silencio administrativo (negativo).
  • Se a solicitude non reúne os datos exixidos nestas bases, requirirase o solicitante para que no prazo de dez días hábiles desde o seguinte ao requirimento se emende a falta, con indicación de que, en caso contrario, se considerará o interesado desistido da solicitude, logo de resolución declarativa de tal circunstancia.

Nos casos en que o Igape o considere necesario e para os efectos da resolución da solicitude, solicitarase informe á consellería sectorial correspondente, en relación co cumprimento por parte dos proxectos da normativa específica que resulte aplicable.

  • Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Este modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo ao enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Cando as persoas interesadas sexan persoas físicas, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

  • De acordo coas características do programa de axuda, o procedemento de concesión tramitarase en concorrencia non competitiva. As solicitudes de axuda resolveranse por orde de entrada das solicitudes completas no Igape e ata esgotarse as dispoñibilidades orzamentarias aprobadas.
  • Forma e lugar de presentación das solicitudes:
    • a) Dentro do prazo establecido na convocatoria, para presentar unha solicitude de axuda, o interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo da empresa, do proxecto e da operación financeira a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

No suposto de que o beneficiario sexa unha persoa física e non teña capacidade técnica ou económica, ou que por outros motivos non teña garantido o acceso e a dispoñibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, poderá dirixirse ás oficinas centrais do Igape en Santiago de Compostela ou a calquera das súas oficinas territoriais para que lle presten asistencia e medios para cubrir o formulario electrónico, ou a través do número de teléfono 900 81 51 51. Tamén se poderá recibir asistencia na propia entidade de crédito colaboradora.

Unha vez cuberto o formulario na aplicación informática, obterase o formulario normalizado de solicitude que se xunta como anexo I a estas bases a titulo informativo.

  • b) Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
  • c) A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de presentación da solicitude de xeito presencial, o Igape requirirá o solicitante para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:

  • 1º. Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.
  • 2º. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a Norma X.509 V3, válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG nº 239, do 10 de decembro). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.
  • 3º. A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.
  • 4º. Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
  • 5º. No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.
  • d) No caso de que o solicitante sexa unha persoa física, opcionalmente, poderá presentar a solicitude presencialmente no Rexistro Xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario de solicitude normalizado (anexo I).
  • e) Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es.

As entidades financeiras e SGR, se é o caso, poderán consultar a situación das solicitudes a través da extranet de entidades colaboradoras.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI da persoa solicitante ou representante.
  • b) NIF da entidade solicitante.
  • c) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela
Teléfono: 900815151 Fax: 981558844
Email: informa@igape.es

Publicar as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos dos autónomos e as microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 €, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.

As presentes bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas ao financiamento dos investimentos en Galicia por parte das microempresas.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nestas bases aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa, incluídos os autónomos. Para os ditos efectos, terá a consideración de microempresa a unidade económica con personalidade física ou xurídica.

Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda. Neste caso, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que vai aplicar cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos:

a) Que teña menos de 10 traballadores.

b) Que teña unha cifra de negocios anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros.

c) Que cumpra o criterio de independencia.

AUTONÓMICA

Resolución do 14 de xullo de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos autónomos e as microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros, instrumentadas mediante convenio de colaboración coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (liña microempresas) (DOG nº 142 do 27 de xullo de 2017).

Anexos asociados

Aberto o prazo de presentación! (28/07/2017 - 31/10/2017)

Tramitación en liña

Iniciar presentación
Vostede está a piques de abandonar a sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderá tramitar o procedemento na nova ventá que se abrirá ao pulsar o botón Continuar.
 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional