Guía de procedementos e servizos

ED311B

Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 21/03/2023 00:00 - 20/04/2023 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Establecer as bases reguladoras e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior (código de procedemento ED311B) correspondentes ao curso 2021-2022 para o alumnado que realizou e que rematou os seus estudos no ano 2022.

Alumnado que realizou e que rematou os seus estudos no ano 2022.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo

Servizo de Avaliación do Sistema Educativo

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546527/ 881997383

Email: premios@edu.xunta.gal

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Prazo de presentación: PECHADO

21/03/2023 00:00 - 20/04/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Ter cursado estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2021/22 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ter rematado os seus estudos no ano 2022.

b) Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50, nos termos establecidos na normativa vixente. Esta cualificación expresarase con dúas cifras decimais, redondeada á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.

c) Non ter a condición de persoal docente que desenvolva ou desenvolvese a súa actividade laboral na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades nos tres anos anteriores a esta convocatoria.

Solicitudes.

1. As solicitudes de participación presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu» (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu».

De acordo co previsto no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia (DOG núm. 141, do 26 de xullo), as persoas aspirantes, con base nos requisitos establecidos nas alíneas a) e b) do artigo 3 desta orde, presuponse que posúen a capacidade técnica suficiente para o acceso e a dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios para tramitar a súa solicitude.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de forma presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

A publicación dos formularios da solicitude no DOG faise unicamente para os efectos informativos.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Unha vez formalizada a solicitude, deberaa asinar a persoa interesada con calquera dos sistemas de sinatura admitidos pola sede electrónica e deberaa enviar polo procedemento electrónico establecido; quedará así presentada para todos os efectos. Non se terán en conta aquelas solicitudes cubertas por vía telemática que non completen o proceso de presentación establecido e obteñan o xustificante de solicitude, que deberá conservar a persoa solicitante para acreditar, no caso de que resulte necesario, a presentación de súa solicitude no prazo e na forma establecidos.

2. As solicitudes subscribiraas electronicamente a persoa interesada ou a persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

3. Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Xunta de Galicia dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderanse dirixir ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal

Se as dúbidas están relacionadas con esta convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico premios@edu.xunta.gal

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Listaxe dos méritos que se desexe alegar relacionados co título de técnico ou técnica superior de formación profesional, de acordo co previsto no artigo 12.1.b) desta convocatoria e segundo o modelo do anexo II.

b) Documentación xustificativa dos méritos segundo o establecido no anexo V desta convocatoria, onde consten expresamente o número de horas de duración da actividade, a data de inicio, a data de finalización e o organismo que convoca.

c) Acreditación da representación por calquera medio válido en dereito no caso de actuar por medio de representante.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de forma presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Expediente dos estudos de formación profesional de grao superior cursados pola persoa solicitante.

d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.

e) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma.

g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

h) Consulta de non ter a condición de persoal docente que desenvolva ou desenvolvese a súa actividade laboral na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades nos tres anos anteriores a esta convocatoria.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 7 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2021/22 (DOG nº 55 do 20 de marzo de 2023).

    • Extracto da Orde do 7 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2021/22 (DOG nº 55 do 20 de marzo de 2023).

    • Resolución do 21 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do xurado que seleccionará, analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2021/22 (DOG nº 63 do 30 de marzo de 2023).

    • Orde do 30 de xuño de 2023 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2021/22, convocados pola Orde do 7 de marzo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 55, do 20 de marzo) (DOG nº 130 do 10 de xullo de 2023).

Outros procedementos relacionados

ED314D

Subvencións a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 11/06/2025 00:00 - 31/07/2025 23:59

ED314E

Subvencións a escolas de música públicas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 11/06/2025 00:00 - 31/07/2025 23:59

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano