Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED330G
Aceptación da participación como entidade colaboradora no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Esta orde ten por obxecto regular, no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos e para o curso 2023/24, o procedemento:
- ED330G. Aceptación da participación como entidade colaboradora no fondo solitario de libros de textos e axudas para adquir libros de texto e material escolar.
Centros concertados que participen como entidades colaboradoras.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Centros
Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo
Edificio Administrativo de San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546521/ 881997385/ 981547301/ 881996513
Email: sxcentros@edu.xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
20/05/2023 00:00 - 21/06/2023 23:59
O prazo de presentación desta solicitude comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 21 de xuño de 2023 (ambos incluídos).
As solicitudes dos centros docentes privados concertados de aceptación da participación como entidade colaboradora no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para adquirir libros de texto e material escolar, presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED330G (anexo V) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Presentación de solicitudes
1. As solicitudes dos centros docentes privados concertados de aceptación da participación como entidade colaboradora no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para adquirir libros de texto e material escolar, presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED330G (anexo V) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo de presentación desta solicitude comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 21 de xuño de 2023 (ambos incluídos).
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
-
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
-
Corrección de de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
-
Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (DOG nº 94 do 19 de maio de 2023).
-
Extracto da Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (DOG nº 94 do 19 de maio de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Modificación da autorización de centros de ensinanzas de técnicos deportivos.
Aberto todo o ano
Extinción da autorización de centros de ensinanzas de técnicos deportivos.
Aberto todo o ano
Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 20/06/2025 23:59
Rexistro de librarías. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Aberto todo o ano