Guía de procedementos e servizos

ED114A

Probas para a obtención do certificado de lingua galega: niveis Celga 2 e Celga 4.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 15/09/2018 00:00 - 04/10/2018 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2 e 4, no ano 2018.

Datas de realización das probas.

As probas do Celga 2 e do Celga 4 terán lugar entre a segunda quincena de novembro e a primeira fin de semana de decembro de 2018. As datas concretas serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

Localidades onde se realizarán as probas e niveis.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

As sedes e horarios de realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Secretaría Xeral da Lingua

Subdirección Xeral de Política Lingüística

Rúa de San Roque, 2

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996313

Fax: 881996306

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña

Praza Luís Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184701

Fax: 981184629

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294162

Fax: 982294152

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense

Rúa do Concello, 11

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386082

Fax: 988386079

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43, 8º andar

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805188

Fax: 986805937

Subdirección Xeral de Política Lingüística

Prazo de presentación: PECHADO

15/09/2018 00:00 - 04/10/2018 23:59

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de 20 días naturais, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, este entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

  • Inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e máis a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso ( 30.44.01)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo ED114A, que se publica como anexo I desta resolución, e aboar a taxa que se indica na convocatoria.

O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. Deberán indicar nel a proba ou as probas a que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

  • As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % que as imposibilite para acreditar algunha das destrezas comunicativas (comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita, expresión escrita) poderán solicitar, de forma motivada, a exención da realización da proba ou probas referidas a esas destrezas.

  • De ser necesario algún tipo de axuda para a realización das probas debido a unha discapacidade, a persoa indicará na súa solicitude o apoio concreto que precisa (lectura fácil –para persoas con discapacidade intelectual–, máis tempo, maior tamaño de letra...).

  • En todo caso, a Secretaría Xeral de Política Lingüística valorará se o tipo de discapacidade alegado dá lugar á exención e/ou ao apoio solicitados.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • a) Xustificante de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame.

  • b) Copia do certificado de discapacidade no caso de que este fose emitido por unha Administración distinta da Comunidade Autónoma de Galicia, de ser o caso.

Non será necesario achegar este documento se xa foi presentado anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou o citado documento.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • DNI ou NIE da persoa solicitante.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

  • Certificado de discapacidade emitido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) (DOG nº 146 do 30 de xullo de 2007).

    • Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2014).

    • Resolución do 7 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2018 (DOG nº 176 do 14 de setembro de 2018).

    • Resolución do 15 de outubro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas convocadas mediante a Resolución do 7 de setembro de 2018 para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2018 (DOG nº 198 do 17 de outubro de 2018).

Outros procedementos relacionados

ED116A

Rede de dinamización lingüística.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED110A

Convocatoria de bolsas de formación nos lectorados de língua, literatura e cultura galegas.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 26/05/2018 00:00 - 25/06/2018 23:59

ED110B

Convocatoria de prazas nos lectorados de língua, literatura e cultura galegas.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 26/05/2018 00:00 - 25/06/2018 23:59

ED115A

Subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 03/04/2018 00:00 - 02/05/2018 23:59