Guía de procedementos e servizos

ED701A

Avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de excelencia curricular docente e investigadora (convocatoria 2019)

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 13/02/2020 00:00 - 11/03/2020 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Aprobar a convocatoria ordinaria e abrir o prazo de presentación de solicitudes para a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora establecido no artigo 2.3 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario (código de procedemento administrativo ED701A).

De conformidade co disposto no artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, poderá solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais sinaladas na base anterior o persoal docente e investigador funcionario e contratado doutor, tanto de carácter fixo como temporal, das universidades públicas que compoñen o Sistema universitario de Galicia (SUG).

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

Lamas de Abade, s/n - Edif. CIFP Compostela, 5º andar

15702  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981534173

Fax: 981534174

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

Prazo de presentación: PECHADO

13/02/2020 00:00 - 11/03/2020 23:59

13/02/2020 - 11/03/2020

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co citado artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, co artigo 6.3 da mesma disposición, así como co disposto polo artigo 2.1 da Orde do 16 de outubro de 2006, pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración previa á asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión, para obter a valoración será necesario acreditar, antes do remate do prazo establecido para a presentación das solicitudes:

1. Estar integrado no cadro do persoal docente e investigador, como funcionario ou como contratado doutor, tanto de carácter fixo como de carácter temporal, de calquera das universidades públicas de Galicia.

Cando o persoal docente e investigador que, cumprindo todos os requisitos para a solicitude do complemento, se encontre en situación de servizos especiais ou comisión de servizos poderá presentar igualmente solicitude para a avaliación do período convocado. Non obstante, os efectos económicos resultantes da dita avaliación iniciaranse no momento da reincorporación ao seu posto na correspondente institución universitaria.

2. Ter polo menos un ano de servizos na súa praza, cumprido en 31 de decembro de 2018.

3. Ter recoñecidos dous quinquenios de docencia pola universidade, con efectos do 31 de decembro de 2018.

4. Ter recoñecido un sexenio de investigación pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNAAI), con efectos do 31 de decembro de 2018.

5. Valoración positiva dos méritos en que se sustente a solicitude pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, de acordo co protocolo de avaliación aprobado para o efecto pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación na Orde do 16 de outubro de 2006.

1. Os solicitantes deberán cubrir telematicamente a solicitude (anexo III) no modelo dispoñible na aplicación informática da ACSUG, á cal se deberá acceder a través da páxina web http://www.acsug.es/convocatorias-abertas. Non se valorarán os méritos que non fosen incorporados telematicamente a través da aplicación informática da ACSUG.

2. Unha vez cuberta a solicitude do xeito indicado no punto anterior, xerarase o correspondente documento PDF e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Se algunha das persoas interesadas presentase a súa solicitude en formato papel, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal.

Formalización e alegación dos méritos curriculares

A relación de méritos curriculares para avaliar que se aleguen, de entre os aprobados pola CGIACA e recollidos nos anexos I e II da presente resolución, formalizarase no formato dixital dispoñible para o efecto na aplicación informática á cal se poderá acceder a través da páxina web http://www.acsug.es/convocatorias-abertas.

Non se valorarán os méritos que non sexan alegados deste xeito.

Documentos necesarios para tramitar o procedemento

1. Xunto coa solicitude (anexo III) as persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación:

– Documentación xustificativa dos méritos curriculares que se aleguen.

– Documentación acreditativa, de ser o caso, do gozo de permiso por baixa maternal ou paternal no período 2014-2018.

– Curriculum vitae completo actualizado en calquera dos formatos existentes (ANEP, Dirección Xeral I+D, etc.).

– Outros documentos que a persoa solicitante considere relevantes.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente no espazo dispoñible para o efecto na aplicación informática da ACSUG, á cal se accederá a través da páxina web http://www.acsug.es/convocatorias-abertas. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. En calquera caso, esta documentación deberá ser presentada antes de rematar o prazo da convocatoria. De xeito contrario a documentación non será tida en conta.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. Non se admitirá a trámite nin se valorará ningunha documentación xustificativa dos méritos alegados que non cumpran co disposto nesta base.

Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Estar integrado no cadro de persoal docente, como funcionario ou como contratado doutor, tanto de carácter fixo como de carácter temporal, de calquera das universidades públicas de Galicia, e ter acreditado, polo menos, un ano de servizo na súa praza en 31 de decembro de 2018.

d) Número de quinquenios de docencia recoñecidos pola universidade.

e) Número de sexenios recoñecidos pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNAAI).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 30 de xaneiro de 2020 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular e se abre o prazo para presentar solicitudes correspondentes á convocatoria do ano 2019 (código de procedemento ED701A) (DOG nº 29 do 12 de febreiro de 2020).

Outros procedementos relacionados

ED431J

Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT100A

Inscrición, depósito documental e certificación da sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego do Protectorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 01/02/2023 00:00 - 03/03/2024 23:59

ED109A

Bolsas de formación para proxectos de investigación no centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 06/06/2018 00:00 - 05/07/2018 23:59

ED421A

Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia

Tramitar en liña

Prazo pechado: 10/08/2024 00:00 - 04/10/2024 23:59