Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF303A
Axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi ECO.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
1. O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas a persoas titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi do tipo eco.
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2022 (código de procedemento IF303A). En concreto, poderán ser obxecto de subvención os vehículos novos que se adquiran entre o 1 de outubro de 2021 e a data establecida nesta orde para xustificar a axuda (31 de outubro de 2022). Porén, esta data límite do 31 de outubro para xustificar só será de aplicación a aqueles interesados que reciban a notificación de concesión con posterioridade ao 31 de agosto do 2022, de conformidade co artigo 18.1 desta orde.
3. O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia non competitiva, de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Actuacións subvencionables.
1. Con cargo a esta orde será subvencionable a adquisición de novos vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), que reúnan as seguintes condicións:
a) Deben estar adaptados para o seu uso por persoas con mobilidade reducida. Para estes efectos, os vehículos deberán reunir as condicións previstas no Real decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan os requisitos básicos de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade.
b) Os vehículos deberán ser adquiridos, dentro dos prazos fixados na Orde.
c) En ningún caso se admitirán como subvencionables os vehículos de segunda man, nin os adquiridos a través dun contrato de renting.
2. Tamén serán subvencionables con cargo a esta orde os novos vehículos taxi de tipo cero emisións e eco, que reúnan as seguintes condicións:
a) Deberán estar clasificados oficialmente nestas categorías pola Dirección Xeral de Tráfico de acordo co disposto na Orde PCI/810/2018, do 27 de xullo, pola que se modifican os anexos II, XI e XVIII do Regulamento xeral de vehículos, aprobado polo Real decreto 2822/1998, do 23 de decembro.
b) Os vehículos deberán ser adquiridos, dentro dos prazos fixados na Orde.
c) En ningún caso se admitirán como subvencionables os vehículos de segunda man, pois o solicitante terá que ser o seu titular na súa primeira matriculación, nin os adquiridos a través dun contrato de renting.
Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de mobilidade competentes.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Mobilidade
Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte
Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte
San Caetano, s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981995053/ 881995077
Email: formacion.transportes@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
29/12/2021 00:00 - 14/10/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 14 de outubro de 2022, de acordo coas seguintes previsións:
1. As solicitudes presentadas desde a data de inicio do prazo e durante os dous primeiros meses de presentación de solicitudes serán valoradas dentro de cada liña por orde de entrada, ata o momento do esgotamento do crédito asignado inicialmente a cada unha das liñas, de producirse este antes da finalización do dito prazo.
Se o crédito dispoñible se esgotase antes desa data, anunciarase esta circunstancia a través da páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, na epígrafe de Mobilidade, de acordo co establecido no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En tal caso, as solicitudes que se reciban despois do esgotamento do crédito quedarán en reserva, e poderán, se é o caso, ser subvencionadas ben co crédito que quede libre de se producir algunha renuncia por parte das persoas beneficiarias ou ben co incremento do crédito orzamentario destinado a estas axudas, sen prexuízo do disposto na alínea seguinte para o posible crédito sobrante nas outras liñas de axudas establecidas nesta orde.
2. Transcorridos os dous primeiros meses, desde o inicio do prazo de presentación de solicitudes, o crédito resultante no conxunto das tres liñas unificarase e continuarán valorándose as solicitudes, para calquera das tres liñas, atendendo exclusivamente á orde de entrada, para o cal deberanse ter en conta tanto as solicitudes presentadas dentro do prazo anterior e que non puideron ser atendidas por insuficiencia do crédito inicial para esa liña como aquelas que se presenten posteriormente e ata finalización do prazo o 14 de outubro de 2022.
Se o novo crédito resultante dispoñible se esgota antes desa data, anunciarase esta circunstancia na mesma forma establecida na alínea anterior e, en tal caso, as solicitudes que se reciban despois do esgotamento do crédito e ata o 14 de outubro de 2022 quedarán en reserva, e poderán, se é o caso, ser subvencionadas, ben co crédito que quede libre de se producir algunha renuncia por parte das persoas beneficiarias ou ben co incremento do crédito orzamentario destinado a estas axudas.
a) Terán que estar domiciliadas en Galicia.
b) Deberán estar vixentes no momento da presentación da solicitude.
c) Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións das cales sexa titular a persoa solicitante, agás no suposto de que para a mesma autorización a persoa interesada acadase a condición de beneficiario/a con base en convocatorias anteriores de axudas efectuadas pola Xunta de Galicia para esta mesma finalidade.
Solicitudes.
1. Ao abeiro do disposto no artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, a solicitude e tramitación deste procedemento farase por medios exclusivamente electrónicos, ao ser autónomos as persoas destinatarias.
En consecuencia, para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que, a título exclusivamente informativo, figura como anexo I a esta orde, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), co código IF303A.
A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación do réxime contido nesta orde.
A solicitude irá acompañada ademais da documentación a que se fai referencia no artigo 6 que, necesariamente, deberá anexarse en formato electrónico. Para isto, no proceso de presentación electrónica permitirase anexar á solicitude os arquivos informáticos necesarios (en formato pdf, odt, ods, doc, xls, docx, xlsx, jpg, png, tiff e bmp).
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. Na solicitude de axuda incorporarase unha declaración responsable referente aos seguintes aspectos:
a) Axudas solicitadas e/ou concedidas por outras administracións públicas para o mesmo proxecto, con indicación das contías ou, de ser o caso, indicación de que non recibiu ningunha.
b) Axudas de minimis recibidas durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso suxeitas ao Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, ou a outros regulamentos de minimis (artigo 6.1 do Regulamento de minimis).
c) Cumprimento dos requisitos necesarios para acollerse ás axudas reguladas nestas bases, así como das obrigas e compromisos que nelas se establecen.
d) Autenticidade dos datos facilitados.
e) Compromiso de facilitar a documentación complementaria que se poida requirir, así como de permitir as comprobacións e inspeccións que para o efecto esta Administración considere oportunas e realice tanto mediante os seus propios medios como mediante a colaboración de servizos externos.
f) Non estar incurso en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
g) Autenticidade e coincidencia cos orixinais da documentación anexada coa solicitude, e posta á disposición da Administración dos ditos orixinais en caso de que se lle requira.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
1.1. Para as solicitudes de axudas de taxi adaptado (Eurotaxi)
a) Copia da factura pro forma, que deberá incluír os seguintes datos:
– Data de emisión.
– Identificación do provedor: nome comercial, NIF, dirección.
– Identificación do comprador: nome comercial, NIF, dirección.
– Descrición da operación: concepto, orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir.
– Base impoñible.
– Cota do IVE.
– Prezo total.
– Tipo de adaptación que se vai realizar no vehículo.
No caso de realizar algún cambio posterior, en relación cos datos que figuran na factura pro forma, será o vehículo finalmente adquirido o que terá que cumprir os requisitos exixidos na Orde para poder ter dereito ás axudas.
b) No caso de actuar por medio de representante, debe achegarse a documentación acreditativa da representación.
c) No caso de que o vehículo sexa adquirido con antelación á publicación desta orde, poderá achegar simultaneamente coa solicitude a factura de compra do vehículo subvencionado e o xustificante de ter pagado polo menos 10.000 euros para esta finalidade mediante unha ou varias transferencias bancarias, domiciliación bancaria da débeda, cheque bancario nominativo, tarxeta de crédito/débito, pagamento das cotas do préstamo no caso de financiamento da compra ou o método de pagamento electrónico empregado (PayPal, Google Pay, Apple Pay,...), sempre que quede constancia do pagamento realizado e dos suxeitos participantes na transacción.
1.2. Para as solicitudes de axudas de taxi de cero emisións e eco:
a) Copia da factura pro forma e orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir.
– Data de emisión.
– Identificación do provedor: nome comercial, NIF, dirección.
– Identificación do destinatario: nome comercial, NIF, dirección.
– Descrición da operación: concepto, orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir.
– Base impoñible.
– Cota do IVE.
– Prezo total.
No caso de realizar algún cambio posterior, en relación cos datos que figuran na factura pro forma, será o vehículo finalmente adquirido o que terá que cumprir os requisitos exixidos na Orde para poder ter dereito ás axudas.
b) No caso de actuar por medio de representante, debe achegarse a documentación acreditativa da representación.
c) No caso de que o vehículo sexa adquirido con antelación á publicación desta orde, poderá achegar simultaneamente coa solicitude a factura de compra do vehículo subvencionado e o xustificante de ter pagado polo menos 6.000 euros para esta finalidade, no caso de vehículos de cero emisións, e 4.000 euros para esta finalidade, no caso de vehículos eco mediante unha ou varias transferencias bancarias, domiciliación bancaria da débeda, cheque bancario nominativo, tarxeta de crédito/débito, pagamento das cotas do préstamo no caso de financiamento da compra ou o método de pagamento electrónico empregado (Paypal, Google Pay, Apple Pay...), sempre que quede constancia do pagamento realizado e dos suxeitos participantes na transacción. Neste caso, para os efectos de acreditar a correspondente categoría de clasificación do vehículo, presentarase tamén algún dos seguintes documentos, con carácter alternativo:
– Copia do distintivo oficial da Dirección Xeral de Tráfico onde figure a clasificación do vehículo en función da súa eficiencia enerxética, tendo en conta o impacto ambiental.
– Certificación expedida por concesionario oficial acreditativa da clasificación do vehículo en función da súa eficiencia enerxética, tendo en conta o impacto ambiental.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/axuda/necesita-axuda/axuda-tecnica/requisitos).
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE en vigor da persoa solicitante.
b) DNI/NIE en vigor da persoa representante, de ser o caso.
c) Certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS).
d) Certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
e) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
f) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
g) Consulta de concesións pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación desta solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 15 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco e se convocan para o exercicio 2022 (tramitación anticipada) (DOG nº 248 do 28 de decembro de 2021).
-
Extracto da Orde do 15 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco e se convocan para o exercicio 2022 (tramitación anticipada) (DOG nº 248 do 28 de decembro de 2021).
-
Corrección de erros. Orde do 15 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco e se convocan para o exercicio 2022 (tramitación anticipada) (DOG nº 35 do 21 de febreiro de 2022).
-
Orde do 6 de xullo de 2022 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 15 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco, e se convocan para o exercicio 2022, mediante tramitación anticipada (DOG nº 137 do 19 de xullo de 2022).
-
Resolución do 10 de xaneiro de 2023 pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 15 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco, e se convocan para o exercicio 2022, mediante tramitación anticipada (DOG nº 13 do 19 de xaneiro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais
Aberto todo o ano
Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.
Aberto todo o ano