Guía de procedementos e servizos

ED104H

Cursos preparatorios para os certificados en língua galega, Celga, que se realizarán nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2016 - Prazo pechado: 20/08/2016 00:00 - 02/01/2017 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Esta orde ten por obxecto convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, presenciais e en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2016/17, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican no anexo IV.

Os cursos impartiranse entre setembro de 2016 e maio de 2017, en horario de mañá ou de tarde.

*

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día seguinte á data de publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia ata o 9 de setembro de 2016, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 12 de decembro de 2016 ata o 2 de xaneiro de 2017, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas

Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente

San Caetano, s/n - Bloque 2, 2º Andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546511

Fax: 981546551

Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente

Prazo de presentación: PECHADO

20/08/2016 00:00 - 02/01/2017 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día seguinte á data de publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia *

  • O alumnado que aspire a participar nos cursos preparatorios de lingua galega, Celga, xuntará ao modelo de solicitude (anexo III) copia do DNI da persoa solicitante (só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade).

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 4 de agosto de 2016 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia. (DOG nº 156 del 19 de agosto de 2016).

Outros procedementos relacionados

ED011A

Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Aberto todo o ano

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301F

Autorización de centros de ensinanzas de técnicos deportivos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano