Guía de procedementos e servizos

ED106A

Subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 12/05/2018 00:00 - 11/06/2018 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios destes para os niveis non universitarios (procedemento ED106A), segundo establece a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE).

Recursos didácticos subvencionables.

1. Será subvencionable a elaboración e edición en lingua galega dos recursos didácticos curriculares e complementarios destes, realizados en soportes impresos ou dixitais.

A elaboración de material didáctico para a formación regrada de persoas adultas en lingua galega deberá incorporar as directrices do Marco europeo común de referencia para as linguas do Consello de Europa. Este texto pode ser consultado na páxina web institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística, http://www.lingua.gal/recursos/outros/_/publicacions/recurso_0001/marco-europeo-comun-referencia-para-linguas

2. Para os efectos desta norma, considérase recurso didáctico complementario calquera tipo de material educativo que contribúa a afondar no coñecemento dos bloques temáticos contidos nos currículos oficiais das ensinanzas non universitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quedan excluídos do ámbito de aplicación desta orde, mesmo cumprindo os requisitos exixidos no artigo precedente, os seguintes recursos:

1. A edición de material didáctico para o nivel universitario.

2. Libros de creación literaria, dicionarios e enciclopedias.

3. Os libros de bibliófila/o.

4. As publicacións de difusión gratuíta.

5. Os libros publicados por clubs do libro ou entidades similares, destinados a seren distribuídos entre as súas persoas subscritoras.

6. As obras que non sexan primeira edición.

7. Os proxectos con contidos idénticos aos xa subvencionados nalgunha das tres últimas convocatorias, con independencia do soporte ou formato en que se presenten.

Poderán solicitar estas subvencións as empresas mercantís do sector editorial, sexan persoas físicas ou xurídicas, sempre que, estando legalmente constituídas, cumpran os requisitos establecidos nesta orde e non estean incursas nalgún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e elaboren os recursos didácticos curriculares obxecto desta orde.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Secretaría Xeral da Lingua

Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística

Servizo de Xestión e Promoción Lingüística

Rúa de San Roque, 2

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996325 / 881996331

Fax: 881996306

Email: sxpl.subvencions@xunta.gal

www.lingua.gal, epígrafe Convocatorias

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña

Gabinete de Normalización Lingüística da Coruña

Salvador de Madariaga, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184702

Fax: 982184785

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo

Gabinete de Normalización Lingüística de Lugo

Ronda Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294162

Fax: 982294152

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense

Gabinete de Normalización Lingüística de Ourense

R/ Concello, 11

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386659

Fax: 988386600

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra

Gabinete de Normalización Lingüística de Pontevedra

R/ Montero Ríos

36001  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805971

Fax: 986805937

Secretaría Xeral da Lingua

Prazo de presentación: PECHADO

12/05/2018 00:00 - 11/06/2018 23:59

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Considerarase último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo for inhábil, prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

1. As empresas solicitantes deberán dispor dun departamento de edición na Comunidade Autónoma de Galicia, na epígrafe «edición de libros», que acreditarán coa copia do último recibo do imposto de actividades económicas (IAE).

2. Os materiais ou proxectos propostos deberán cumprir os seguintes requisitos:

– Só se subvencionarán proxectos que estean correctamente realizados en galego, segundo o disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, e nas Normas ortográficas e morfolóxicas aprobadas pola Real Academia Galega en sesión plenaria do día 12 de xullo de 2003). Malia o anterior, admitiranse proxectos trimestralizados de primaria nos cales, cando menos, o 60 % da proposta se realice en lingua galega e nos cales as materias de obrigada impartición en galego, segundo o Decreto 79/2010, do 20 de maio, estean en galego, única lingua que se terá en conta para a valoración e subvención correspondente destas publicacións.

– Os materiais editados en soporte impreso deberán ter unha tiraxe mínima de 1.000 exemplares, e de 500 os editados en soporte dixital ou audiovisual. En calquera caso, as publicacións electrónicas, pola súa natureza, non están suxeitas a este requisito, e de se editar nalgún soporte tanxible (memoria USB, CD, DVD ou outros), a tiraxe mínima será de 50 exemplares.

– Os materiais terán que estar destinados á venda e haberá que acreditar o correspondente número de ISBN e a referencia do depósito legal definitivo. As obras en formato electrónico ou noutros soportes análogos ou similares acreditarán a existencia do depósito legal segundo o indicado na normativa reguladora do depósito legal, Lei 23/2011, de 29 de xullo, de depósito legal, e Real decreto 635/2015, do 10 de xullo, polo que se regula o depósito legal das publicacións en liña. O depósito legal terá unha data posterior ao 31 de decembro de 2016. En ausencia de depósito legal, considerarase esta mesma data límite pero referida á da obtención do correspondente ISBN.

  • 1. Xunto coa solicitude remitirase a seguinte documentación:

  • 1.1. Documento acreditativo da personalidade da persoa solicitante, que será:

    • Se a empresa é unha persoa xurídica, a fotocopia compulsada da escritura ou documento de constitución, estatutos ou acta fundacional, e de modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito for exixible conforme a lexislación que lle sexa aplicable.

  • 1.2. Xustificación da representación con que actúa a persoa asinante da solicitude:

    • Cando a persoa asinante da solicitude actúe no nome dunha persoa xurídica, a fotocopia compulsada dos estatutos ou dos acordos sociais dos cales se deduza a antedita representación ou do poder notarial correspondente, debidamente inscritos no Rexistro Mercantil ou no rexistro que corresponda.

  • 1.3. Copia compulsada ou cotexada do último recibo do imposto de actividades económicas onde consta que a empresa editorial dispón dunha sede na Comunidade Autónoma galega, na epígrafe de «edición de libros».

  • 1.4. Constancia documental da existencia dun contrato debidamente asinado, se o houber, coa persoa autora ou tradutora da obra, que respectará o establecido no Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia.

  • 1.5. Un exemplar completo da maqueta definitiva das obras para as que se solicita subvención, ou ben os guións e as imaxes cando se trate de vídeos didácticos ou soportes informáticos, recursos multimedia ou electrónicos.

  • 1.6. No caso de que as obras estean xa editadas, achegarase un exemplar de cada título e nas publicacións electrónicas, a clave para a súa lectura, con todos os manuais e o software que as acompañe. Deberán ter un depósito legal posterior ao 31 de decembro de 2016. En ausencia de depósito legal, considerarase esta mesma data límite pero referida á da obtención do correspondente ISBN.

  • 1.7. Unha certificación da persoa que posúa a condición de editora pola que se compromete a ter editada a obra subvencionable o día 1 de setembro de 2018 como data límite (anexo III).

  • 1.8. Unha certificación do importe que se solicita, desagregado por conceptos, referido ao orzamento do custo de execución da obra, no cal, ademais, deberá constar expresamente a tiraxe de exemplares. No caso das publicacións electrónicas, cando non exista ningún soporte tanxible, achegarase unha estimación das licenzas que se prevé comercializar.

  • 1.9. Deberá achegarse unha descrición da obra para a cal se solicita a subvención (anexo II).

  • 1.10. Unha memoria explicativa na cal se recollan as características técnicas, a temporalización da edición e as persoas destinatarias.

  • 1.11. De acordo co artigo 6.1 do Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, declaración do conxunto de todas as axudas de minimis recibidas durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, suxeitas ao citado regulamento ou a outros regulamentos de minimis, incluída no anexo I.

  • 2. As publicacións trimestralizadas consideraranse como un único proxecto subvencionable. Tratarase igualmente a edición de cadernos, separatas, unidades didácticas e demais publicacións que se precise adquirir conxunta ou separadamente co libro de texto durante o mesmo curso académico e que se precisen para desenvolver o currículo. Por tanto, terán que se presentar como unha soa solicitude de subvención.

  • 3. Así mesmo, cando unha empresa editorial presente varias solicitudes da mesma obra ou publicación, en distintos soportes e/ou formatos, considerarase como un proxecto global e concederáselles unha única subvención, que determinará a aplicación dos criterios de valoración e concesión, ao conxunto de todos os formatos ou soportes en que se achegue a obra subvencionable.

  • 4. A documentación especificada nos puntos 1.1 a 1.3 deste artigo presentarase unha soa vez no caso de achegar varias solicitudes de subvención.

  • 5. As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos recursos didácticos curriculares e complementarios subvencionables no modelo de solicitude que figura como anexo I, xunto coa documentación e no prazo establecido, e achegar os documentos correspondentes aos puntos 1.4 a 1.10 por cada un deles.

  • 6. Desestimaranse as solicitudes que non se axusten estritamente aos requisitos das epígrafes anteriores e os expedientes arquivaranse sen máis trámite.

  • 7. Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • 8. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

  • 9. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • 10. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • 11. Se a solicitude non reúne os datos de identificación ou algún dos previstos no artigo 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, requirirase a entidade ou a persoa solicitante, de conformidade co establecido no artigo 68 da dita lei, para que nun prazo de 10 días emende as faltas ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición, cos efectos previstos no artigo 21 da mesma lei.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) NIF da persoa xurídica solicitante. DNI ou NIE se o solicitante é persoa física.

  • b) Se é o caso, DNI ou NIE da persoa representante.

  • c) Certificado acreditativo de estar ao día nas súas obrigas tributarias co Estado, emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

  • d) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

  • e) Certificado acreditativo de estar ao día das súas obrigas tributarias coa Comunidade Autónoma, emitido pola Axencia Tributaria de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I) e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De acordo co artigo 31 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, respecto das convocatorias de axudas e subvencións, considérase que as persoas físicas beneficiarias desta subvención teñen acceso e dispoñibilidade suficiente aos medios electrónicos necesarios para realizar todos os trámites electronicamente no presente procedemento.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG nº 84 do 14 de xullo de 1983).

    • Orde do 20 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 90 do 11 de maio de 2018)

    • Extracto da Orde do 20 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 90 do 11 de maio de 2018).

    • Resolución do 3 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 20 de abril de 2018 (DOG nº 156 do 17 de agosto de 2018).

    • Corrección de erros. Resolución do 3 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 20 de abril de 2018 (DOG nº 22 do agosto de 2018).

Outros procedementos relacionados

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301F

Autorización de centros de ensinanzas de técnicos deportivos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED330H

Rexistro de librarías. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano