Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED313I
Plan proxecta.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Os programas educativos e as súas características, ofertados aos centros docentes nesta convocatoria, pódense consultar na ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta/programas
Con este plan preténdese lograr os seguintes obxectivos:
1. Dotar a comunidade educativa galega con programas educativos de diferentes ámbitos que fomenten a innovación educativa.
2. Establecer un marco xeral de colaboración para presentar todos os programas implicados dun xeito estruturado.
3. Fixar uns criterios metodolóxicos e organizativos comúns, dirixidos á realización de proxectos educativos de innovación que desenvolvan as competencias clave e os elementos transversais.
4. Establecer unhas pautas comúns en relación ao recoñecemento do traballo do profesorado nestes proxectos educativos.
5. Ofrecerlles aos centros e ao profesorado a posibilidade de incluír dentro da súa planificación anual e das súas programacións, segundo corresponda, a participación naqueles programas que mellor se adapten ás súas características específicas.
6. Crear unha rede de centros nos cales se fomente o traballo cooperativo e interdisciplinario, que consiga transformar e mellorar a práctica educativa, transferindo eficazmente as iniciativas innovadoras.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Servizo de Programas de Formación
Edificio Administrativo San Caetano s/n Bq. II-2º Andar,
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997494/ 881997598
Fax: 981546550
Prazo de presentación: PECHADO
20/09/2016 00:00 - 15/10/2016 23:59
Desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 15 de outubro de 2016.
Cada centro poderá presentar unha única solicitude (anexo I). Cómpre completar o proceso de solicitude coa realización do proxecto de cada programa solicitado a traves da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/programaseducativos/. É necesario que conste no anexo I o código do proxecto de cada programa educativo solicitado e comprobar que o seu estado na aplicación figure como «trámite».
Para cubrir os datos necesarios para obter cada proxecto dos programas que solicita cada centro, o/a director/a ou persoa que o/a substitúa debe cubrir os datos requiridos para cada un dos programas a traves da aplicación do Plan Proxecta 2016/17 (http://www.edu.xunta.es/programaseducativos), onde deberá cubrir un proxecto por cada programa en que se desexe participar. En cada un, o/a director/a deberá introducir os datos da persoa que o vai coordinar. A partir deste momento, será esta persoa coordinadora, a traves da súa propia conta de usuario, quen cubra o resto de información solicitada.
Unha vez cubertos os datos requiridos pola aplicación, o/a director/a debe revisalos para confirmar o compromiso do centro de levar a cabo os proxectos nas condicións indicadas, e dará por rematado o proceso na propia aplicación. É necesario comprobar que o estado en que queda cada solicitude de proxecto sexa «trámite».
As solicitudes deberanse presentar preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado ED313I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado ED313I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 6 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2016/17 (DOG nº 178 do 19 de setembro de 2016).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano