Guía de procedementos e servizos

IG408C

Axudas ao investimento para infraestruturas locais (programa centros de fabricacion avanzada), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 09/01/2020 00:00 - 09/03/2020 23:59

Consellería de Economía e Industria

O obxecto das axudas reguladas nestas bases é o de apoiar a posta en marcha de proxectos de infraestruturas locais de uso compartido que teñan como finalidade o desenvolvemento do contorno das empresas e dos consumidores, e a modernización e o desenvolvemento da base industrial, co fin de mellorar a súa competitividade.

Estas axudas ampáranse no artigo 56 do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado CE (en diante, Regulamento (UE) nº 651/2014).

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, que adopten a forma xurídica de sociedade limitada ou sociedade anónima e se constitúan especificamente para a explotación da infraestrutura proposta, sen posibilidade de executar actividades non relacionadas con ela.

Obrigas dos beneficiarios

Son obrigas dos beneficiarios:

a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido na resolución de concesión e manter os investimentos vinculados ao servizo prestado pola infraestrutura, no centro de traballo en Galicia, durante o período dos tres anos seguintes ao pagamento final ao beneficiario. O investimento subvencionado poderá ser substituído dentro deste período, no caso de obsolescencia ou avaría, sempre e cando a infraestrutura se manteña en funcionamento en Galicia durante o período mencionado. No caso de reforma en inmobles arrendados, deberá manterse o arrendamento como mínimo durante o período mencionado.

b) Subscribir e manter activas, durante o período de mantemento dos investimentos, pólizas de seguro e/ou garantías do fabricante dos equipamentos que permitan a reposición dos activos subvencionados en caso de sinistro ou avaría. A prima do seguro deberá dedicarse integramente, en caso de sinistro, á dita reposición.

c) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e das condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

d) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas; ás comprobacións e verificacións que realizará o organismo intermedio, a autoridade de xestión ou a autoridade de certificación e, se é o caso, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e o aboamento dos gastos e investimentos subvencionables, coa finalidade de garantir o exercicio adecuado das facultades de comprobación e control durante, polo menos, un período de 3 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación ou, no caso de operacións cun gasto subvencionable igual ou superior a 1.000.000 de €, de 2 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída. O Igape informará os beneficiarios da data a partir da cal se iniciará o cómputo do prazo.

e) Comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien os investimentos subvencionados, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere o importe establecido no artigo 6 destas bases.

f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os investimentos financiados con fondos Feder.

g) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Feder segundo o establecido no anexo IV a estas bases.

h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, no caso de superar os límites de beneficios no período previsto no plan de viabilidade establecido no artigo 6.4 destas bases ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007.

i) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

j) No caso de proxectos seleccionados por aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade, deberá manterse implantado o dito plan durante o período de mantemento dos investimentos.

k) Todo o anterior sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Complexo Administrativo San Lázaro s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Email: informa@igape.es

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Prazo de presentación: PECHADO

09/01/2020 00:00 - 09/03/2020 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

a) Que proxecten levar a cabo un investimento nunha infraestrutura subvencionable.

b) Que acheguen para o proxecto de infraestrutura unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 20 % dos investimentos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

c) Que conten cun mínimo de tres socios e que polo menos tres socios teñan unha participación superior ou igual ao 10 %. Se algún dos socios empresariais non é unha peme, a súa participación deberá ser inferior ao 25 %.

d) Que conten con acordos societarios elevados a públicos que aseguren o cumprimento destas condicións no caso de transmisión da propiedade durante o período de mantemento do investimento definido no artigo 15.a) destas bases.

e) Que teñan sede social en Galicia.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas pertencentes ao sector da pesca e a acuicultura, segundo o artigo 1.3.a) do Regulamento (UE) nº 651/2014.

b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

c) As empresas en crise, de acordo coa definición establecida no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014. As empresas solicitantes deberán cubrir no formulario electrónico de solicitude unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

d) As empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei.

3. O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do referido Regulamento (UE) nº 651/2014, e que non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no número 18 do artigo 2, do mesmo texto normativo, para considerar unha empresa en crise.

4. Co fin de facilitar o acceso á axuda, permitirase que esta poida constituírse tras a presentación da solicitude de axuda, antes da resolución de concesión, tal e como se describe no artigo 7.

Presentación das solicitudes:

A solicitude poderá presentala a peme de xeito individual ou ben formar, previamente á presentación da solicitude, unha agrupación de persoas físicas e/ou xurídicas, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, que se comprometan a constituír a sociedade que finalmente será a beneficiaria. Ben que se permite que solicite a axuda esta agrupación, a condición de beneficiario enténdese referida á sociedade que debe constituírse antes da resolución definitiva da axuda, a cal establecerá como beneficiaria a sociedade e non a agrupación nin os seus membros.

No caso de optar por formar unha agrupación, deberanse facer constar expresamente nun documento ante notario os compromisos de constitución da nova sociedade e de achega económica a esta por parte de cada un dos membros da agrupación. En calquera caso, nomearase un representante único da agrupación (en diante, o líder), que presentará a solicitude de axuda en nome da agrupación e será o único interlocutor coa Administración ata o momento en que o Igape resolva o cambio de titularidade da axuda á nova sociedade.

O documento contractual de regulación da agrupación deberá recoller, como mínimo, o seguinte:

a) Identificación de cada un dos seus membros: razón social, NIF e nome e DNI do representante legal.

b) Acordo de representación da agrupación e elección do seu representante ante a Administración para os efectos de interlocución con ela.

c) Recoñecemento dos compromisos asumidos por cada un dos membros da agrupación en canto á constitución da empresa no prazo sinalado e a súa achega económica.

d) Acordos de confidencialidade.

e) Xestión da agrupación e plan de continxencias ante posibles dificultades.

f) Sinatura de todos os membros.

A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007.

2. Para presentar a solicitude, a persoa representante da peme individual ou o líder da agrupación deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal, a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que corresponderá univocamente á solicitude de axuda.

No devandito formulario, a persoa representante da peme individual deberá realizar as seguintes declaracións relativas á entidade solicitante:

a) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando proceda.

c) Que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

d) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda.

e) Que cumpre os criterios da definición de peme establecidos pola Comisión Europea no Regulamento (UE) nº 651/2014.

f) Que non iniciou os investimentos e que non existe acordo irrevogable para realizar o proxecto.

g) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os investimentos financiados con fondos Feder.

h) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e do aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación, ou dous anos no caso de operacións cun investimento subvencionable igual ou superior a 1.000.000 de €, a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída (art. 125.4.d) e 140.1 do Regulamento (UE) nº 1303/2013).

i) Que terá unha permanencia mínima ininterrompida na actividade e manterá as infraestruturas e os equipamentos subvencionados destinados ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención durante o período de mantemento dos investimentos definido no artigo 15.a) destas bases.

j) Se é o caso, que ten implantado un plan de igualdade.

k) Que os provedores non están asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendendo esta vinculación nos termos especificados no artigo 43.2 do Decreto 11/2009.

3. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal, se darán por desistidos da súa petición, logo da resolución de arquivamento.

Considérase que todos os solicitantes, ao exerceren unha actividade económica, dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento e, ademais, deben declarar a súa capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto, polo que queda acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade aos medios electrónicos necesarios.

No caso de presentala de xeito presencial, o Igape requirirá o solicitante para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) A Oficina Virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado en formato PDF para ser anexado.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.

4. A solicitude deberá presentarse xunto coa seguinte documentación complementaria:

a) No caso de que presente a solicitude o líder da agrupación:

1º. Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da sociedade que se vai constituír.

2º. Proxecto de estatutos da sociedade que se vai constituír.

3º. Documento de constitución da agrupación.

b) Memoria descritiva do proxecto e do investimento proxectado, que se cubrirá no propio formulario electrónico de solicitude, no formato proposto pola aplicación.

c) Se é o caso, memoria dos activos que se achegan á sociedade para o funcionamento da infraestrutura valorados por experto independente, indicando para cada elemento a data de adquisición ou incorporación, o valor ou custo de adquisición e o importe da amortización acumulada na data de incorporación á sociedade.

d) As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, debe solicitar o interesado, de acordo co establecido no artigo 5.7 destas bases, para os investimentos do proxecto de infraestrutura.

e) No caso de investimento en obra civil, deberán achegar os seguintes planos:

1º. Esbozo de localización dentro do termo municipal.

2º. Plano xeral acoutado das instalacións, no cal se diferencie a situación inicial da posterior ao investimento.

3º. Planos de distribución en planta, nos cales se aprecien os espazos da nova construción e a instalación dos novos bens de equipamento.

f) No caso de reforma en inmobles arrendados, ademais da documentación da letra e), o solicitante deberá presentar o contrato de arrendamento do inmoble, cunha duración mínima de 5 anos contados desde a data prevista de posta en marcha da infraestrutura.

g) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil ou as inscritas que se opoñan expresamente a que o Igape consulte estes datos.

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, o Igape poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

5. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude: todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Relativos á peme individual:

DNI ou NIE da persoa representante.

Documentación depositada no Rexistro Mercantil segundo o artigo 7.4 destas bases.

NIF.

NIF da entidade representante.

Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE).

Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

Consulta de concesións doutras subvencións e axudas.

Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

b) Relativos á nova sociedade creada:

DNI ou NIE da persoa representante.

Documentación depositada no Rexistro Mercantil segundo o artigo 7.4 destas bases.

NIF.

NIF da entidade representante.

Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE).

Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

Consulta de concesións doutras subvencións e axudas.

Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) ou no formulario de declaración de constitución da nova sociedade (anexo III) e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 16 de decembro de 2019 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa de centros de fabricación avanzada), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 4 do 8 de xaneiro de 2020).

    • Extracto da Resolución do 16 de decembro de 2019 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa de centros de fabricación avanzada), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 4 do 8 de xaneiro de 2020).

    • Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

    • Corrección de erros. Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).

    • Resolución do 27 de outubro de 2020 pola que se dá publicidade da resolución de concesión das axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa de centros de fabricación avanzada), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 226 do 9 de novembro de 2020).

    • Resolución do 11 de agosto de 2021 pola que se amplía o prazo máximo de execución dos proxectos establecido na Resolución do 16 de decembro de 2019 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa de centros de fabricación avanzada), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 160 do 20 de agosto de 2021).

    • Resolución do 19 de outubro de 2021 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o terceiro e cuarto trimestres de 2020 (DOG nº 210 do 2 de novembro de 2021).

Outros procedementos relacionados

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00