Guía de procedementos e servizos

ED433A

Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no presente curso académico nas universidades do sistema universitario de Galicia, que por causas sobrevidas e imprevistas teña dificultades económicas para continuar os estudos.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 27/01/2017 00:00 - 31/07/2017 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia non competitiva, axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, no curso académico 2016/17, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.
Alumnado universitario.

A presentación da solicitude implica a aceptación das bases desta convocatoria e a obriga de:

a) Seguir durante o curso académico, con carácter presencial, os estudos en que se estea matriculado/a.

b) Comunicar por escrito calquera variación ou modificación que se produza durante a tramitación do procedemento respecto das circunstancias alegadas na solicitude e de someterse ás actuacións de comprobación que acorde a Secretaría Xeral de Universidades.

c) Comunicar por escrito a renuncia á axuda no caso de producirse unha causa que determine a dita renuncia.

d) Informar o órgano que concede a bolsa da obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración pública, ente público ou privado.

e) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, segundo dispón o artigo 14.1. k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Acreditar mediante certificación que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Esta certificación poderá ser substituída pola declaración responsable que figura dentro do anexo I desta orde, segundo se regula no artigo 11 do Regulamento da Lei 9/2007.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Secretaría Xeral de Universidades

Subdirección Xeral de Universidades

Servizo de Apoio e Orientación ao Alumnado Universitario

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544430

Fax: 981545422

http://www.edu.xunta.es

Servizo de Apoio e Orientación ao Alumnado Universitario

Prazo de presentación: PECHADO

27/01/2017 00:00 - 31/07/2017 23:59

2º prazo de presentación de solicitudes: Un mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2017, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b) desta orde.

a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista (orfandade absoluta; situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; vítimas de violencia de xénero; vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).

b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2016/17. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de setembro de 2016 e o 30 de xuño de 2017.

c) Estar matriculado, no curso académico 2016/17, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao que lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos que deberá de estar matriculado como mínimo de 30 créditos.

d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a lei de orzamentos xerais do estado para o ano 2017.

e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Anexo II no que se relacionan os membros da unidade familiar da persoa solicitante e no que se acreditará o consentimento para a consulta dos datos en poder das Administracións públicas necesarios para a tramitación do procedemento.

    • b) Xustificación da causa sobrevida e imprevista en que fundamenta a petición da axuda para o cal presentará todos os documentos que a proben.

    • c) Informe do/a traballador/a social do concello en que estea empadroada a persoa solicitante que recolla a causa sobrevida e imprevista, así como a situación socioeconómica da unidade familiar, anterior e posterior á causa, que motive a necesidade urxente de recursos económicos.

    • d) Copia do documento acreditativo de matrícula na universidade en que deberá de figurar o importe da matrícula, as materias e o número de creditos en que está matriculado/a no curso academico 2016/17.

    • e) Informe de vida laboral, actualizado á data da publicación desta orde, de cada membro computable da unidade familiar.

    • f) Certificado de convivencia emitido polo concello de todos/as os/as membros que compoñan a unidade familiar que residan coa persoa solicitante no domicilio habitual actualizado á data da publicación desta orde.

    • g) Documentación acreditativa dos ingresos ou rendas da unidade familiar durante o ano 2016 e dos ingresos ou rendas mensuais de cada membro computable da unidade familiar durante o ano 2017.

    • h) Copia da resolución de concesión ou denegación da bolsa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do curso 2016/17, se foi peticionario/a dela.

    • i) Certificación emitida polo SEPE que indique se a persoa solicitante e os/as membros computables da unidade familiar son ou foron perceptores da axuda para o Programa de Recualificación Profesional (PREPARA) regulado no Real decreto lei 1/2011, do 11 de febreiro, de medidas urxentes para promover a transición ao emprego estable e a recualificación profesional das persoas desempregadas prorrogado polo Real decreto lei 1/2013, do 25 de xaneiro, indicando, se procede, a contía actualmente recoñecida así como aquelas percibidas por este concepto desde o 1 de xaneiro de 2016 ata a data de emisión do certificado, sempre que entre esta data e a de presentación da solicitude da axuda non medie máis dun mes.

    • j) Cando a persoa solicitante alegue a súa independencia familiar e económica, deberá presentar a documentación xustificativa de ter domicilio en propiedade ou en alugueiro e de dispoñer dos medios económicos suficientes para facer fronte aos seus gastos.

      Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e perante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta e autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

      Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado ED433A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo coa normativa vixente en materia do Procedemento Administrativo Común, e do artigo 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A documentación complementaria poderá presentarase electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    A documentación complementaria, e só para o caso daquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse preferentemente por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamen poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Prazo de presentación das solicitudes:

    - Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

    - Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2017, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 15 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2016/17, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causas sobrevidas e imprevistas teña dificultades económicas para continuar estudos (DOG nº 18 do 26 de xaneiro de 2017).

Outros procedementos relacionados

ED431J

Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED434A

Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.

ED434B

Equivalencia de estudos estranxeiros coa escolaridade dos cursos 2º ou 3º de educación secundaria obrigatoria para efectos laborais ou profesionais.

SA655B

Formación práctica de alumnos en centros asistenciais dependentes do Servizo Galego de Saúde.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano