Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IG420A - Cualificación de axentes comerciais mediadores no exterior para o apoio á internacionalización da empresa galega.
Cualificación de axente comercial mediador no exterior para a prospección de mercados e apoio á internacionalización da empresa galega. Estes axentes deben ser expertos en comercio exterior, canles de distribución e servizos á internacionalización, con gran coñecemento do mercado do país para o que soliciten a cualificación e poden obter a cualificación para varios países.
Persoas xurídicas con plena capacidade de obrar que acrediten o cumprimento dos requisitos establecidos e superen unha determinada puntuación na avaliación dos criterios, segundo o baremo que se relaciona no apartado 5.
Para cada país ao que opten:
- Suficiente e acreditada experiencia como profesional en comercio exterior.
- Infraestrutura permanente, medios persoais e materiais suficientes, e grao de implantación adecuado, para o desenvolvemento das funcións obxecto destas bases.
- Nivel alto de idioma español ou, no seu defecto, dominio do inglés; e, en todo caso, dominio do idioma do país para o que se solicite a cualificación.
- Solvencia económica en relación aos servizos a prestar obxecto destas bases.
- Non estar incurso en ningunha das prohibicións do artigo 20 do Real Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica – Igape
Área de Internacionalización
Complexo Admtvo. San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Fax: 981541114
Área de Internacionalización
Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).
Resolución do 2 de novembro de 2004 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, que aproba as bases reguladoras para a cualificación de axentes comerciais mediadores no exterior para o apoio á internacionalización da empresa galega (DOG nº 223, do 16 de novembro de 2004).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
-
Solicitude segundo o Anexo I.
-
Documentación acreditativa da capacidade de obrar do solicitante:
-
a) En función da natureza e nacionalidade do solicitante:
-
No caso de persoas xurídicas solicitantes españolas, copia do NIF, só no caso de non autorizar a súa consulta.
-
No caso de persoas xurídicas solicitantes españolas: escritura de constitución ou modificación, se e o caso, inscrita no Rexistro Mercantil cando este requisito fose exixible conforme a lexislación aplicable. Se non o fose, escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, en que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se e o caso, no correspondente rexistro oficial.
-
-
-
No caso de persoas solicitantes de países membros da UE ou signatarios do acordo sobre o espazo económico europeo: acreditación de inscrición nos rexistros indicados no anexo I do Real Decreto 1098/2001.
-
No caso de persoas solicitantes de países terceiros non-membros da UE: informe expedido pola Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España do lugar do domicilio do solicitante, na que se faga constar, logo de acreditación polo solicitante, que figura inscrito no rexistro local profesional, comercial ou análogo ou, no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades obxecto desta clasificación.
-
b) Poder bastante a favor do asinante da solicitude de cualificación, inscrito no rexistro oficial que corresponda.
-
Documentación acreditativa da solvencia tecnica e económica do solicitante:
-
a) Relación dos principais traballos realizados en materia de comercio exterior no país/es aos que se opta e, se e o caso, dos sectores e/ou gama de produtos aos que opta, detallando importes globais, datas e beneficiarios.
-
b) Relación de medios materiais e humanos de que dispón a empresa.
-
c) Relación de medios materiais e humanos a destinar ás actividades obxecto destas bases, especificando currículo vitae dos medios humanos, e xustificación da súa titulación academica, de idiomas, etc.
-
d) Canles de comercialización ou gama de produtos en que está máis introducido o solicitante.
-
e) Estados financeiros dos dous últimos exercicios e informe da institución financeira acreditativo da solvencia económica.
-
f) Calquera outro aspecto que o solicitante considere de interese.
-
-
Oferta tecnica e económica segundo o modelo previsto no Anexo II (cubrirase no formulario de solicitude para cada país ao que se opte os servizos que oferta o axente con prazos e prezos).
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Selección, en réxime de concorrencia competitiva, das entidades colaboradoras que participarán na xestión de subvencións para servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas (programa Re-acciona), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.
Axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Adhesión como entidade colaboradora ao convenio para a xestión das axudas FOEXGA, susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.
Axudas FOEXGA, susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.