Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IG401C
Axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa Dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
Conceder axudas ás pemes destinatarias dos seguintes servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa dixital por parte da Amtega e Industria 4.0 por parte do Igape, para a súa realización en empresas galegas, dentro do Programa Re-accionaTIC, integrados nas seguintes categorías:
Empresa dixital:
1º. Servizo de diagnóstico para a aplicación de solucións dixitais na empresa.
2º. Servizo de soporte para a adopción e despregamento de solucións en mobilidade.
3º. Servizo de asistencia para a adopción de solucións dixitais innovadoras para a mellora da xestión empresarial.
4º. Servizo de acompañamento na definición e posta en marcha de estratexias de marketing dixital.
Industria 4.0:
1º. Servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0.
2º. Servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións Industria 4.0.
3º. Servizo de xeración de modelos e simulación industrial.
As axudas configúranse como axudas en especie, da disposición adicional terceira da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A dita axuda confórmase como a diferenza entre o custo aboado polo Igape pola prestación do servizo e o importe exixido ás pemes beneficiarias en concepto de cofinanciamento.
As pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia e cumprir a definición de peme. Para esta definición utilizarase a establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).
Son obrigas dos beneficiarios:
a) Executar o proxecto de mellora, no cal poderán participar en todo momento técnicos do Igape ou, se for o caso, da Amtega.
b) Ingresar antes da execución do servizo, mediante o procedemento establecido no artigo 3, o importe do cofinanciamento privado, que non será reintegrado unha vez comezada a execución do servizo, salvo casos de forza maior debidamente xustificados.
c) Colaborar co Igape e a Amtega nas actividades divulgativas do programa Re-AccionaTIC: xeración de casos de éxito, material promocional, participación en presentacións, reportaxes audiovisuais, visitas demostrativas e calquera outra similar. O compromiso máximo exixido será o dunha xornada laboral dalgunha das persoas implicadas na prestación de servizo.
d) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape ou, se for o caso, a Amtega, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Consello.
e) Proceder ao reintegro da axuda recibida, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) No caso de non ser quen de realizar o proxecto de mellora, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.
g) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza.
h) Facilitar ao Igape, á Amtega ou ás entidades que colaboren con eles a recollida de indicadores de resultado cuantitativos e cualitativos tras a execución do servizo, e nun prazo de entre seis e quince meses despois da súa finalización.
En particular, o beneficiario debe recoller o indicador relativo ao aumento do emprego nas empresas subvencionadas. Para o cálculo deste indicador, terase en conta a media de empregos existentes na empresa nos 12 meses anteriores ao comezo do servizo e a media de empregos que existen na empresa 12 meses despois da finalización do servizo (a unidade de medida corresponde ao emprego equivalente a tempo completo: Σ (horas totais ao ano que supoñen os empregos existentes ou previstos) / 1.826 (horas/ano).
i) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
j) As pemes beneficiarias están obrigadas a subministrar toda a información necesaria para que o Igape ou, se for o caso, a Amtega poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.
k) O beneficiario acepta que os datos resultantes da execución do servizo, unha vez desvinculados dos datos identificativos da súa empresa, pasarán a formar parte dunha base de datos para a súa explotación multicriterio con fins estatísticos, de deseño de políticas públicas e de difusión de situacións empresariais.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Fax: 981558844
Email: informa@igape.es
Prazo de presentación: PECHADO
06/03/2017 00:00 - 31/05/2017 23:59
Convocatoria 2016-1: comeza o 31.10.2016 e remata o 30.11.2016./Convocatoria 2016-2: comeza o 5.12.2016 e remata o 10.1.2017/Convocatoria 2017-1: comeza o 13.1.2017 e remata o 28.2.2017/Convocatoria 2017-2: comeza o 6.3.2017 e remata o 31.5.2017.
Non poderán ter a condición de beneficiarios:
a) Entidades ou empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).
b) Entidades ou empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento xeral de exención (Regulamento UE nº 651/2014).
c) Entidades ou empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Os prazos de presentación de solicitudes serán os especificados na convocatoria, co obxectivo de organizar coa mellor eficacia posible a formación grupal, e tramitar o procedemento como bloques de solicitudes aos cales se aplicarán os criterios de selección que a seguir se indican.
Os períodos de admisión de solicitudes anunciaranse na páxina web do Igape (http://www.igape.es/reacciona) e na súa oficina virtual (http://tramita.igape.es), e serán os especificados na convocatoria. Se se dá o caso de esgotamento dos servizos contratados ás empresas mediante licitación pública, publicarase tal circunstancia no DOG co fin de anular os prazos de presentación de solicitudes que resten por producirse.
Para presentar a solicitude, as pemes deberán cubrir previamente un formulario a traves da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).
Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Igape pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia tecnica, a traves do mencionado enderezo da internet ou do número de telefono 900 81 51 51. Desde este servizo poderá accederse á aplicación informática e cubrir o formulario e xerar o IDE identificativo, no caso de que o solicitante non dispoña dun acceso directo á internet. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude. O IDE estará composto de 40 caracteres alfanumericos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractación SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación informática citada anteriormente.
As solicitudes presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo. No formulario será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanumericos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas e concederase aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda, transcorrido o cal se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.
Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario de solicitude normalizada co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Alternativamente, unha vez xerada a solicitude, tamen se poderá presentar en soporte papel no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario de solicitude normalizado (anexo I) co IDE.
Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da peme solicitante.
Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.
b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG núm. 239, do 10 de decembro). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.
c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.
d) Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
e) No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación electrónica, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.
f) Os interesados que cumpran os requisitos do punto b) anterior tamen poderán empregar a vía electrónica para a recepción de notificacións do Igape e para o envío de escritos ao órgano xestor da axuda. Para a recepción de notificacións será preceptivo que o solicitante teña indicado no formulario a súa preferencia polo emprego da notificación electrónica neste procedemento de axudas. Neste caso o solicitante deberá acceder á web do Igape na ligazón de tramitación electrónica, para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recibo das notificacións (xustificante de recepción telemático). Os efectos destas notificacións serán os establecidos na Lei 11/2007, do 22 de xuño (BOE núm. 150, do 23 de xuño).
Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante de recepción.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Prazo de resolución: 30 días hábiles desde o peche de cada período de admisión.
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución conxunta do 14 de outubro de 2016, do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pola que se dá publicidade ao acordo da Amtega e do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2016).
-
Resolución conxunta do 17 de febreiro de 2017, do Instituto Galego de Promoción Económica e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se modifica a distribución de servizos ofertados na Resolución conxunta do 14 de outubro de 2016, pola que se daba publicidade ao acordo que aprobaba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa Dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 45 do 6 de marzo de 2017).
-
Resolución do 19 de maio de 2017, conxunta do Instituto Galego de Promoción Económica e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se modifica a distribución de servizos ofertados na Resolución conxunta do 14 de outubro de 2016 pola que se dá publicidade ao acordo que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa Dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 103 do 1 de xuño de 2017).
-
Resolución do 2 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas durante o terceiro e cuarto trimestre de 2018 (DOG nº 179 do 20 de setembro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00
Axudas a proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 12/02/2025 09:00 - 30/09/2025 14:00
Préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia
Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 01/12/2025 14:00