Guía de procedementos e servizos

ED110A

Convocatoria de bolsas de formación nos lectorados de língua, literatura e cultura galegas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 26/05/2018 00:00 - 25/06/2018 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade, de dúas bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (ED110A) nos centros de estudos galegos situados nas universidades que se relacionan:

  • Destino:Université de la Sorbonne Nouvelle, París III/Localidade:París/País:Francia/Inicio:1.10.2018/Remate:30.9.2021

  • Destino:Universidade de Sâo Paulo/Localidade:Sâo Paulo/País:Brasil/Inicio:1.1.2019/Remate:31.12.2021

Duración.

O programa de formación das persoas seleccionadas terá unha duración máxima de tres (3) anos.

A data prevista de incorporación será o 1.10.2018, no caso da praza de Francia, e o 1.1.2019 no caso da praza de Brasil.

As datas de remate serán, en todo caso, o 30.9.2021 e o 31.12.2021, respectivamente.

1. Poderán participar nesta convocatoria as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

– Estar en posesión da nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea.

– Non padecer enfermidade ou limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles co desenvolvemento das actividades obxecto desta convocatoria.

– Non superar os 35 anos de idade na data de remate da presentación de solicitudes.

– Non atoparse incluídas en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Titulación académica:

• Poderá solicitar calquera das prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

- Licenciatura en Filoloxía Galega.

- Licenciatura en Filoloxía Románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida sexa o galego.

- Grao en Lingua e Literatura Galegas.

- Grao en Estudos de Galego e Español.

- Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.

• Poderá solicitar a praza de Francia quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

- Licenciatura en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 27 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se encontre o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.

- Grao en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 30 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.

2. Tamén poderán participar os lectores ou lectoras que, antes de remataren o período máximo de estadía, se visen obrigados a cesar na súa condición por causas alleas á súa vontade, sempre que esta circunstancia non derive da resolución dun procedemento de tipo disciplinario.

As persoas adxudicatarias quedan obrigadas a:

a) Acreditar que superaron o Curso de formación de profesores de galego ou, na súa falta, comprometerse a asistir e superar o dito curso na edición que lles indique a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Non cumprir co previsto neste punto dará lugar á aplicación do estipulado no artigo 20.

b) Comunicarlle á Secretaría Xeral de Política Lingüística o desenvolvemento de actividades alleas ao obxecto desta convocatoria que poidan influír ou comprometer a súa actuación.

c) Reintegrar os importes das bolsas indebidamente percibidos.

d) Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

e) Obter, se é o caso, os permisos pertinentes para unha estadía legal no país de destino, para o cal deben realizar os trámites oportunos e asumir os gastos correspondentes.

f) Asistir ás actividades de formación a que sexan convocadas desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

g) Dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30.2 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Secretaría Xeral da Lingua

Subdirección Xeral de Política Lingüística

Rúa de San Roque, 2

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544435

Fax: 981544424

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña

Gabinete de Normalización Lingüística da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184720

Fax: 981544785

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo

Gabinete de Normalización Lingüística de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294162

Fax: 982294152

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense

Gabinete de Normalización Lingüística de Ourense

R/ Concello, 11

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386659

Fax: 988386600

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra

Gabinete de Normalización Lingüística de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43 - 8º andar

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805971

Fax: 986805045

Subdirección Xeral de Política Lingüística

Prazo de presentación: PECHADO

26/05/2018 00:00 - 25/06/2018 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Quedan excluídas aquelas persoas que sexan lectores ou lectoras de lingua, literatura e cultura galegas, ou que o fosen no seu momento, agás nos supostos de cobertura provisional previstos no artigo 18 desta orde.

  • Para a valoración dos seus méritos, conforme o establecido no anexo II, os candidatos achegarán a seguinte documentación:

    • a) Documento acreditativo da súa identidade (no caso de solicitantes estranxeiros).

    • b) Currículo, no cal deben figurar todos os méritos alegados.

    • c) Xustificantes dos méritos alegados no currículo (na mesma orde en que aparezan relacionados neste).

    • d) Para cada destino solicitado, proxecto didáctico de docencia en prácticas aplicable á universidade solicitada, que incluirá como primeira epígrafe a explicación dos motivos da súa solicitude.

A extensión do proxecto didáctico non deberá superar as 25 páxinas, mecanografadas cun interliñado de espazo e medio, tipo de letra non superior a 14 puntos e presentadas en formato A4.

  • e) No caso de titulacións universitarias expedidas por universidades fóra de España, copia da titulación universitaria exixida no artigo 6 ou da acreditación de que foi solicitada.

  • f) En relación coa titulación exixida (nacionais ou estranxeiros), orixinal ou copia compulsada da certificación académica persoal, na cal debe constar a nota media do expediente académico, calculada en función do disposto na Resolución do 15 de setembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Diario Oficial de Galicia número 188, do 30 de setembro).

  • Os méritos alegados no currículo xustificaranse mediante documento orixinal ou copia compulsada, se se utiliza a vía presencial, e da forma indicada para a documentación complementaria no suposto de presentación electrónica. Os xustificantes disporanse a continuación do currículo, na mesma orde en que aparezan relacionados neste.

Non se valorará ningún mérito que non conste explicitamente no currículo ou que, no caso de figurar, non se xustifique adecuadamente ou se faga fóra do prazo de presentación de solicitudes.

No caso de publicacións, xustificaranse mediante copia simple da obra, á cal se engadirán, se é o caso, a capa, a contracapa, a folla que conteña o ISBN, ISSN ou depósito legal e o índice. No caso de publicacións extensas, recoméndase a entrega de orixinais, que se devolverán unha vez que se resolva a convocatoria.

Os xustificantes dos méritos redactados nun idioma distinto aos oficiais en Galicia, para seren valorados, deberán ir acompañados dunha tradución para algún destes e incluirán ao pé unha declaración responsable asinada cunha lenda que faga constar que se trata dunha tradución fiel do documento orixinal.

  • Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

  • Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo coa copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

  • Na presentación da documentación gardarase a seguinte orde: solicitude, documento acreditativo da identidade (de ser o caso), titulación académica, certificación académica persoal, currículo, xustificantes dos méritos alegados neste (na mesma orde en que aparezan relacionados nel) e proxecto(s) didáctico(s).

A documentación anterior que se presente de forma non electrónica achegarase sen ningún tipo de encadernación que dificulte ou impida a súa manipulación.

  • Comprobación de datos.

1.Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

  • b) Título/s universitario/s (no caso de titulacións expedidas por universidades españolas).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse no modelo normalizado recollido como anexo I nesta orde. O formulario da solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no enderezo http://www.lingua.gal/portada

  • As persoas interesadas poderán solicitar un ou dous destinos que deberán relacionar no anexo I por orde de preferencia.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 4 de maio de 2018 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de dúas bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (DOG nº 99 do 25 de maio de 2018).

    • Extracto da Orde do 4 de maio de 2018 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de dúas bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (DOG nº 99 do 25 de maio de 2018).

    • Resolución do 13 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se adxudica unha bolsa de formación nun lectorado de lingua, literatura e cultura galegas, convocada mediante a Orde do 4 de maio de 2018 (DOG nº 183 do 25 de setembro de 2018).

Outros procedementos relacionados

ED116A

Rede de dinamización lingüística.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN225A

Bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 26/04/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA701C

Inicio de actividade, cese de actividade e modificación da actividade de formación do persoal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outra práctica de decoración persoal que implique a perforación da pel, mucosa ou tecidos, e aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano