Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
FA100A
Axudas polos danos persoais causados polos incendios de outubro de 2017.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Facenda e Administración Pública
Convócanse axudas en réxime de concorrencia non competitiva polos danos persoais que teñan a súa causa nos incendios que se produciron en Galicia en outubro de 2017.
Estas bases teñen por obxecto regular o outorgamento de axudas polos danos persoais causados polos incendios que se produciron en Galicia en outubro de 2017, sempre que, como resultado das investigacións iniciadas, se determine a existencia de intencionalidade, e que se relacionan de seguido:
a) Falecemento.
b) Incapacidade permanente absoluta.
c) Lesións que motiven a hospitalización da persoa ferida.
Serán beneficiarias directas destas axudas as persoas afectadas pola incapacidade permanente absoluta ou lesións que causasen a hospitalización.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544121
Prazo de presentación: PECHADO
31/10/2017 00:00 - 30/11/2017 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes de axuda será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último do mes.
Serán beneficiarios destas axudas a título de vítimas indirectas, no caso de morte e con referencia sempre á data desta, as persoas que reúnan as condicións que se indican a continuación:
a) O cónxuxe da persoa falecida, se non estivese separado legalmente, ou a persoa que viñera convivindo coa persoa falecida de forma permanente, con análoga relación de afectividade á de cónxuxe, durante, polo menos, os dous anos anteriores ao momento do falecemento, salvo que tivesen descendencia; neste caso abondará a mera convivencia.
b) Os fillos menores de idade dos falecidos ou das outras persoas a que se refire a alínea anterior.
c) Os fillos maiores de idade se sufrisen un prexuízo económico-patrimonial relevante, debidamente acreditado, en relación coa súa situación económica anterior ao falecemento.
d) Na falta das persoas mencionadas anteriormente, serán beneficiarios os pais da persoa falecida.
e) Na falta das persoas mencionadas nas alíneas a), b), c) e d), serán beneficiarios os irmáns da persoa falecida, se acreditan dependencia económica daquela.
Solicitude segundo o Anexo I.
Memoria relativa aos danos personais causados.
Xustificación adecuada dos danos persoais e a súa relación de causalidade co incendio.
Xustificación do parentesco e do seu dereito, se é beneficiario indirecto.
Xustificante dos gastos e calesquera outros datos de feito invocados.
Documentación acreditativa da representación no seu caso.
Comprobación de datos:
DNI ou NIE da persoa solicitante.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. As persoas interesadas que non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poden presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Dez días a partir da data en que se dite a resolución. En todo caso, o prazo para resolver e notificar rematará o día 11 de decembro de 2017.
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017 (DOG nº 200 do 20 de outubro de 2017).
-
Orde conxunta do 27 de outubro de 2017 mediante a que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017 (DOG nº 206 do 30 de outubro de 2017).
-
Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade das solicitudes de axuda denegadas tramitadas ao abeiro da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017, mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, dentro das axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 77 do 23 de abril de 2019).
-
Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade das solicitudes de axuda denegadas tramitadas ao abeiro da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017, mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, dentro das axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 77 do 23 de abril de 2019).
-
Corrección de erros. Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade das solicitudes de axuda denegadas tramitadas ao abeiro da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017, mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, dentro das axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 82 do 30 de abril de 2019).
-
Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade da relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidos ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2018 (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais
Aberto todo o ano
Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.
Aberto todo o ano