Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
ED431E - Axudas para a creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do sistema universitario de Galicia.
Obxecto
A necesidade da agrupación quedará xustificada cando a súa actuación achegue unha contribución significativa aos seguintes obxectivos:
a) Carácter estratéxico ou singular da agrupación no contexto galego tomando en consideración o valor engadido que supón a súa creación e a contribución aos obxectivos fixados no marco da Estratexia de especialización intelixente para Galicia (RIS3).
c) Realización de investigación en colaboración e interdisciplinar de calidade estratéxica no contexto da Comunidade Autónoma.
d) Establecemento de estratexias comúns de xestión e transferencia de resultados de investigación.
e) Aproveitamento conxunto de infraestruturas, equipamento e espazos dispoñibles ou de nova creación do SUG.
f) Incorporación de novo persoal investigador en áreas que pola súa actividade científica e tecnolóxica, pola súa competencia na captación de recursos e polo seu valor estratéxico institucional así o requiran.
g) Incorporación racional e sustentable de persoal de apoio para o desenvolvemento de tarefas de xestión, comerciais, informáticas, de laboratorio ou outras similares que sexan necesarias para a realización máis eficiente da actividade investigadora.
h) Maior presenza de investigadores/as do SUG en programas de investigación e intercambio internacionais.
A axuda destinarase á elaboración dun plan estratéxico para o período 2015-2020, que incluirá os obxectivos que pretende conseguir a agrupación a curto prazo (2017) e a medio prazo (2020), e á posta en marcha e ao funcionamento ordinario da agrupación para o período 2015-2017.
Os importes das axudas irán destinados a financiar os seguintes conceptos, sempre que se relacionen coa actividade da agrupación:
1. Custo de contratación de persoal investigador ou auxiliar. Inclúese o custo de persoal dedicado de xeito específico ás funcións de xestión da agrupación.
2. Pequeno equipamento inventariable e material funxible. O material funxible, de oficina ou informático, non poderá exceder o 5 % da axuda debidamente xustificada anualmente.
3. Formación dos membros da agrupación relacionada coa actividade obxecto da axuda mediante estadías curtas cunha duración mínima de quince días e máxima de tres meses. Non se considerarán neste número os/as colaboradores/as externos/as dos grupos que integran a agrupación.
4. Viaxes e axudas de custo de membros da agrupación para a actividade obxecto da axuda, sempre que a contía non exceda o 20 % da axuda debidamente xustificada anualmente. Non se considerarán neste número os/as colaboradores/as externos/as dos grupos que integran a agrupación.
5. Investigadores/as visitantes.
6. Organización de actividades de difusión, así como presenza en medios de comunicación.
7. Ferramentas de xestión do coñecemento e a información, tales como aplicacións informáticas, bases de datos, etc.
8. Consultoría e asesoramento externo para deseñar e aplicar á estrutura de desenvolvemento e ao plan estratéxico da agrupación.
9. Gastos derivados da elaboración dun informe de auditoría por cada agrupación que obteña financiamento.
10. Custos indirectos ou gastos xerais que regulamentariamente exixe a universidade á agrupación solicitante, que non superarán o 20 % da axuda debidamente xustificada anualmente. Desa porcentaxe, 5 puntos destinaranse a financiar as subscricións de cada universidade ás publicacións electrónicas.
A quen vai dirixido?
Requisitos
2. Que presente un programa de actuación da agrupación con base en hipóteses viables que serán conformadas ou reformuladas durante o exercicio de planificación estratéxica e que incluirá o contido que se detalla no artigo 4 desta orde.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria
Servizo de Xestión Científico-Tecnolóxica
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957649 / 881999541
Fax: 881999135
Email: sxu@edu.xunta.es
Órgano responsable
Servizo de Xestión Científico-Tecnolóxica
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 26 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2015 (DOG nº 127 do 8 de xullo de 2015).
Corrección de erros. Orde do 26 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2015 (DOG nº 128 do 9 de xullo de 2015).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
09/07/2015 00:00 - 08/08/2015 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Documentación para a presentación
- A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) , de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
O formulario da solicitude (anexo III) estará dispoñible na dita sede electrónica da Xunta de Galicia, e os formatos da documentación sinalada nas alíneas a), b) e c) deste artigo, que deben achegarse coa solicitude, atópanse na internet no enderezo http://www.edu.xunta.es .
- A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento. - Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
- A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- A solicitude, así como toda a documentación definida na alínea a) deste artigo, irá asinada pola autoridade que representa legalmente a universidade correspondente. A memoria descritiva que inclúa unha descrición actual da suma de capacidades e o programa da actuación, sinaladas nas alíneas b) e c), irá asinada polo coordinador ou coordinadora da agrupación estratexica que executará a axuda. Toda esta documentación que acompaña a solicitude deberá fornecerse segundo os modelos dispoñibles na internet no enderezo http://www.edu.xunta.es
- a) Presentación da agrupación, incluíndo: (i) nome e acrónimo, (ii) certificación da universidade propoñente dos grupos que a integran e a súa dependencia institucional (desagregando nominalmente e segundo a súa categoría profesional a totalidade de persoal que os compoñen) e/ou investigadores/as individuais que se adscriban, (iii) nomeamento dunha persoa que liderará a agrupación e que actuará como coordinadora da actividade e contacto coa Administración durante a vixencia da axuda, (iv) resumo dos obxectivos da agrupación e da xustificación da súa existencia.
- b) Descrición da situación actual da suma das capacidades dos integrantes da agrupación, incluíndo para cada un dos grupos:
- 1º. Liñas de investigación actuais e futuras, coa visión do seu desenvolvemento a medio e longo prazo (e en relación coas prioridades de Galicia ou institucionais).
- 2º. Actividade investigadora (por liñas de investigación): proxectos activos. Título, fonte de financiamento, orzamento, período e investigador/a principal.
- 3º. Transferencia e valorización: contratos de I+D, prestación de servizos tecnolóxicos, patentes, patentes en explotación, ingresos por licenzas, creación de spin-off.
- 4º. Produción científica: resumo de indicadores de produción científica (número de publicacións en WOS/SCOPUS, citas recibidas, publicacións en revistas Q1 y Q2), outras publicacións destacadas.
- 5º. Contribucións en conferencias científicas nacionais e internacionais.
- 6º. Formación: participación en programas de doutoramento e máster (indicar aqueles con mención de calidade), número de teses lidas, indicando data, título, nome do/da doutor/a e nome do/da director/a.
- 7º. Descrición da relación existente cos outros grupos propostos para a agrupación (se e o caso): proxectos en que se colaborou, publicacións en coautoría, actividades conxuntas de formación, utilización conxunta de infraestruturas, etc.
- 8º. Outra información de interese: proxección internacional do grupo.
- 9º. Fitos destacables na historia do grupo: premios, postos das persoas integrantes do grupo en sociedades científicas, participación en comites editoriais, etc.
- c) Programa de actuación da agrupación, co seguinte contido mínimo:
- 1º. Xustificación da razón de ser da agrupación e propósito da súa existencia e actividade para a universidade propoñente e no contexto do SUG.
- 2º. Estratexia da agrupación que detalle os obxectivos da agrupación e o seu interese científico e tecnico, así como os mecanismos que se aplicarán para mellorar a calidade e produtividade da súa actividade investigadora, mellorar o impacto dos seus resultados de investigación sobre a contorna socioeconómica, así como para paliar os puntos febles dos grupos.
- 3º. Modelo de xestión:
- Organización científica e funcional da agrupación en unidades de investigación ou nos seus grupos, así como os criterios de adscrición de persoal investigador á agrupación.
- Organización de xestión da agrupación.
- 4º. Planificación de actividades para o período 2015-2020 atendendo a:
- Política de persoal da agrupación: deseño dos cadros de persoal referidos a investigadores/as, tecnicos/as e persoal de laboratorio ou similar, e persoal de xestión, así como o establecemento dos mecanismos de incorporación deste persoal (contratación, adscrición temporal, etc.).
- Programas de doutoramento; organización de actividades de carácter científico-tecnico; actividades de formación distintas do doutoramento.
- Instalacións e medios: detalle dos medios actuais que se incorporan á nova estrutura así como das instalacións e dos medios novos que serán necesarios.
- Estratexias de I+D orientadas a convocatorias públicas; estratexias ou actividades de I+D de especial relevancia orientadas a empresas.
- 5º. Memoria económica, indicando:
- Orzamento de execución da axuda para o período 2015-2017, desagregado por anualidades.
- Orzamento detallado para a elaboración do plan estratexico.
- Previsión de orzamento, incluíndo os fondos que se espera captar para o período 2015-2020, valorando a capacidade da agrupación para obter recursos económicos e a súa correlación cos seus gastos.
- 6º. Mecanismos de avaliación:
- Indicadores definidos nos modelos de solicitude, cos seus valores de referencia iniciais e unha previsión de desenvolvemento nos anos 2016 e 2017 (final da axuda) e ata o 2020 (vixencia do plan estratexico).
- Outros mecanismos externos de monitorización e avaliación periódica.
- d) Declaración das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas ou dos seus organismos ou sociedades (que se inclúe no anexo III).
- e) Copia do DNI ou NIE da persoa representante da universidade, só no suposto de que non autorice a súa verificación no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde do 7 de xullo de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"