Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED114A
Probas para a obtención do certificado de lingua galega: niveis Celga 1, 2, 3 e 4.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018.
Datas de realización das probas.
– Celga 4:
Proba escrita: 26 de maio de 2018.
Proba oral: 26 e 27 de maio de 2018.
– Celga 3:
Proba escrita: 2 de xuño de 2018.
Proba oral: 2 e 3 de xuño de 2018.
– Celga 2: 9 de xuño de 2018.
– Celga 1: 10 de xuño de 2018.
Estas datas poderán mudarse por razóns de forza maior ou para a mellor administración das probas.
Se o número de aspirantes non permite a realización da totalidade das probas orais no día sinalado nesta resolución, a Comisión Central de Avaliación determinará o día ou días en que terá lugar a dita avaliación oral, que serán debidamente publicitados na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Secretaría Xeral da Lingua
Subdirección Xeral de Política Lingüística
Rúa de San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996313
Fax: 881996306
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña
Praza Luís Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184701
Fax: 981184629
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294162
Fax: 982294152
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense
Rúa do Concello, 11
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386082
Fax: 988386079
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43, 8º andar
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805188
Fax: 986805937
Prazo de presentación: PECHADO
14/03/2018 00:00 - 13/04/2018 23:59
O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada nos puntos sexto e sétimo da Resolución do 6 de marzo de 2018 será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, este entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
- As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo ED114A, que se publica como anexo I desta resolución, e aboar a taxa que se indica na convocatoria.
- As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % que as imposibilite para acreditar algunha das destrezas comunicativas (comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita, expresión escrita) poderán solicitar a exención da realización da proba ou probas referidas a esas destrezas.
De ser necesario algún tipo de axuda para a realización das probas debido a unha discapacidade, a persoa indicará na súa solicitude o apoio concreto que precisa (lectura fácil –para persoas con discapacidade intelectual–, máis tempo, maior tamaño de letra...).
En todo caso, a Secretaría Xeral de Política Lingüística valorará se o tipo de discapacidade alegado dá lugar á exención e/ou ao apoio solicitados.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Xustificante de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame.
b) Copia do certificado de discapacidade no caso de que este fose emitido por unha Administración distinta da Comunidade Autónoma de Galicia, de ser o caso.
Non será necesario achegar este documento se xa foi presentado anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou o citado documento.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
DNI ou NIE da persoa solicitante.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
Certificado de discapacidade emitido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) (DOG nº 146 do 30 de xullo de 2007).
-
Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2014).
-
Resolución do 6 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018 (DOG nº 51 do 13 de marzo de 2018).
-
Resolución do 2 de maio de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se modifica a Resolución do 6 de marzo de 2018 pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018 (DOG nº 89 do 9 de maio de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Rede de dinamización lingüística.
Aberto todo o ano
Convocatoria de bolsas de formación nos lectorados de língua, literatura e cultura galegas.
Prazo pechado: 26/05/2018 00:00 - 25/06/2018 23:59
Convocatoria de prazas nos lectorados de língua, literatura e cultura galegas.
Prazo pechado: 26/05/2018 00:00 - 25/06/2018 23:59
Subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega.
Prazo pechado: 03/04/2018 00:00 - 02/05/2018 23:59