Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED701B
Valoración previa á asignación das retribucións adicionais vinculadas ao labor docente e ao labor investigador.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Aprobar a convocatoria ordinaria e abrir o prazo de presentación de solicitudes para a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao complemento de recoñecemento ao labor investigador establecidos, respectivamente, no artigo 2.1 e 2.2, do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario.
1. De conformidade co disposto no artigo 1 do citado Decreto 55/2004, poderá solicitar esta valoración previa á asignación das retribucións adicionais sinaladas na base anterior o persoal docente e investigador funcionario e contratado doutor, tanto de carácter fixo como temporal, das universidades públicas que compoñen o Sistema universitario de Galicia (SUG).
2. Tendo en conta o carácter individual e consolidable destes complementos, non se admitirán a trámite as solicitudes dos solicitantes que xa fosen valoradas favorablemente en convocatorias anteriores.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)
Lamas de Abade, s/n - Edif. CIFP Compostela, 5º andar
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981534173
Fax: 981534174
Prazo de presentación: PECHADO
07/03/2019 00:00 - 04/04/2019 23:59
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co citado artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, os artigos 6.1 e 6.2 da mesma disposición, así como co disposto polos artigos 2 e 3 da Orde do 16 de abril de 2004, segundo a redacción dada pola Orde do 11 de abril de 2006, para obter a valoración positiva será necesario:
a) Para o complemento de recoñecemento ao labor docente:
1. Estar integrado no cadro de persoal docente, como funcionario ou como contratado doutor, de calquera das universidades públicas de Galicia.
2. Acreditar, polo menos, un ano de servizo na súa praza, feito en 31 de decembro de 2017 ou ben, entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2018.
3. Ter dedicación a tempo completo no exercicio da docencia.
4. Valoración positiva dos méritos en que se sustente a solicitude pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), de acordo co protocolo de avaliación aprobado para o efecto pola CGIACA na Orde do 16 de abril de 2004.
b) Para o complemento de recoñecemento ao labor investigador:
1. Estar integrado no cadro de persoal docente, como funcionario ou como contratado doutor, de calquera das universidades públicas de Galicia.
2. Acreditar, polo menos, un ano de servizo na súa praza, feito en 31 de decembro de 2017 ou ben, entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2018.
3. Ter presentado na universidade un traballo de investigación, que sendo xulgado por un tribunal avaliador, se lle teña outorgado o grao de doutor.
4. Valoración positiva dos méritos en que se sustente a solicitude polo consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), de acordo co protocolo de avaliación aprobado para o efecto pola CGIACA na Orde do 16 de abril de 2004.
Os solicitantes deberán cubrir telematicamente a solicitude (anexo I), común para ambos os complementos, e as memorias de autoavaliación (anexo II.A e II.B), nos modelos dispoñibles na aplicación informática da ACSUG á cal se deberá acceder a través da páxina web: http://www.acsug.es/convocatorias-abertas. Deberá indicarse cunha aspa para cal ou cales das retribucións adicionais se solicita a valoración.
No caso de que se solicite a valoración previa das dúas retribucións farase na mesma solicitude.
Unha vez cuberta a solicitude (anexo I) do xeito indicado no punto anterior, xerarase o correspondente documento PDF e presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude en formato papel requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal
Documentos necesarios para a tramitación do procedemento.
Xunto coa solicitude, as persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación:
Breve memoria de autoavaliación do labor docente que se presentará de acordo co modelo normalizado que se publica para o efecto como anexo II.A que poderá descargarse a través da plataforma informática da ACSUG (so cando se solicite o complemento de recoñecemento ao labor docente).
Breve memoria de autoavaliación do labor investigador que se presentará de acordo co modelo normalizado que se publica para o efecto como anexo II.B que poderá descargarse a través da plataforma informática da ACSUG (so cando se solicite o complemento de recoñecemento ao labor investigador).
Outros documentos que a persoa solicitante considere relevantes.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente datos en poder das administracións públicas.
a) DNI/NIE, da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Título oficial de doutoramento (só cando se solicite o complemento de recoñecemento ao labor investigador).
d) Estar integrado no cadro de persoal docente, como funcionario ou como contratado doutor, de calquera das universidades públicas de Galicia, e ter acreditado, polo menos, un ano de servizo na súa praza, feito en 31 de decembro de 2017 ou ben entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2018.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 16 de abril de 2004 pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración, e ao procedemento para solicitar os complementos de recoñecementos ao labor docente e ao labor investigador (DOG nº 81 do 28 de abril de 2004).
-
Resolución do 21 de febreiro de 2019 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao complemento de recoñecemento ao labor investigador e se abre o prazo para a presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria do ano 2018 (DOG nº 46 do 6 de marzo de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia
Aberto todo o ano
Inscrición, depósito documental e certificación da sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego do Protectorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Prazo pechado: 01/02/2023 00:00 - 03/03/2024 23:59
Bolsas de formación para proxectos de investigación no centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.
Prazo pechado: 06/06/2018 00:00 - 05/07/2018 23:59
Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia
Prazo pechado: 10/08/2024 00:00 - 04/10/2024 23:59