Guía de procedementos e servizos

ED116A

Rede de dinamización lingüística.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Aberto todo o ano

Promover a coordinación en materia de dinamización lingüística entre as diferentes entidades, desenvolvendo medidas para aumentar a efectividade das actuacións dinamizadoras desde o ámbito local, creando a Rede de Dinamización Lingüística, que pretende congregar as institucións con competencia na promoción do uso do galego no ámbito local

A Rede é unha asociación voluntaria que busca congregar as entidades con competencia na promoción do uso da lingua galega. Vincúlase á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Poderán colaborar coa Rede as entidades privadas sen finalidade de lucro que estean interesadas na consecución dos fins que a orienten.

Finalidades da Rede.

A Rede pretende congregar as actuacións dinamizadoras das institucións con competencia na promoción do uso do galego no ámbito local, cos seguintes obxectivos estratéxicos:

1. Fomentar a dinamización da lingua galega e o seu coñecemento, uso e divulgación social.

2. Consolidar e asentar a colaboración e a acción conxunta e coordinada da Secretaría Xeral de Política Lingüística e das entidades locais integradas nesta Rede, que permita o intercambio de experiencias, a suma de esforzos, así como evitar duplicidade de tarefas semellantes entre diferentes administracións ou con outras organizacións que actúan na promoción do uso da lingua galega.

3. Asegurar o contacto interinstitucional para a consolidación das relacións que fagan efectiva a acción dinamizadora.

4. Compartir unha planificación lingüística que defina estratexias básicas comúns en todo o territorio de Galicia e poñer á disposición de todos os membros da Rede os materiais e información básica relativa ás actividades de dinamización lingüística que se desenvolvan en cada unha das entidades integradas na Rede.

5. Establecer criterios de avaliación e indicadores unificados que permitan avaliar as actuacións de promoción do uso do galego.

6. Ampliar a difusión das actuacións das diferentes entidades que conforman a Rede a unha gran parte do territorio de fala galega.

7. Favorecer un marco de formación para os profesionais dos servizos lingüísticos, así como doutros axentes participantes nos procesos de dinamización lingüística.

8. Implicar e asesorar os diferentes axentes dinamizadores para unha maior eficacia e eficiencia no deseño de estratexias e desenvolvemento de actuacións.

9. Fomentar a corresponsabilidade das diferentes entidades en materia de promoción do uso do galego.

10. Promover un programa estable e continuado de formación en lingua galega para adultos, así como para colectivos específicos que se determine en cada zona ou en cada momento.

Entidades locais

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Secretaría Xeral da Lingua

Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística

Servizo de Xestión e Promoción Lingüística

Rúa de San Roque, 2

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999485/ 881995041

Fax: 981544424

Servizo de Xestión e Promoción Lingüística

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 18 de outubro de 2016.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Acordo de adhesión á rede aprobado polo correspondente órgano de goberno municipal ou órgano de goberno da entidade solicitante.

  • Designación da representación política e tecnica que participará na rede e dos correspondentes suplentes.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 185 do 28 de setembro de 2016).

    • Orde do 14 de setembro de 2010 pola que se crea a Rede de Dinamización Lingüística (DOG nº 182 do 21 de setembro de 2010).

Outros procedementos relacionados

ED110A

Convocatoria de bolsas de formación nos lectorados de língua, literatura e cultura galegas.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 26/05/2018 00:00 - 25/06/2018 23:59

ED110B

Convocatoria de prazas nos lectorados de língua, literatura e cultura galegas.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 26/05/2018 00:00 - 25/06/2018 23:59

ED114A

Probas para a obtención do certificado de lingua galega: niveis Celga 2 e Celga 4.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 15/09/2018 00:00 - 04/10/2018 23:59

ED115A

Subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 03/04/2018 00:00 - 02/05/2018 23:59