Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF325G
Subvencións para a axuda aos servizos de transporte de viaxeiros (categoría 7).
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Concesión de axudas para os servizos de transporte de viaxeiros.
Serán destinatarios últimos das axudas, sempre que teñan a súa residencia fiscal en España, tanto as persoas xurídicas privadas incluídas na definición de peme de acordo co establecido no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, como as persoas físicas.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Mobilidade
Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544588
Email: axudasmodernizacion.mobilidade@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
29/04/2023 00:00 - 01/07/2024 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes de axudas, contarase a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e estará vixente ata o 30 de xuño de 2024.
a) Sexan titulares dalgunha das seguintes autorizacións en vigor na data da solicitude das axudas:
1.º Unha autorización de transporte público discrecional de viaxeiros en autobús, identificada coa clave VDE.
b) Na data da solicitude da axuda presten servizo público de transporte urbano en autobús e estiveran exentas da obtención dalgunha das autorizacións incluídas na letra a) do presente apartado.
1. Os destinatarios últimos que teñan a súa residencia fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia poderán presentar unha solicitude de subvención para cada unha das solucións de modernización solicitadas, dirixida á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
Cada destinatario último poderá elexir ata un máximo de dúas solucións de modernización de entre as establecidas como elixibles no Anexo I do Real decreto 902/2022, para o seu tamaño e tipo de actividade.
2. De acordo co disposto no artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, a solicitude e tramitación destes procedementos farase por medios exclusivamente electrónicos.
En consecuencia, para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentar unha solicitude axustada ao modelo normalizado que, figuran como Anexos I a IX a esta orde.
Deberán presentar o Anexo correspondente a cada unha das categorías de actuacións para as que solicite a axuda, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A presentación da solicitude supón a aceptación das bases reguladoras destas subvencións e das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiarias da axuda, así como a aceptación da subvención de ser persoa beneficiaria dela.
Ao ser válida unha única solicitude por persoa ou entidade, para cada unha das categorías de actuacións, no caso de que algunha persoa presentase unha nova solicitude para a mesma categoría de actuación entenderase que desiste da anterior, salvo que xa estivese resolta. No suposto de presentar unha nova solicitude para unha categoría de actuación diferente, das dúas presentadas con anterioridade, entenderase que desiste da primeira solicitude presentada.
3. Na solicitude de axuda incorporarase a información relativa ao destinatario último da axuda e ao seu representante, no seu caso, así como as declaracións responsables enumeradas no Anexo III do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro.
a) Outras subvencións solicitadas ou concedidas: a entidade deberá declarar se solicitou ou se lle concederon outras axudas para a/as actividade/es para a/as que se solicita subvención, con expresión do organismo concedente, ano, importe expresado en euros e disposición reguladora da axuda solicitada ou concedida. En caso contrario, a entidade deberá declarar que non se solicitou nin se concedeu ningunha outra axuda para a/as actividade/es para a/as que se solicita subvención. En especial, declarará se solicitou ou lle foi concedida axudas ao abeiro do Programa Kit Digital regulado na Orde ETD/1498/2021, do 29 de decembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para a dixitalización de pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego, no marco da Axenda España Dixital 2025, o Plan de Dixitalización PYMES 2021-2025 e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España- Financiado pola Unión Europea- Next Generation Eu, de acordo co establecido no artigo 21 do Real decreto 902/2022, do 25 de outubro.
Así mesmo, o destinatario último tamén declarará se está suxeito ao Regulamento (UE) n.º 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de mínimis e as axudas percibidas durante os dous últimos exercicios fiscais e o exercicio fiscal en curso.
b) Veracidade dos datos, inexistencia de causa que implique prohibición para ser beneficiario, estar ao corrente no pago das obrigas por reintegros de subvencións e, ao mesmo tempo, estar ao corrente no pago das obrigas tributarias estatais e autonómicas e fronte á Seguridade Social, e non ter pendente de pago ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Cumprimento de requisitos establecidos na normativa vixente e da dispoñibilidade da documentación que así o acredite no caso de que sexa requirida pola Administración, así como que a/as actuación/s para a/as que solicita subvención desenvólvense de maneira real e efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Que a empresa non se atopa en situación de crise, conforme á definición que para estes efectos se realiza no Regulamento UE 651/2014, do 17 de xuño de 2014.
e) Que a empresa non se atopa suxeita a unha orde de recuperación pendente sobre calquera axuda ou subvención que lles fose outorgada con anterioridade, ben por declararse axuda ilegal e incompatible co mercado interior, ben por calquera tipo de incumprimento das obrigas que lle viñesen atribuídas na concesión.
f) Declaración pola cal se compromete a conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que a Comisión Europea, a OLAF, o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e as autoridades nacionais competentes exerzan as súas competencias.
g) A aceptación da cesión de datos entre as administracións Públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea que é de aplicación e de conformidade coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garante dos dereitos dixitais.
h) Que a persoa física ou entidade solicitante asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de Xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.
i) Coñecemento das obrigas derivadas desta orde e demais normativa aplicable.
j) Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puiderna afectar ao ámbito obxecto de xestión.
Documentación complementaria.
1. Xunto con cada unha das solicitudes, os destinatarios últimos deberán presentar, como documentación complementaria común a todos os procedementos de subvencións regulados nesta orde, a documentación relacionada no Anexo III do Real decreto 902/2022.
2. O destinatario último deberá presentar Declaración responsable de ausencia de conflito de interese en relación coa execución das Actividades para as que solicita subvención, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, segundo o modelo que se recolle no Anexo X desta Orde.
3. O destinatario último e o Provedor de Solucións garantirán que todas as actuacións que se leven a cabo en cumprimento do presente programa respetan o principio de «non causar prexuízo significativo» (principio «Do not significant harm-DNSH»), no sentido establecido no punto 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia. Para iso deberán presentar asinada electronicamente a declaración responsable, colgado no seguinte enderezo electrónico do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico:https://www.miteco.gob.es/es/ministerio/recuperacion-transformacion-resiliencia/transicion-verde/cuestionariodnshmitecov20_tcm30-529213.pdf
No Anexo XIV desta Orde publícase este modelo, pero terán que presentar, en todo caso, o modelo que esté vixente na web do MITECO no momento de presentar a súa solicitude.
4. Certificado de alta no Censo de empresarios, profesionais, retedores ou certificado da situación censual, expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.
5. Copia da documentación que acredite a autorización da que é titular o destinatario último da axuda, salvo no caso de cargador/ descargador, expedidor/receptor ou de prestación do servizo público de transporte urbano en autobús.
6. Asemade, os destinatarios últimos deberán presentar, como documentación complementaria específica, os documentos sinalados a continuación:
a) Para as solicitudes dos Anexos I (IF325A), Anexo III (IF325C) e Anexo IV (IF325D):
1. Certificado do persoal medio de traballadores en situación de alta, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, por cada código de conta de cotización que teña dado de alta, nos últimos 12 meses anteriores á presentación da solicitude de axuda.
2. Documentación acreditativa da condición de autónomo colaborador e autónomo societario do solicitante, no seu caso.
b) Paras as solicitudes dos Anexos II (IF325B), Anexo V (IF325E), Anexo VI (IF325F), Anexo VII (IF325G), Anexo VIII (IF325H) e Anexo IX (IF325I), copia da documentación que acredite o número de vehículos dos que é titular o destinatario último da axuda.
c) Para as solicitudes dos Anexos V (IF325E), VI (IF325F), VII (IF325G) e IX (IF325I), de ser o caso, para acreditar que o destinatario último presta servizo público de transporte urbano en autobús e estivera exento da obtención dalgunha das autorización incluídas na letra a) do artigo 14.1: certificación expedida polo órgano competente da correspondente Entidade Local que acredite a prestación do servizo público de transporte urbano na data de solicitude da axuda.
d) Outra documentación adicional que o interesado considere conveniente.
7. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
8. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
9. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
10. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 17 de abril de 2023 pola que se convocan subvencións para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2023 e 2024 (DOG nº 82 do 28 de abril de 2023).
-
Extracto da Orde do 17 de abril de 2023 pola que se convocan subvencións para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2023 e 2024 (DOG nº 82 do 28 de abril de 2023).
-
Resolución do 6 de outubro de 2023 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de xuño ao 30 de setembro de 2023 ao abeiro da Orde do 17 de abril de 2023 pola que se convocan subvencións para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2023 e 2024 (DOG nº 198 do 18 de outubro de 2023).
-
Resolución do 12 de xaneiro de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de outubro ao 31 de decembro de 2023 ao abeiro da Orde do 17 de abril de 2023 pola que se convocan subvencións para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2023 e 2024 (DOG nº 16 do 23 de xaneiro de 2024).
-
Resolución do 4 de abril de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de xaneiro ao 31 de marzo de 2024 ao abeiro da Orde do 17 de abril de 2023 pola que se convocan subvencións para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada, na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF325A, IF325B, IF325C, IF325D, IF325E, IF325F, IF325G, IF325H, IF325I e IF325J) (DOG nº 75 do 16 de abril de 2024).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 902/2022, de 25 de outubro, polo que se aproba a concesión directa, as comunidades autónomas e a cidades de Ceuta e Melilla, de axudas para a modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por carretera e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por carretera, no maro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea- Next Generation EU (BOE nº 257 do 26 de outubro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.
Aberto todo o ano
Consulta previa de viabilidade dunha autorización.
Aberto todo o ano
Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.
Aberto todo o ano
Reversión de expropiación.
Aberto todo o ano