Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED311A
Premios extraordinarios de bacharelato.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato (procedemento ED311A) para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2018/19 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.
Esta convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, ten como obxecto o recoñecemento do especial aproveitamento do alumnado que cursou na Comunidade Autónoma de Galicia calquera das modalidades de bacharelato establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Número, orzamento e características dos premios.
1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €, con cargo á partida orzamentaria 10.20.423A.480.1 do ano 2019, cunha dotación global de 20.000 €.
3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.
4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotaralle nel a distinción.
5. Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de solicitude, ao correspondente premio nacional.
6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2019/20.
Alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2018/19 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.
Obriga dos/as gañadores/as.
1. O alumnado que obteña premio extraordinario ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das funcións de fiscalización e control que lle competen, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 3 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. O alumnado gañador debe facilitar a titularidade dunha conta bancaria con 24 díxitos e declarar sobre a veracidade dos datos relativos á dita conta en que se ingresará, mediante transferencia bancaria, a dotación do premio, segundo o modelo de anexo III. O importe do premio estará suxeito ás retencións que legalmente correspondan.
3. A persoa beneficiaria ten a obriga de reintegrar, total ou parcial, a subvención ou a axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, tal como indican os artigos 14.1.j) e 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo
Servizo de Avaliación do Sistema Educativo
Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 2, 1º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997383 / 981540205 / 981540188
Fax: 981546550
Email: premios@edu.xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
29/04/2019 00:00 - 28/05/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 29 de abril de 2019 e rematará o día 28 de maio de 2019.
Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
1. Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2018/19 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
2. Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de xuño de 2015).
3. Non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da citada lei e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, conforme o artigo 10.2.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
As solicitudes (anexo I) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Será imprescindible cubrir previamente os datos na aplicación que se atopa no enderezo https://www.edu.xunta.es/premiosedu , desde onde deberá xerarse o formulario normalizado cuberto cos datos correspondentes.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento de identidade, DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) Expediente dos estudos de bacharelato cursados polo/a solicitante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
f) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Os centros públicos de educación dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en que está o expediente académico do alumnado de centros privados enviarán a certificación académica de bacharelato do alumnado que non teña todo o seu expediente recollido na base de datos da aplicación XADE, en que se reflicta a cualificación final á que se refire o artigo 3.2 desta orde, asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/a director/a.
Esta certificación enviarase ao enderezo de correo electrónico premios@edu.xunta.es
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de Xustificación
- Reclamacións as puntuacións (Anexo II)
- Solicitude de datos bancarios (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 28 de marzo de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19 (DOG nº 71 do 11 de abril de 2019).
-
Extracto da Orde do 28 de marzo de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19 (DOG nº 71 do 11 de abril de 2019).
-
Resolución do 10 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do tribunal que deberá elaborar, supervisar e avaliar a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19, e se ditan instrucións para a realización da proba correspondente. (DOG nº 98 do 24 de maio de 2019).
-
Orde do 30 de agosto de 2019 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19 convocados pola Orde do 28 de marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 11 de abril) (DOG nº 168 do 5 de setembro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano
Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral
Aberto todo o ano
Programa retorna talento FP.
Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59
Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.
Aberto todo o ano