Guía de procedementos e servizos

ED434A

Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. A presente orde ten por obxecto regular o procedemento para tramitar a seguinte solicitude:

- Homologación e/ou validación de títulos, diplomas ou estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias código de procedemento ED434A (anexo I).

2. A tramitación do presente procedemento axustarase á normativa en materia de homologación e validación dos estudos estranxeiros non universitarios, así como á normativa reguladora do procedemento administrativo común e da Administración electrónica.

Efectos da homologación, validación de estudos estranxeiros

1. A homologación de títulos, diplomas ou estudos estranxeiros aos títulos españois de educación non universitaria, supón a declaración de equivalencia daqueles a estes últimos para os efectos académicos.

2. A validación de estudos estranxeiros por cursos do sistema educativo español de educación non universitaria, supón a declaración de equivalencia daqueles a estes últimos para os efectos de continuar estudos nun centro docente español.

Alumnado procedente dun sistema educativo estranxeiro.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Subdirección Xeral de Centros

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546506

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación de solicitudes comenzará a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde no Diario Oficial de Galicia.

1. Os documentos expedidos no estranxeiro axustaranse aos seguintes requisitos:

a) Ser oficiais e estar expedidos polas autoridades competentes de acordo co ordenamento xurídico do país de que se trate.

b) Estar legalizados por vía diplomática ou, se é o caso, mediante a apostila do Convenio da Haya. Este requisito non se esixirá aos documentos expedidos polos estados membros da Unión Europea nin polos estados asinantes do Acordo sobre Espazo Económico Europeo.

c) Ir acompañados da correspondente tradución oficial para o galego ou para o castelá realizada por tradutor/a debidamente autorizado.

2. De acordo co previsto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dada a orixe e a relevancia da documentación requirida no procedemento, as persoas interesadas deberán achegar os documentos orixinais xunto coas súas copias, para o cotexo polo órgano de rexistro ou polo órgano competente para a súa tramitación, e posterior devolución dos orixinais.

En todo caso, as copias auténticas realizadas polas administracións públicas para ser válidas e eficaces deberán reunir os requisitos establecidos no artigo 27 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. Cando as copias achegadas xa estivesen cotexadas ou compulsadas por notario/a español/a ou en representacións diplomáticas ou consulares de España no país de procedencia, non será necesario presentar asemade a documentación orixinal.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de homologación e/ou validación os seguintes documentos que acrediten:

    • a) A identidade expedido polas autoridades competentes do país de orixe (documento de identidade, pasaporte,...).

    • b) A representación por calquera medio que deixe constancia fidedigna da súa existencia.

    • c) Título ou diploma oficial obxecto de recoñecemento ou, se procede, certificación oficial acreditativa da superación dos exames finais correspondentes.

    • d) Certificación académica acreditativa dos cursos realizados, en que consten as materias cursadas, as cualificacións obtidas e os anos académicos en que se realizaron os cursos.

    • e) Resgardo do pagamento da taxa código 30.20.02, agás para o título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.

    • f) Anexo III, se é o caso.

Cando se trate de ensinanzas de formación profesional ou de réxime especial, ademais da documentación indicada nas letras a) a f), poderase requirir a seguinte:

  • g) Plan de estudos superado para obter o título que achega, con indicación da duración total e de cada unha das materias cursadas en horas lectivas e en semestres ou anos académicos, certificado polo centro docente que corresponda ou a autoridade educativa competente. Se a carga horaria figura en créditos, deberá indicarse a correspondencia dos créditos en horas lectivas.

  • h) Programas descritivos das materias cursadas, conducentes á obtención do título obxecto da homologación, certificado polo centro docente que corresponda ou a autoridade educativa competente.

  • i) Acreditativa da realización de prácticas preprofesionais ou de experiencia laboral, se é o caso.

  • j) Certificación expedida polas autoridades do país de orixe xustificativa dos seguintes aspectos: requisitos académicos de acceso aos estudos obxecto de homologación; grao académico que outorga o título obtido e estudos a que se pode acceder no sistema educativo de orixe co título achegado.

  • k) Certificación académica dos estudos previos efectivamente realizados pola persoa solicitante.

Cando se trate de mestrado en ensinanzas artísticas, ademais da indicada nas letras a) a k), poderase requirir o plan de estudos da titulación de mestrado impartido no sistema educativo español cuxa homologación solicita, que inclúa programas descritivos das materias cursadas, con indicación dos contidos e da carga horaria de cada unha delas, certificado polo centro docente que corresponda.

  • Comprobación de datos.

1. Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

  • b) DNI ou NIE da persoa representante.

2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A documentación presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilízanse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entradas da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • En todo caso, as persoas interesadas poderán achegar calquera outra documentación de carácter académico que poida contribuír a unha mellor análise e resolución da súa solicitude.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 9 de xullo de 2018 reguladora do procedemento de homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias (DOG nº 141 do 24 de xullo de 2018).

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

ED333B

Programa retorna talento FP.

Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59

ED431J

Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia

Tramitar en liña

Aberto todo o ano