Guía de procedementos e servizos

IF320C

Modificación de datos identificativos no Rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Todas aquelas empresas inscritas no Rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo deberán poñer no seu coñecemento calquera cambio nos datos identificativos que constan neste.

Empresas navieiras que estean inscritas no rexistro como prestameiras de servizos de transporte marítimo regular en augas interiores de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Servizo de Ordenación do Transporte Regular de Viaxeiros

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544585/ 981544502

Fax: 981544351

Email: transportepublico@xunta.gal

Dirección Xeral de Mobilidade

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 6 de abril de 2021 e permanecerá aberto indefinidamente.

A empresa operadora deberá corrixir ou modificar os seus propios datos identificativos e de notificación, presentando así mesmo a oportuna comunicación.

  • Inscrición no rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo. ( 30.47.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo III

  • Documento xustificativo de ter aboada a taxa.

  • Acreditación da representación, no seu caso.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • NIF da entidade declarante ou representante.

  • DNI/NIE da persoa comunicante ou representante.

Información de taxas.

Este procedemento está suxeito ao pago dunha taxa. A continuación móstrase a listaxe de taxas aplicables:

Modificación de datos identificativos no rexistro de empresas operadoras do transporte marítimo. (Código taxa: 30.47.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 2/2008, do 6 de maio, pola que se desenvolve a libre prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia (DOG nº 90 do 12 de maio de 2008).

    • Decreto 228/2008, do 2 de outubro, sobre a prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia (DOG nº 202 do 17 de outubro de 2008).

    • Decreto 44/2021, do 28 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 228/2008, do 2 de outubro, sobre a prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia (DOG nº 51 do 16 de marzo de 2021).

    • Orde do 4 de marzo de 2021 pola que se establecen os formularios normalizados para a inscrición e as súas modificacións no Rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo (DOG nº 51 do 16 de marzo de 2021).

Outros procedementos relacionados

IF301S

Autorización para a prestación de servizos regulares permanentes de viaxeiros por estrada mediante a utilización dun mesmo vehículo (solapamento).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF302A

Concentración de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF302B

Transmisión de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF302C

Adscrición de vehículos a contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.

Aberto todo o ano