Guía de procedementos e servizos

ED002A

Intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 12/09/2018 00:00 - 17/09/2018 23:59

A presente orde ten por obxecto regular o intercambio provisional de prazas entre o persoal funcionario docente e o persoal laboral dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Poderán solicitar o intercambio provisional de prazas dúas ou máis persoas funcionarias de carreira, en prácticas ou interinas, en servizo activo dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Subdirección Xeral de Recursos Humanos

Edificio Administrativo San Caetano s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544482-981957910

Email: persoal.primaria@edu.xunta.es / persoal.secundaria@edu.xunta.es

Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria

Prazo de presentación: PECHADO

12/09/2018 00:00 - 17/09/2018 23:59

De acordo co artigo 4 da Orde do 17 de xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería (código ED002A), o prazo de solicitudes cando a publicación na páxina web da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais para o curso académico correspondente sexa posterior ao 2 de setembro, o prazo será de catro días desde o día seguinte ao da publicación da dita resolución.

a) Que pertenzan ao mesmo corpo.

b) Que a praza corresponda a mesma especialidade.

c) Que vaian desempeñar a súa función docente no centro educativo durante o curso académico para o que se solicita o intercambio provisional.

Non poderá concederse un intercambio provisional de postos de traballo ao persoal funcionario docente que desempeñe o posto de traballo en réxime de comisión de servizos.

Para os efectos deste artigo, considérase o mesmo corpo:

a) O corpo de catedráticos/as de ensino secundario e o corpo de profesores/as de ensino secundario.

b) O corpo de catedráticos/as de escolas oficiais de idiomas e o corpo de profesores/as de escolas oficiais de idiomas.

c) O corpo de catedráticos/as de artes plásticas e deseño e os profesores/as de artes plásticas e deseño.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do modelo oficial de solicitude segundo o anexo I que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiríraselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data da presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Non deberá presentarse ningunha documentación complementaria para a tramitación deste procedemento.

  • Cada unha das persoas interesadas en solicitar o intercambio provisional da praza terá que cubrir unha solicitude.

Na solicitude deberán constar os datos da persoa coa que queira solicitar o intercambio de praza, de xeito que haberá tantas solicitudes como persoas interesadas en intercambiar a praza.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 17 xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería (DOG nº 124 do 30 de xuño de 2017)

    • Corrección de erros. Orde do 17 de xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería (DOG nº 130 do 10 de xullo de 2017).

Outros procedementos relacionados

ED021A

Procedemento para a integración no corpo de profesores de ensino secundario do persoal funcionario de carreira do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 27/01/2023 00:00 - 19/01/2026 23:59

ED001A

Procedementos selectivos de acceso, ingreso e de adquisición de novas especialidades dos corpos docentes non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo pechado: 18/02/2025 00:00 - 10/03/2025 23:59

ED001B

Procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso mediante concurso de méritos a corpos de persoal docente non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo pechado: 31/10/2022 00:00 - 21/11/2022 23:59

ED002B

Concurso de adxudicación de destinos provisionais do persoal docente non universitario da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo pechado: 15/07/2024 00:00 - 23/07/2024 23:59