Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED433A
Axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico ou por unha situación derivada da COVID-19, teña dificultades económicas para continuar os estudos.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia non competitiva, axudas destinadas ao alumnado matriculado en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, no curso académico 2020/21, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico ou por unha situación derivada da COVID-19 que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos.
Alumnado matriculado en estudos universitarios oficiais.
Obrigas das persoas beneficiarias.
A presentación da solicitude implica a aceptación das bases desta convocatoria e a obriga de:
a) Seguir durante o curso académico os estudos en que se estea matriculada.
b) Comunicar por escrito calquera variación ou modificación que se produza durante a tramitación do procedemento respecto das circunstancias alegadas na solicitude e de someterse ás actuacións de comprobación que acorde a Secretaría Xeral de Universidades.
c) Comunicar por escrito a renuncia á axuda no caso de producirse unha causa que determine a dita renuncia.
d) Informar o órgano que concede a bolsa da obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración pública, ente público ou privado.
e) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, así como da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Acreditar mediante certificación que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, no caso de que a persoa interesada se opoña á consulta. Esta certificación poderá ser substituída pola declaración responsable que figura dentro do anexo I desta orde, segundo se regula no artigo 11 do Regulamento da Lei 9/2007.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Universidades
Servizo de Apoio e Orientación ao Alumnado Universitario
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544430
Fax: 981545422
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Universidades
Servizo de Apoio e Orientación ao Alumnado Universitario
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544430/ 981545446
Fax: 981545422
Prazo de presentación: PECHADO
13/01/2021 00:00 - 02/08/2021 23:59
– Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
– Se a causa xurde como consecuencia da COVID-19 e é anterior á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
– Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2021, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).
– Se a causa xurde como consecuencia da COVID-19 con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2021, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).
Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:
1. Causas sobrevidas no curso académico 2020/21.
a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso académico: orfandade absoluta; situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; condición de emigrante retornado; vítimas de violencia de xénero; vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2020/21. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de xullo de 2020 e o 30 de xuño de 2021.
2. Causas xurdidas como consecuencia da COVID-19.
Que algún dos sustentadores principais da unidade familiar estean en situación de desemprego, en Expediente Temporal de Regulación de Emprego (ERTE) ou en calquera outra situación que supoña unha merma económica ou laboral como consecuencia directa da COVID-19.
3. Requisitos de carácter xeral.
a) Estar matriculado, no curso académico 2020/21, como mínimo en 50 créditos, incluídos os créditos recoñecidos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao que lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos que deberá de estar matriculado como mínimo de 30 créditos, incluídos tamén os créditos recoñecidos.
b) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a lei de orzamentos xerais do estado para o ano 2021 multiplicada por 1,50.
c) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.
Forma de presentación de solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As solicitudes subscribiraas directamente a persoa interesada ou a persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
3. Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Xunta de Galicia dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal
Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico orientacion.sug@edu.xunta.es
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Acreditación da representación por calquera medio válido en dereito no caso de actuar por medio de representante.
b) Anexo II de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas para a consulta de datos dos membros da unidade familiar distintos da persoa solicitante.
c) Xustificación da causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso académico en que fundamenta a petición da axuda para o cal presentará todos os documentos que a proben.
d) Xustificación da causa xurdida como consecuencia da COVID-19 en que fundamenta a petición da axuda para o cal presentará todos os documentos que a proben.
e) Informe do/a traballador/a social do concello en que estea empadroada a persoa solicitante que recolla a causa no que se fundamenta a solicitude, así como a situación socioeconómica da unidade familiar, anterior e posterior á causa, que motive a necesidade urxente de recursos económicos.
f) Certificado de convivencia emitido polo concello de todas as persoas que compoñan a unidade familiar que residan coa persoa solicitante no domicilio habitual actualizado á data da publicación desta orde.
g) Documentación acreditativa (nóminas, certificacións bancarias, etc) dos ingresos ou rendas da unidade familiar durante o ano 2020 e dos ingresos ou rendas mensuais de cada membro computable da unidade familiar durante o ano 2021.
h) Cando a persoa solicitante alegue a súa independencia familiar e económica, deberá de presentar a documentación xustificativa de ter domicilio en propiedade ou en alugamento e de dispoñer dos medios económicos suficientes para facer fronte aos seus gastos.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante e dos demais membros computables da unidade familiar maiores de idade.
b) DNI ou NIE da persoa representante, só no caso de actuar por medio de representante.
c) Certificado do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) da persoa solicitante e de cada membro computable da unidade familiar de prestacións de desemprego percibidas nun período.
d) Certificado do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) da persoa solicitante e de cada membro computable da unidade familiar de prestacións de desemprego percibidas a data actual.
e) Certificado do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) que indique se a persoa solicitante e os demais membros computables da unidade familiar son ou foron perceptores de pensións/prestacións do sistema da Seguridade Social, indicando, se procede, a contía actualmente recoñecida, así como aquelas percibidas desde o 1 de xaneiro de 2020 ata a data de emisión da certificación, sempre que entre esta data e a de presentación da solicitude da axuda non medie máis dun mes.
f) Documento emitido pola universidade correspondente no que deberá constar o número de créditos en que estea matriculada no curso académico 2020/21, se son os últimos para rematar o grao, se ten recoñecida unha redución de créditos para adaptación curricular por incapacidade e, se é beneficiaria da bolsa matrícula e doutros compoñentes da bolsa do Ministerio de Educación e Formación Profesional 2020/21.
g) Informe de vida laboral dos últimos doce meses de cada membro computable da unidade familiar.
h) Certificado de estar ao día do pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
i) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
j) Certificado de estar ao día do pagamento coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
3. Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2020/21 ou por unha situación derivada da COVID-19, teña dificultades económicas para continuar estudos (DOG nº 6 do 12 de xaneiro de 2021).
-
Extracto da Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2020/21 ou por unha situación derivada da COVID-19, teña dificultades económicas para continuar estudos (DOG nº 6 do 12 de xaneiro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia
Aberto todo o ano
Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.
Aberto todo o ano
Equivalencia de estudos estranxeiros coa escolaridade dos cursos 2º ou 3º de educación secundaria obrigatoria para efectos laborais ou profesionais.
Aberto todo o ano
Formación práctica de alumnos en centros asistenciais dependentes do Servizo Galego de Saúde.
Aberto todo o ano