Guía de procedementos e servizos

ED311A

Premios extraordinarios de bacharelato.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 05/05/2017 00:00 - 05/06/2017 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato (procedemento ED311A) para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2016/17 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

Número e características dos premios:

1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.

2. Cada premio estará dotado con 1.000 €, con cargo á partida orzamentaria 10.50.423A.480.1 do ano 2017 cunha dotación global de 20.000 €.

3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.

4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo, e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotaralle nel a distinción.

5. Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.

6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2017/18.

Alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2016/17.

Obriga dos/as gañadores/as.

1. O alumnado gañador dos premios ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das funcións de fiscalización e control que lles competen, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 3 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O alumnado gañador debe facilitar a titularidade dunha conta bancaria con 24 díxitos e declarar sobre a veracidade dos datos relativos á dita conta, en que se ingresará, mediante transferencia bancaria, a dotación do premio segundo o modelo de anexo III. O importe do premio estará suxeito ás retencións que legalmente correspondan.

3. A persoa beneficiaria ten a obriga do reintegro, total ou parcial, da subvención ou da axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, tal como indican os artigos 14.1.j) e 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo

Servizo de Avaliación do Sistema Educativo

Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 2, 1º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540205 / 981546527

Fax: 981546550

Email: premios@edu.xunta.es

Dirección Xeral de Formación Profesional

Prazo de presentación: PECHADO

05/05/2017 00:00 - 05/06/2017 23:59

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

1. Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2016/17 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.

2. Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de de Galicia (DOG do 29 de xuño).

3. Non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da citada lei e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado mediante o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, conforme o artigo 10.2.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Todos os requisitos relacionados neste artigo se deberán posuír no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

  • Os centros públicos de educación dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en que está o expediente académico do alumnado enviarán á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 2, 1º andar, 15781 Santiago de Compostela, os documentos que a seguir se relacionan:

    • Certificación académica de bacharelato do alumnado (só no caso de que o alumnado non teña todo o seu expediente de bacharelato recollido na base de datos da aplicación XADE), onde se reflicta a cualificación final media a que se refire o artigo 3.2 desta orde, asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/da director/a do centro público en que se atope o expediente académico.

    • Documento xustificativo da transferencia de datos, que se descargará da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/premiosbac, asinado por parte da dirección do centro público en que está o expediente académico do alumno ou da alumna solicitante.

  • As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais dos/as solicitantes. A mera presentación da solicitude leva implícita a aceptación plena de todas as bases desta convocatoria e constitúe unha manifestación expresa de que a persoa solicitante reúne os requisitos exixidos para participar no procedemento, así como de que son veraces os datos que consigne nela.

    As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED311A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

    Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

    Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non estean obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén os poderán presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 24 de abril de 2017 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016/17 (DOG nº 85 do 4 de maio de 2017).

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

ED333B

Programa retorna talento FP.

Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59

ED434A

Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.