Guía de procedementos e servizos

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A presente orde ten por obxecto habilitar os procedementos electrónicos para a remisión da declaración responsable para o inicio das actividades de formación deportivas (código de procedemento DE500A).

As federacións deportivas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral para O Deporte

Subdirección Xeral de Plans e Programas

Servizo de Programación Deportiva e de Deporte en Idade Escolar

Rúa de Madrid, nº 2-4, 2º (Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996367

Email: escolagalegadodeporte@xunta.gal

https://deporte.xunta.gal/

Secretaría Xeral para O Deporte

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

A remisión da declaración responsable para o inicio das actividades de formación deportivas deberá presentarse cunha antelación dun mes á realización da proba de carácter específico, se ha houbera, ou do comezo das formacións do bloque específico ou común, de acordo co calendario presentado.

Forma de presentación

A declaración responsable, xunto coa documentación que deberán achegar as federacións deportivas, presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das federacións deportivas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación

As federacións deportivas deberán achegar ao órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia con competencias en materia de deporte, con carácter previo ao inicio da actividade formativa, a seguinte documentación:

a) Anexo I: declaración responsable na que se recolla a información relativa ao curso de formación deportiva xunto coa documentación á que se refire o artigo 28.5 da Orde ECD/158/2014.

b) Xunto coa declaración responsable achegarase a información sobre o curso de formación deportivo que deberá de conter:

1. Ano ou curso no que se vai a desenvolver a actividade.

2. Nivel das formacións ou oferta parcial do nivel I.

3. Nome do diploma que se obtén ao superar estas.

4. Nome do centro autorizado para impartir o bloque común.

5. Réxime de ensino utilizado en cada área.

6. Calendario, lugar e horario das probas de valoración dos requisitos de carácter específico.

7. Calendario, lugar e horario da actividade de formación deportiva.

8. Distribución de profesores por áreas.

9. Calendario, lugar e horario das probas ordinaria e extraordinaria de avaliación, incluídas a das áreas de ensino *semipresencial e a distancia.

10. Número de prazas que se convocan.

11. Nome e número do documento identificativo correspondente, do director da actividade.

12. Nome, e titularidade do centro e/ou das instalacións que se van a utilizar, expresando os espazos e dimensións destes, así como o réxime do uso, aluguer ou mediante convenio.

13. Plan formativo que se vai desenvolver, especificando a data da resolución do Consello Superior de Deportes que a establece.

14. Relación do profesorado e a súa titulación.

15. Relación de membros do tribunal de valoración dos requisitos de carácter específico, e a súa titulación.

16. Convocatoria do curso.

17. Para o caso de que algunhas das áreas utilice a docencia telemática, deberá remitir:

a) Enderezo da plataforma virtual e clave de acceso total a esta e aos materiais didácticos.

b) Estrutura e periodización dos contidos.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas xurídicas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da comunicación deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) NIF da entidade representante.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) DNI ou NIE do alumnado.

e) Certificado/s de estudos do alumnado exixido/s para acceder á formación.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da declaración responsable e da solicitude do recoñecemento deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 9 de novembro de 2021 pola que se habilitan os procedementos electrónicos para a remisión da declaración responsable para o inicio das actividades de formación deportivas e para a remisión á Secretaría Xeral para o Deporte da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoas adestradoras impartida polas federacións deportivas de acordo coa Orde ECD/158/2014, do 5 de febreiro, pola que se regulan os aspectos curriculares, os requisitos xerais e os efectos das actividades de formación deportiva, aos que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro (DOG nº 222 do 18 de novembro de 2021).

    • Corrección de erros. Orde do 9 de novembro de 2021 pola que se habilitan os procedementos electrónicos para a remisión da declaración responsable para o inicio das actividades de formación deportivas e para a remisión á Secretaría Xeral para o Deporte da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoas adestradoras impartida polas federacións deportivas de acordo coa Orde ECD/158/2014, do 5 de febreiro, pola que se regulan os aspectos curriculares, os requisitos xerais e os efectos das actividades de formación deportiva, aos que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro (DOG nº 223 do 19 de novembro de 2021).

Outros procedementos relacionados

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF500A

Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR701H

Actuacións dos GDR Programa LEADER PEPAC 2023-2027.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59

MR701I

Actuacións de animación, formación e cooperación (ICE).

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59